domingo, 27 de julio de 2014

DINAMO xestionará os Campamentos para Persoas con Discapacidade no A. X. Gandarío

A equipa de DINAMO levará a cabo os Campamentos Específicos para Persoas con Discapacidade, nas quendas do Albergue Xuvenil de Gandarío. 

Serán as quendas do 1 ao 10 e do 11 ao 20 de Agosto, nas que participarán 30 mozas e mozos por cada decena.

Durante os dez días de cada campamento as e os participantes realizarán unha man chea de divertidas e didácticas actividades, como grandes xogos, xincanas, obradoiros, saídas e excursións, festas, veladas, deportes acuáticos, xogos na praia... 

E todas esas actividades cun fío conductor, cunha temática central. Se outros anos as temáticas foron: "os superheroes", "o oeste", "o circo", "a volta ao mundo", "a máquina do tempo", "eureka, a ciencia" ... desta volta tócalle o turno a "Master Chof, escola de chefs". Todas as propostas estarán enmarcadas dentro dese paraugas temático, e evidentemente faremos moitas actividades de cociña.

As intencións principais deste tipo de programas é ofrecer unha alternativa de lecer ás mozas e mozos con discapacidade, así como traballar cara a súa capacitación para acadar unha maior autonomía nas súas vidas, e camiñar cara unha normaliación.

Asi mesmo tamén sirve de "respiro" para as familias e persoas coidadoras, que durante dez días descansan de tales labores.

DINAMO está especialiazada en todo tipo de propostas de lecer para o colectivo de persoas con discapacidade.



viernes, 25 de julio de 2014

DINAMO dálle a benvida a unha nova etapa

A enerxía nin se crea, nin se destrúe: transfórmase... E Dinamo, que sempre respectou as leis da física, tamén se transforma.

Dende este verán DINAMO entra nunha nova e ilusionante etapa na que Pedro Brandariz queda ós mandos do proxecto, mentres que Felipe Díaz “Caxoto”  se mantén como estreito colaborador dende a súa Trastenda dos Contos.

Entramos nesta etapa con moita ilusión, sendo conscientes de que seguimos contando co empuxe de toda a xente que nos apoiou dende o principio.

8 anos despois queremos darvos as grazas pola vosa confianza e agardamos que os vindeiros anos sexan igual de estimulantes.