Mostrando entradas con la etiqueta dinamo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dinamo. Mostrar todas las entradas

martes, 27 de agosto de 2019

DINAMO colaborou co Xente Miúda do Castelo Conta

A pasada semana a equipa profesional de DINAMO colaborou coa iniciativa Castelo Conta, a través das actividades para as máis cativas e cativos que se desenvolveron polas mañás.

De luns a venres 30 nenas e nenos participaron nunha manchea de actividades organizadas polo Castelo Conta e que contaron co apoio de dúas monitoras/es de DINAMO. 

Xogos populaes, obradoiros de cociña, preparación de coreografías, roteiros, grabación de curtas... foron algunhas das actividades que levaron a cabo.

Castelo Conta, un proxecto ben fermoso, protagonizado dende o rural, onde se poden facer cousas ben interesantes.


jueves, 18 de julio de 2019

DINAMO leva a cabo diferentes actividades do Programa de Lecer Saudable do Concello da Coruña

Nos meses de Xullo e Agosto a equipa profesional de DINAMO está levando a cabo diferentes actividades coa mocidade nos centros cívicos da Coruña.

Trátase de pequenos obradoiros enmarcados dentro das acción dos Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade.

As actividades que xestionamos e executamos dende DINAMO son as seguintes:

Cociña de Supervivencia para Principiantes: Centro Cívico de San Diego.
Cociñas do Mundo: Centro Cívico de Mariñeiros e Centro Cívico de Monelos.
Cociña da Avoa: Centro Cívico de Palavea, Centro Cívico de Mesoiro, Centro Cívico de Novoandanza
Iniciación a YouTube: Centro Cívico de Labañou, Centro Cívico de Monelos, Centro Cívico de Monte Alto. 

domingo, 14 de julio de 2019

DINAMO leva a cabo a Escola de Verán en Consumo da OMIC

Durante este mes de xullo a equipa profesional de DINAMO está desenvolvendo o Programa Educativo "Escola de Verán en Consumo", organizado pola Oficina de Información ás Persoas Consumidoras. 

Oitenta nenas e nenos de idades comprendidas entre 4 e 10 anos participan nun amplo programa de actividades, organizadas en dúas quendas, correspondentes á primeira e á segunda quincena de xullo.

As nenas e nenos realizan obradoiros lúdicos, sesións de xogos, visitas e saídas temáticas, xincanas… básicamente unha extensa programación entorno ás ideas do consumo responsable, do uso racional das novas tecnoloxías...


domingo, 16 de junio de 2019

DINAMO organizou Obradoiros de Hip Hop pola Igualdade de Xénero en Sanxenxo

Os pasados 30 e 31 de maio a equipa profesional de DINAMO levou a cabo diferentes obradoiros de Rap pola Igualdade de Xénero e Prevención da Violencia Machista coa mocidade de Sanxenxo.

Unha equipa multidisciplinar formada por educadoras/es sociais e rapeiras/os fixo en cada sesión de traballo una introducción á temática da igualdade de maneira transversal, para logo abordar mínimamente a cultura hip-hop e a música rap, dando paso ó centro do traballo que foi a creación de rimas específicas pola igualdade de xénero e de prevención das violencias machistas, coa posterior posta en común e exhibición das rapeiras e rapeiros.

O obxectivo destas acción é traballar a igualdade entre mozas e mozos dende centros de interese potentes para a mocidade como ven sendo o rap.

Trátase dunha actividade que dende DINAMO desenvolvemento en moitos concellos, centros educativos, entidades sociais… polo que o sistema de traballo é moi rápido e eficaz.




jueves, 1 de noviembre de 2018

DINAMO organizou Obradoiros de Rap nos Centros Cívicos da Coruña

Este verán, a equipa profesional de DINAMO organizou unha serie de Obradoiros de Rap nos Centros Cívicos do Concello da Coruña. 

As e os participantes nestes obradoiros aprenderon a rimar, a encaixar as súas propias letras e composicións con bases musicais, a improvisar letras de maneira free-style. 

Ademáis neste tipo de obradoiros trabállase dende a perspectiva da educación en valores, tales como a igualdade de xénero, a xustiza social, a cooperación e a solidariedade.

