miércoles, 30 de noviembre de 2016

DINAMO organizou o Magosto Popular de Muxía

O pasado sábado 26 de novembro a equipa profesional de DINAMO organizou o Magosto Popular de Muxía, encargándose evidentemente do asado e reparto das castañas, así como das actividades paralelas do evento: xogos populares, obradoiro con noces e castañas, animación musical...

O evento completouse cun Festival de Folclore organizado pola Asociación Abaladeiras de Muxía.

Nestes meses de outuno dende DINAMO organizamos unha manchea de magostos e outros eventos vencellados cos froitos do bosque.

Se queres recibir a nosa Proposta de Actividades para o Tempo dos Magostos e o Samaín podes solicitala no 619.345.100 ou escribindo a dinamo@dinamoxestion.com




lunes, 28 de noviembre de 2016

DINAMO participa con 2 Obradoiros no Programa Nocturnia, de Lecer Alternativo para a Mocidade

Nesta nova edición de Nocturnia, o programa de lecer alternativo para a mocidade coruñesa, a equipa de DINAMO desenvolve dous obradoiros xuvenís.

Un deles é o de "Creación de Guións de Curtametraxes", que se levará a cabo o venres 2 de decembro no Forum Metropolitano da Coruña. 

En cambio o venres 9 do mesmo mes o turno será para o "Obradoiro de Cabaret" no Centro Ágora.

Ambos obradoiros serán de 21 a 23 horas e precisan de inscrición previa.

Dende os inicios do programa xuvenil o Concello da Coruña ven contando cos servizos de DINAMO para conformar a oferta de actividades para a mocidade.





domingo, 27 de noviembre de 2016

DINAMO organizou o Espazo de Crianza en Laborando,a Feira de Experiencias de Vida Feministas

O pasado sábado 26 de novembro a equipa profesional de DINAMO organizou o Espazo de Crianza da Feira de Experiencias de Vida Feministas "Laborando". Un espazo para todas as cativas e cativos, cheo de actividades e propostas lúdicas e didácticas moi variadas.

Mentres as nais e pais disfrutaban das múltiples posibilidade da feira (expositoras, actividades, obradoiros, charlas, encontros...) as nenas e nenos participaron en divertidas actividades, todas elas de carácter coeducativo e dotadas dunha clara perspectiva de xénero.

Obradoiros artísticos, de cociña, parti da igualdade, murais polo 25N, contacontos... foron algunhas das propostas que conformaron este espazo de crianza, no que a equipa de DINAMO coidou das rapazas e rapaces, velando pola súa seguridade, ao mesmo tempo que dinamizando unha experiencia, tamén para elas e eles, moi transformadora. 


viernes, 25 de noviembre de 2016

DINAMO organizou Obradoiros de Hip Hop pola Igualdade en Muros e Carnota

A mañá do 25 de novembro a equipa educativa de DINAMO levou a cabo 5 obradoiros de Hip Hop pola Igualdade de Xénero nos IES de Muros e Carnota, promovidos polo CIM de Muros que abrangue os dous concellos.

Unha educadora con formación e experiencia no eido da igualdade e prevención da violencia de xénero e o rapeiro Ricky Hombre Libre artellaron un obradoiro no que as mozas e mozos aprenden a rimar, descubren as técnicas básicas e do rap e practican o freestyle, sempre dende a perspectiva de xénero. Desta maneira crean cancións e letras para sensibilizar na igualdade de xénero e na prevención da violencia machista.

Os obradoiros de hip hop son unha magnífica ferramenta para traballar contidos educativos e sobre todo dentro da perspectiva de xénero

Son unha das actividades estrela desta tempada e realizamos este tipo de obradoiros en outro moitos concellos.

Se queres recibir a nosa proposta de Obradoiros para a Mocidade ou a Proposta de Actividades para a Igualdade de Xénero e Prevención da Violencia Machista podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com



lunes, 21 de noviembre de 2016

DINAMO impartiu un Obradoiro de Risoterapia para o Voluntariado da UDC

O pasado venres 18 de novembro, a equipa profesional de DINAMO impartiu un Obradoiro de Risoterapia dentro do Curso de Animación Hospitalaria para as voluntarias e voluntarios do Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña.

A risoterapia é unha técnica moi útil para traballar cas nenas e nenos nas súas estancias, máis ou menos prolongadas, en centros hospitalarios.




lunes, 14 de noviembre de 2016

DINAMO organizou, un ano máis, o Túnel do Terror de Novo Mesoiro

Dentro da festa de Samain organizada pola Asociación de Veciñas/os de Novo Mesoiro,a equipo profesional de DINAMO organizou o Túnel do Terror, unha das actividades máis demandadas polas cativas e cativos.

