Mostrando entradas con la etiqueta dinamoxestion. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dinamoxestion. Mostrar todas las entradas

martes, 5 de junio de 2018

DINAMO xestiona o Programa Formativo da OMIC da Coruña

Dende o pasado mes de marzo de 2018 a equipa educativa de DINAMO xestiona e imparte as sesión educativas, obradoiros informativos, charlas e demáis actividades da Oficina de Información ó Consumidor/a do Concello da Coruña.

Nestes tres meses desenvolvéronse as sesións didácticas do Programa Coruña Educa, con centos de charlas e actividades nos centros educativos do Concello da Coruña, así como os Obradoiros Formativos en Centros Cívicos... Todas elas enfocadas na sensibilización cara hábitos de consumo máis responsables, ecolóxicos, xustos, solidarios...

A equipa profesional de DINAMO encárgase dende o deseño didáctico das actividades, o contacto coas entidades receptoras, a avaliación dos programas...


sábado, 18 de marzo de 2017

DINAMO organizou unha Festa de Entroido Infantil en Moeche

O pasado martes 28 de febrero a equipa profesional de DINAMO organizou unha Festa de Entroido para as máis cativas/os, con hinchables, xogos populares, animación musical, bailes, coreografías, obradoiros de globoflexia e maquillaxe infantil.

A instalación de máis de 30 xogos tradicionais fixo que a festa de Entroido fose todo un éxito e sobre todo diferente.

Dende DINAMO organizamos todo tipo de festas e outras actividades lúdicas e culturais para festexar o Entroido así como xornadas de xogos populares e tradicionais.



sábado, 25 de febrero de 2017

Zancudos e malabaristas de DINAMO animaron o Pasarúas Entroideiro de Pontedeume

A equipa artística de DINAMO encabezou o Pasarúas de Entroido das e dos escolares de Pontedeume, que percorreu as principais rúas da vila eumesa.

Dous zancudos e un paiaso-malabarista formaron unha divertida comitiva que pasou por todos os centros educativos de concello dinamizando a maña dun venres moi entroideiro.

En DINAMO contamos con zanqueiras/os, malabaristas, pallasas/os... e todo tipo de figuras lúdicas para calquera evento ou celebración.


lunes, 20 de octubre de 2014

DINAMO presenta unha ampla proposta de Actividades para os Magostos e o Samaín

Cada ano, por estas datas de Outono chega o tempo dos Magostos, e tamén as celebracións do Samaín (ou noite de Santos), que cada vez gozan de maior participación.


Dende DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais presentamos unha ampla proposta de actividades para dinamizar este tipo de celebracións.

As propostas que van dende o lúdico e festivo, ata o formativo pasando polas escénicas, teñen como obxectivo primordial contribuir ó mantemento e recuperación de tradicións tan ancestrais como o Magosto e o Samaín .

Ademais das intencións acerca de conservar as tradicións as actividades sirven para dinamizar socioculturalmente á comunidade.

Dento da proposta hai actividades para todas as idades (xerais e específicas), as cales pódense levar a cabo en concellos, centros de ensino, asociacións ….

Se queredes a nosa Proposta de Actividades para o Magosto e o Samainpodedes solicitalo no correo dinamo@dinamoxestion.comou chamando ó 647.488.688.


sábado, 30 de agosto de 2014

Todas as fotos do Campa DivertiBirloque

Nestas dúas ligazóns podes atopar todas as fotos das dúas quendas de DivertiBirloque, campamento organizado pola área de Participación Cidadá do Concello da Coruña, e xestionado por DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL.

Quenda do 1 ao 14 de Agosto
Fotos de DivertiBirloque 1-14 de Agosto

Quenda do 18 ao 29 de Agosto
Fotos de DivertiBirloque 18-29 de Agosto


miércoles, 24 de julio de 2013

DINAMO dinamizou a Xornada de Convivencia do Voluntariado na Horta "Labrega Social" de Cambre

O pasado 6 de xullo, a equipa profesional de DINAMO dinamizou unha xornada de convivencia entre as e os participantes do Servizo de Voluntariado de Cambre.

A xornada de convivencia levouse a cabo na horta "Labrega Social" de Cambre e as voluntarias e voluntarios gozaron dunha manchea de actividades organizadas polas monitoras de DINAMO.

