domingo, 24 de enero de 2021

O Apalpador de DINAMOproducións pasouse ás "videoconferencias" en Cambre

Dende DINAMO levamos moitos anos encargándonos de que O Apalpador do Courel visite as nenas e nenos de Cambre e todos os anos o "carboeiro" fai un percorrido por 14 localizacións do Concello de Cambre. E neste Nadal non faltamos á nosa cita, pero nesta ocasión foi diferente, pois a visita do "Apalpador" foi por video ou streaming. 

Gravamos unha intervención do Apalpador en 14 localizacions diferentes do Concello de Cambre e nos días de Nadal foronse emitindo polas redes sociais do Concello de Cambre.

Este novo formato foi a solución que o persoal técnico municipal e da propia empresa atoparon para manter a programación nas actuais circunstancias derivadas da crise sanitaria da COVID19.


DINAMO organizou a Visita Teatralizada dos Reis Magos en Vimianzo

O pasado 5 de xaneiro a equipa artística de DINAMO organizou unha Visita Teatralizada dos Reis Magos na Casa da Cultura de Vimianzo, creando un espectáculo específico no que se foi interactuando coas nenas e nenos que asistiron, pero a distancia e con todas as medidas de seguridade necesarias.

Fixéronse tres pases do espectáculo de 45 minutos para evitar aglomeracións e que poidesen pasar todas nenas e nenos de Vimianzo e arredores que quixeran.

DINAMO ten equipas especializadas na creación e deseño de espectáculos a medida e específicos, como foi neste caso.

sábado, 23 de enero de 2021

DINAMO organizou un Programa de Contacontos e Obradoiros de Nadal en Camariñas

Os pasados 28 e 29 de outubro a equipa educativa de DINAMO organizou un programa de Contacontos e Obradoiros na Biblioteca de Camariñas.

O primeiro dos días o narrador oral foi Pedro Brandariz que narrou unha escolma de historias de Nadal e despois as nenas e nenos que asistiron ó contacontos tamén poideron participar nun divertido obradoiro vencellado cos contos que escoitaran previamente.

No segundo dos días a narradora foi a Pallasa Tati (Leti Miranda) que tamén contou historias de Nadal. E as nenas e nenos tamén participaron nun segundo obradoiro temático.

Dende DINAMO organizamos todo tipo de actividades lúdicas e escénicas para bibliotecas e outros espazos sociais e educativos.