A equipa de DINAMO monta todo o Túnel do Terror en apenas tres horas, a partir dun pavillón totalmente diáfano (con estruturas,  andamios, divisións... Creamos un circuito envolvente con diferentes calexóns onde aparecen as múltiples personaxes terroríficas.

Se queres montar un Túnel do Terror na túa entidade ou concello chama ao 619 345 100 o escribe a dinamo@dinamoxestion.com

jueves, 10 de noviembre de 2016

DINAMO organizou un Obradoiro de Maquillaxe Terrorífico en Mugardos

O pasado luns, 7 de novembro, a equipa profesional de DINAMO desenvolveu un Obradoiro de Maquillaxe de Efectos ou FX, ambientado no eido do "terror" e dentro do Programa de Actividades do Samaín do concello mugardés. 

As mozas e mozos poideron crear maquillaxes medoñentos, feridas sanguentas, cicatrices empozoñadas... e sobre todo super divertidas.

Os obradoiros de Maquillaxe de Efectos ou FX son unha das actividades máis demandadas pola mocidade e, evidentemente, está dentro da nosa Proposta de Actividades para a Mocidade que podes solicitar no 619.345.100 ou en dinamo@dinamoxestion.com



martes, 8 de noviembre de 2016

DINAMO organizou parte das Actividades na Festa do Outono da Cidade Vella da Coruña

O pasado 5 de novembro a equipa profesional de DINAMO organizou varias actividades na Festa do Outono da Cidade Vella da Coruña.

Por unha banda dende DINAMO levamos a cabo toda a decoración da Praza da Azcárraga, baseada en máis de 40 calacús (cabazas alumeadas), guirnaldas, figuras xigantes...

En canto ás actividades organizamos un Obradoiro de Cabazas para cativas e cativos, así como un Contacontos de Samaín.

Ademáis dinamizamos a Procesión da Santa Compaña con diferentes personaxes teatrais, e como fin de festa organizamos a dramatización do Conxuro da Queimada. 

Son todas estas actividades que desenvolvemos dende DINAMO para todo tipo de entidades, colectivos, asociacións, concellos, centros educativos...






lunes, 7 de noviembre de 2016

DINAMO organizou dous Magostos no Colexio Fogar de Santa Margarida

Os dous últimos venres a equipa profesional de DINAMO levou a cabo dous macro.magostos para todas as alumnas/os de Educación Infantil e Primaria do Colexio Fogar de Santa Margarida da Coruña.

O venres 28 de Outubro foi o turno de Educación Primaria e ademáis das castañas asadas as nenas e nenos poideron disfrutar dunha xincana de xogos tradicionais, com máis de 30 estacións e xogos.

E o venres 4 de Novembro tocoulle as cativas e cativos de Educación Infantil, que ademáis das castañas asistiron a un contacontos de Pedro Brandariz.

DINAMO encargase da materia prima, do asado das castañas e das actividades lúdicas. De feito levamos moitos anos organizando magostos por toda a xeografía galega.

Se queres organizar un magosto na túa entidade ponte en contacto con nós e pasarémosche un orzamento o máis axustado posible. 



domingo, 6 de noviembre de 2016

DINAMO organizou unha Festa de Samaín no Concello da Rúa

O pasado 29 de outubro a equipa de DINAMO desenvolveu unha divertida Festa de Samaín para as cativas e cativos do Concello da Rúa, con animación musical, xogos magosteiros, obradoiros de globoflexia e maquillaxe...

Esta foi unha das moitas festas, obradoiros e outras actividades que dende DINAMO levamos a cabo nos últimos días de outubro e primeiros de novembro, en torno ao Samaín e aos Magostos.





martes, 1 de noviembre de 2016

DINAMO organizou a PequeFesta de Samaín de Carballo

O pasado sábado 29 de Outubro a equipa profesional de DINAMO organizou unha Festa de Samaín na Ludoteca de Carballo, dentro do programa Apego, desenvolvido por diferentes equipos de Normalización Lingüistica municipais. 

Nesta pequefesta realizáronse actividades de animación musical, xogos dende escenario, maquillaxe infantil, globoflexia, obradoiro de noces e castañas, fotocol terrorífico...

E todas as actividades, as cancións, os xogos en galego pois desénvolveronse dentro do Proxecto Apego, de socialización en galego de nenas e nenos ata os seis anos. De todos xeitos as actividades foron en galego, como o son todas as actividades que desenvolvemos dende DINAMO.

Dende DINAMO ofrecemos unha ampla Proposta de Actividades para a Normalización Lingüistica. Se queres recibir a nosa proposta podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com