domingo, 22 de abril de 2018

DINAMO organiza un Curso Formativo de Mediación Escolar no IES de Curtis

Durante os meses de abril e maio a equipa profesional de DINAMO levará a cabo un Programa Formativo de Mediación Esoolar no IES de Curtis. Neste curso no que participan tanto alumnas/os como profesoras do centro, nunha experiencia piloto que quere introducir a mediación escolar como método para solucionar dun xeito pacífico e positivo os conflitos que se poidan dar no día a día da comunidade educativa.

Trátase dunha formación totalmente práctica baseada en dinámicas grupais, estudo de casos, simulacións, rolle-playings...

O obxectivo final é que no centro educativo se forme un equipo de mediación que teña todas as ferramentas necesarias para abordar os posibles conflitos.




sábado, 21 de abril de 2018

DINAMO organizou o Parti da Igualdade nos centros educativos de Muros

O pasado 7 de marzo a equipa profesional de DINAMO organizou a actividade "Parti da Igualdade" en diferentes aulas dos dous Centros de Ensino Primaria do Concello de Muros.

A actividade lúdico-didáctica tivo como obxectivo a sensibilización das máis pequenas e pequenos en materia de igualdade de xénero, rachando os estereotipos sexistas, os micormachismos, as conductas violentas...

Este programa de actividades enmarcanse dentro das iniciativas promovidas para celebrar o 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres.

Dende DINAMO levamos a cabo multitude de actividades, programas e servizos para fomentar a igualdade de xénero con cativas/os, mozas/mozos...


DINAMO levou a cabo as Actividades do Dia Internacional dos Dereitos das Persoas Consumidoras

No pasado mes de marzo a equipa profesional de DINAMO levou a cabo o Programa de Actividades que dende a OMIC da Coruña se deseñou para celebrar o 15 de Marzo, Día Internacional dos Dereitos das Persoas Consumidoras.

As actividades consistiron principalmente en Obradoiros Lúdico-Didácticas, como o Parti do Consumo para grupos de 2º de Educación Primaria. 

Foron dúas semanas percorrendo boa parte dos centros educativos da cidade da Coruña. 

Con esta actividade DINAMO inicia o servizo de Xestión do Programa Formativo da Oficina de Información ás Consumidoras/es do Concello da Coruña.