O obxectivo destas xornadas é a convivencia lúdica nun ambiente de confianza, pasando un tempo agradable. Ademáis a cohesión grupal afianzase e facilítanse as relacións interpersoais.

DINAMO ven colaborando estreitamente co Concello de Cambre, máis concretamente co departamento de Voluntariado, sobre todo na formación das persoas voluntarias.

Este é un dos moitos servizos que ofrecemos ós concellos e outras entidades que traballan no eido do voluntariado


miércoles, 5 de junio de 2013

DINAMO presenta a súa Proposta de Actividades para celebrar o Fin de Curso

Neste primeiros días de xuño dende DINAMO aproveitamos para dar a coñecer as nosas actividades para que en colexios e institutos celebren o Fin de Curso dunha maneira activa, lúdica e divertida. 

DINAMO ofrece actividades moi variadas para os últimos días do curso: festas temáticas, obradoiros manuais, actividades de cultura urbana, espectáculos teatrais, animacións ...

Se queredes que vos enviemos a nosa proposta-catálogo non dúbides en solicitalo e se estades interesadas/os en facer algunha actividade podedes contactar con nós e faremos un deseño conxunto da festa, obradoiro, espectáculo... para que se axuste ás vosas necesidades. 

Podedes localizarnos chamando ó 647.488.688 ou escribindo un correo electrónico a dinamo@dinamoxestion.com


viernes, 28 de diciembre de 2012

DINAMO organiza o Espazo de Xogos Nadaleños no Centro Cívico Santa Lucía (A Coruña)

Todas as mañás do Nadal, salvo os días festivos, un grupo de 12 nenas e nenos participa nun espazo de xogos e actividades no Centro Cívico de Santa Lucía, organizado e xestionado pola equipa profesional de DINAMO.

Cada mañá durante tres horas as cativas e cativos participan en obradoiros manuais, actividades musicais,  xincanas, contacontos, e xogos, moitos xogos.

Esta é unha gran oportunidade para as nenas e nenos pois a diversión está garantiza, pero tamén é un servizo básico para as familias, pois desta maneira as nais ou pais poden ir traballar, ter tempo para facer as mercas de Nadal, ou simplemente descansar. En definitiva este programa ven a ser unha acción de conciliación da vida familiar e laboral.

Ademais o vindeiro xoves 3 de xaneiro a rapazada recibirá a visita dos Reis Magos de Oriente.


lunes, 24 de diciembre de 2012

DINAMO organizou unha gran Festa de Nadal en Moeche

O domingo 23 de Decembro a equipa profesional de DINAMO organizou a Festa Infantil de Nadal do Concello de Moeche.


A festa desenvolveuse no Pavillón Municipal, e dende as 16:30 foronse sucedendo un sinfín de actividades lúdicas para as máis cativas/os: hinchables, sesión de xogos nadaleños, visita de Papa Noel, entrega de agasallos, xogos populares, chocolatada ...

Pequenas/os e maiores pasaron unha tarde dun xeito moi divertido e diferente.

As festas de Nadal son unha das principais actividades que leva a cabo DINAMO nestas datas, xunto cos obradoiros, animacións teatrais ...




martes, 20 de noviembre de 2012

DINAMO imparte un Curso de Lingua de Signos no Concello de Culleredo

Dende o vindeiro día 10 ata o 21 de decembro a equipa profesional de DINAMO impartirá un Curso de Lingua de Signos, de nivel básico. 
  
Neste curso, a través de dinámicas e exercicios específicos apréndense os rudimentos básicos para establecer unha comunicación na lingua de signos, que moitas persoas utilizan, especialmente a comunidade xorda.
 Da mesma maneira que na aprendizaxe dun idioma nova neste curso vaise dar información funcional para poder manter un conversa: alfabeto dactilológico, léxico, principais mensaxes ...

As docentes do curso teñen unha dilatada experiencia no eido da Comunicación en Lingua de Signos, con formación como intérpretes.

O curso é gratuito e desenvolverase no edificio de Servizos Múltiples do Burgo do 10 ao 21 de decembro de 2012, entre as 19:30 e as 21:30 horas. Está organizado polo Concello de Culleredo, dende a Concellaría de Educación.