Estes obradoiros enmárcanse dentro do Programa de Lecer Saudable promovido pola área de Servizos Sociais do Concello da Coruña.

Dende DINAMO organizamos obradoiros de rap, de hip-hop e de cultura urbana en xeral. Se queres recibir o noso Catálogo de Actividades de Cultura Urbana podes solicitalo no 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com




miércoles, 13 de junio de 2018

DINAMO organizou unha Xincana Cultural no IES Mestre Landín

O pasado 25 de Maio a equipa profesional de DINAMO desprazouse ata Marín, concretamente ó IES Mestre Landín, para organizar unha MacroXincana sobre a Cultura Galega.

As mozas e mozos tiveron que superar todo tipo de probas lúdicas e moi divertidas sobre literatura galega, cultura popular, xeografía do país, historia de Galicia, antropoloxía...

En DINAMO contamos cun amplo catálogo de Xincanas Temáticas e Didácticas para facer con grupos máis grandes ou máis cativos. É dicir adaptámonos ás necesidades e circunstancias dos grupos, das entidades...


martes, 5 de junio de 2018

DINAMO xestiona o Programa Formativo da OMIC da Coruña

Dende o pasado mes de marzo de 2018 a equipa educativa de DINAMO xestiona e imparte as sesión educativas, obradoiros informativos, charlas e demáis actividades da Oficina de Información ó Consumidor/a do Concello da Coruña.

Nestes tres meses desenvolvéronse as sesións didácticas do Programa Coruña Educa, con centos de charlas e actividades nos centros educativos do Concello da Coruña, así como os Obradoiros Formativos en Centros Cívicos... Todas elas enfocadas na sensibilización cara hábitos de consumo máis responsables, ecolóxicos, xustos, solidarios...

A equipa profesional de DINAMO encárgase dende o deseño didáctico das actividades, o contacto coas entidades receptoras, a avaliación dos programas...


sábado, 21 de abril de 2018

DINAMO levou a cabo as Actividades do Dia Internacional dos Dereitos das Persoas Consumidoras

No pasado mes de marzo a equipa profesional de DINAMO levou a cabo o Programa de Actividades que dende a OMIC da Coruña se deseñou para celebrar o 15 de Marzo, Día Internacional dos Dereitos das Persoas Consumidoras.

As actividades consistiron principalmente en Obradoiros Lúdico-Didácticas, como o Parti do Consumo para grupos de 2º de Educación Primaria. 

Foron dúas semanas percorrendo boa parte dos centros educativos da cidade da Coruña. 

Con esta actividade DINAMO inicia o servizo de Xestión do Programa Formativo da Oficina de Información ás Consumidoras/es do Concello da Coruña.


martes, 20 de marzo de 2018

DINAMO organizou Obradoiros de Cociña Infantil en Curtis e Teixeiro

O pasado 12 de febrero a equipa profesional de DINAMO levou a cabo dous Obradoiros de Cociña de Entroido para Nenas e Nenos de maneira simultánea, en Curtis e en Teixeiro.

A actividade cun alto grado de participación consistiu en que as cativas e cativos preparasen diferentes platos entroideiros, tales como filloas, orellas, rosquiñas...

Dende DINAMO levamos todo o necesario para o desenvolvemento da actividade, dende os ingredientes e materias primas, ata os electrodomésticos e utensilios necesarios, menaxe... e incluso entregamos un gorro e un mandil para cada participante, co obxectivo de garantir a hixiene.

As actividades de cociña para nenas/os están en auxe e suponen unha magnífica oportunidade para educar na igualdade de xénero, na alimentación saudable, na educación para a saúde... ademáis da propia aprendizaxe funcional, pois que as nenas e nenos aprendan a cociñar é o máis importante. 



jueves, 15 de marzo de 2018

DINAMO organizou un Obradoiro de Repostería para Mozas/os en Arteixo

O pasado 10 de febrero a equipa profesional de DINAMO levou a cabo un Obradoiro Formativo de "Repostería para Mozas/os" no Concello de Arteixo.

