domingo, 30 de mayo de 2021

DINAMO organizou o Día dos Museos nas Casas Museo da Coruña

O pasado 15 de maio a equipa profesional de DINAMO organizou o programa de actividades do Día dos Museos nas Casas Museo do Concello da Coruña.

Na Casa Museo Picasso orgánizouse unha tarde de visitas expréss para pequenos grupos de convivintes nas que en moi poucos minutos as e os visitantes descubriron as principais características e datos históricos da casa.

Na Casa Museo de Casares Quiroga a proposta a realizar foi un concerto musical de Mamen Bazarra.

Ambas actividades enmarcáronse dentro da temática anual deste 2021: "O Futuro do Museos: recuperar e informar".

Dende DINAMO ofrecemos todo tipo de propostas culturais para museos, entidades culturais, sociais...

viernes, 28 de mayo de 2021

DINAMO organizou a Xincana do Camiño na Cidade da Cultura

Os pasados 24 e 25 de abril a equipa profesional de DINAMO organizou e dinamizou a Xincana do Camiño, unha proposta didáctica e lúdica para familias.

Instaláronse diferentes módulos didácticos con xogos populares e tradicionais galegos nos que as familias en pequenos grupos de convivintes tiveron que superar diferentes probas vencelladas con diferentes xogos populares.

Cada módulo simulaba unha etapa do camiño xacobeo da Vía da Prata en Galicia, co obxectivo de dar a coñecer esta vía xacobea.

Dende DINAMO organizamos todo tipo de xincanas didácticas e lúdicas para todo tipo de equimanentos culturais, museos, centros educativos...