A inscrición farase dende o luns 19 de novembro ata cubrir as prazas, en horario de 9:00 a 14:00 horas no Servizo Municipal de Educación, na rúa Andrés Pan Vieiro, 30, planta -1, no edificio do Conservatorio, ou no teléfono 981 661 208.

DINAMO ten amplo catálogo de cursos e accións formativas dentro do eido sociocultural. Se queres coñecelos podes chamar ó 647.488.688 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com


lunes, 19 de noviembre de 2012

DINAMOteatro fomenta a igualdade de xénero na Feira de Cambre

A compañía DINAMOteatro realizou o pasado domingo 18 de novembro un espectáculo teatral itinerante na Feira (Mercado Tradicional) de Cambre.

Esta foi outra das accións enmarcadas dentro da campaña de fomento da igualdade de xénero e prevenvión da violencia machista "A toda vela contra a discriminación" que organiza o Concello de Cambre e xestiona a equipa profesional de DINAMO.

Tres actrices e actores (caracterizadas/os de deportistas) revolucionaron o mercado tradicional para transmitir a mensaxe de que todas e todos debemos contribuír á igualdade de xénero, con accións individuais e colectivas, dende o ámbito máis concreto ata os máis xerais.

Ademáis a equipa escénica aproveitou para repartir entre toda a veciñanza cambresa diferentes produtos promocionais da campaña: bolsas de tea, chapas, carteis ...
  
E para rematar as máis cativas e cativos poideron deseñar e confeccionar as súas propias chapas con mensaxes igualitarias, grazas ó obradoiro que se levou a cabo no propio espazo da feira.

DINAMOteatro é unha compañía especializada en espectáculos de animación itinerante, e co obxectivo de concienciar á cidadanía en valores democráticos e de xustiza social. Para coñecer o amplo catálogo de espectáculos podes contactar con nós no 647.488.688 ou en dinamo@dinamoxestion.com




martes, 25 de septiembre de 2012

DINAMO xestionou os Campamentos Específicos para Persoas con Discapacidade

O pasado 20 de Setembro remataron os Campamentos Específicos para Persoas con Discapacidade que organizou a Dirección Xeral de Política Social da Xunta de Galicia e que levou a cabo DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais.

Os campamentos desenvolvéronse en quendas de 10 días, dende o pasado 1 de Agosto ata o 20 de Setembro, no Albergue Xuvenil de Gandarío. En cada quenda participaron un máximo de 30 persoas, contando co apoio e dinamización de 13 monitoras/es, unha directora/or e persoal sanitario.

As monitoras/es encargáronse, ademais do traballo de dinamización das actividades do campamento, dos coidados necesarios para cada participante.

Todos os anos os campamentos teñen unha temática, seguen un fío conductor. Desta volta todas as actividades foron ambientadas na obra de Antoine de Saint Exupéry, O Principiño. Cada xornada de traballo todo o que pasaba estaba vencellado directamente cunha pasaxe da obra literaria.

As actividades que se realizaron en cada unha das quendas foron moi variadas: Xogos, Obradoiros, Xincanas, Saídas, Excursións, Actividades Deportivas, Actividades Naúticas, Tardes de Praia, Veladas, ...


martes, 18 de septiembre de 2012

Xa está dispoñible a Proposta de Actividades Extraescolares 2012-2013

Dende DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais presentamos unha Proposta de Actividades Extraescolares e Complementarias moi ampla e variada, para que todos os centros de ensino de Galicia poidan ofertar ás súas alumnas e alumnos novas iniciativas educativas e de lecer.

Dentro das actividades extraescolares somos especialistas e n diferentes áreas: artísticas, escénicas, musicais, deportivas ... Pero non só se ofrecen actividades extraescolares nesta proposta senón un gran abano de programas e servizos: mañanceiros, dinamotardes, escola de nais e pais, actividades de lecer ...

Poden ser actividades continuadas ou de carácter puntual. É dicir deseñamos actividades á medida das circunstancias específicas e intereses de cada centro educativo ou asociación de nais e pais.

Se queres recibir a nosa proposta só tes que pedila no 647.488.688 ou escribir un correo electrónico a dinamo@dinamoxestion.com