Durante catro horas as mozas e mozos arteixáns aprenderon diferentes receitas, todas elas enmarcadas dentro da repostería creativa. 

As actividades de cociña suponen unha magnífica proposta para a mocidade, como aprendizaxes funcional, como educación nutricional, e incluso para fomentar a igualdade de xénero. 

Dende DINAMO organizamos actividades de cociña levando todo o material necesario, dende os ingredientes, ata os utensilios, o menaxe, os electrodomésticos... pasando por gorros e mandís para todas as e os participantes.



lunes, 5 de marzo de 2018

DINAMO organizou unha Festa de Entroido Infantil en Vimianzo

O pasado luns 12 de febrero a equipa profesional de DINAMO levou a cabo una Festa de Entroido Infantil para as cativas e cativos de Vimianzo, con desfile de disfraces, animación musical, xogos, bailes e coreografías, maquillaxe de fantasía, globoflexia...

Vimianzo foi un dos máis de 20 concellos que confiaron as súas festas de Entroido Infantil á equipa profesional de DINAMO.




domingo, 25 de febrero de 2018

DINAMO organizou unha Festa de Entroido Infantil en Fisterra

O pasado 11 de febreiro a equipa profesional de DINAMO organizou e executou una Festa de Entroido Infantil no Concello de Fisterra. 

As monitoras/es organizaron un desfile para as máis cativas e cativos, que luciron as súas mellores galas para participar nun concurso con suculentos premios.

Ademáis houbo animación musical, bailes, coreografías, xogos, globoflexia...En definitiva una tarde de Entroido e diversión.



martes, 20 de febrero de 2018

DINAMO organizou a Festa Infantil de Entroido en Sober

O pasado 10 de febrero a equipa de DINAMO organizou una Festa Infantil de Entroido no lucense Concello de Sober.

Foi una festa con animación musical, bailes, xogos, coreografías, maquillaxe e globoflexia. E ademáis das actividades standard dunha animación tamén se organizou un desfile de disfraces

Dende DINAMO no tempo de Entroido facemos una manchea de actividades lúdicas e festivas para as máis cativas/os.






lunes, 19 de febrero de 2018

DINAMO organizou a Festa Infantil de Entroido en Viveiro

O pasado 12 de Febreiro a equipa profesional de DINAMO organizou a Festa Infantil de Entroido no Concello de Viveiro.

Nunha carpa instalada na Praza Maior desenvolveuse unha MacroFesta de Entroido Infantil con animación musical, bailes, xogos, coreografías, globoflexia... E para completar a actividade as nenas/os e tamén as e os maiores tiveron á súas disposición máis de 30 xogos tradicionais que conformaban a Caravana dos Xogos Populares que tamén visitou a vila lucense.

Dende DINAMO estamos especializados en todo tipo de eventos de animación, lúdicos e escénicos.
Se queres recibir a nosa Proposta de Actividades podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com


miércoles, 14 de febrero de 2018

DINAMO organizou as Festas Infantís de Entroido do Temple e Cambre

Os pasados luns 12 e martes 13 de febrero a equipa profesional de DINAMO organizou dúas MacroFestas Infantís de Entroido no Temple e en Cambre respectivamente. 

En ambas festas leváronse a cabo animación musicais con xogos, bailes e coreografías, así como dúas Xincanas de Xogos XL, xogos de moi gran formato para participar en familia: o plinko, o mikado xigante, o macroparchis, a megadiana, o gran encesta-aros...

Ademáis as dúas festas estiveron decoradas temáticamente, igual que o vestiario de todas as monitoras/es. A temática escollida este ano foi "Vaia Bichería", polo que os pavillóns onde se desenvolveron as festas estiveron decorados de árbores, insectos, abellas, formigas, vacalouras, escornabois, xoaniñas...



miércoles, 6 de diciembre de 2017

DINAMO imparte os Obradoiros de Prevención Educativa do Concello de Cambre

Dende o pasado mes de outubro a equipa profesional de DINAMO imparte os Obradoiros de Prevención Educativa organizados polo Departamento de Servizos Sociais do Concello de Cambre. 

Trátase de actividades que se desenvolven en Cambre e no Graxal, con grupos de Educación Primaria e Secundaria. En cada sesión hai una primeira parte de reforzó educativo e outra parte de actividades socioeducativas, para o traballo de habilidades sociais, educación en valores... 

Neste tipo de sesión faise un seguemento moi individualizado que permite compartir o traballo e os resultados coas familias e incluso cos centros educativos. 

Dende DINAMO disponemos de persoal con ampla experiencia neste tipo de actividades e servizos. Se queres recibir máis información podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com




martes, 5 de diciembre de 2017

DINAMO organizou as Actividades Lúdicas da Festa do Outono da Cidade Vella (A Coruña)

O pasado 11 de novembro a equipa profesional de DINAMO organizou boa parte das actividades lúdicas da Festa do Outono da Cidade Vella da Coruña.

Ademáis de decorar a praza coa temática de Samaín leváronse a cabo Obradoiros de Decoración de Cabazas, Contacontos de Medo, xincana de xogos populares e tradicionais...

Dende DINAMO realizamos todo tipo de actividadade vencelladas co Samaín, co tempo dos Magostos... Se queres recibir a nosa proposta só tes que chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com


domingo, 29 de octubre de 2017

DINAMO encargouse do Programa de Actividades Lúdicas do Encontro Autonómico de Down Galicia

O pasado 21 de outubro a equipa profesional de DINAMO encargouse do Programa de Actividades Lúdicas do Encontro Autonómico de de Persoas Usuarias, Familiares e Profesionais de Down Galicia, celebrado no IES Politécnico de Santiago de Compostela e que reuniu a máis de 400 persoas. 

Durante toda a xornada as nenas/os e mozas/os participaron nun amplo programa de actividades lúdicas, artísticas, manuais, deportivas, escénicas, audiovisuais... dinamizadas por unha equipa de máis de 14 educadoras/es pertencentes a DINAMO.

Houbo grupos dende case neonatos (0-3 anos) ata os maiores de idade (+ 18 anos), e todos tiveron actividades acaídas ás súas idades, coñecementos e intereses.

Dende DINAMO traballamos na coordinación e dinamización de grandes grupos e ademáis contamos cunha ampla experiencia no eido da diversidade funcional.



jueves, 26 de octubre de 2017

"A Carapuchina Feroz" un novo proxecto da factoría DINAMO

En DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais estamos de estrea. A partir do 28 de outubro iniciamos un novo proxecto empresarial, abrindo as portas dunha nova librería infantil, "A Carapuchina Feroz". 

Pode que nos tempos que corren abrir un espazo adicado á literatura infantil e xuvenil sexa una auténtica utopía, incluso una tolemia, pero á equipa profesional de DINAMO vivimos de retos, xa sexa dende o eido socioeducativo, cultural ou escénico. 

"A Carapuchiña Feroz" pretende ser unha librería viva, dinámica e chea de actividade. Levaremos a cabo diferentes plans de dinamización sociocultural e de animación á lectura. Faremos obradoiros, contacontos, presentaciíns de libros, clubes de lectura, actividades para as familias... ahh e tamén venderemos libros.

A librería está ubicada na rúa Fanny Garrido da cidade da Coruña, ao ladiño das oficinas de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais.



martes, 10 de octubre de 2017

DINAMO leva a cabo un Programa de Alfabetización para Persoas Adultas no Centro Cívico de Palavea

Durante os meses de setembro, outubro e novembro a equipa profesional de DINAMO desenvolve un Curso de Alfabetización para Persoas Adultas no Centro Cívico de Palavea.

O curso ten unha duración de 50 horas, repartidas en 25 sesións de dúas horas cada unha. En cada sesión realízanse actvidades conxuntas, pero sobre todo lévase a cabo un traballo individualizado para partir do nivel e dos coñecementos de cada participante.

A actividade parte da Concelleria de Serizos Sociais e Coidados do Concello da Coruña.

Dende DINAMO organizamos actividades de alfabetización, apoio e reforzo escolar, técnicas de estudo... Se queres recibir o noso catálogo formativo podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com