domingo, 29 de julio de 2018

DINAMO organizou un Obradoiro de Contacontos e Monólogos

No pasado mes de Xullo a equipa de DINAMO organizou un Obradoiro de Iniciación ós Contacontos e Monólogos no Centro Cívico de Monte Alto, dentro do Programa de Lecer Saudable para a mocidade impulsado polo Concello da Coruña. 

O docente encargado desta formación foi Pedro Brandariz, con ampla experiencia tanto no eido dos monólogos como dos contacontos, pois as dúas técnicas escénicas comparten a narración oral como eixo central..

As alumnas e alumnos do Obradoiro aprenderon as técnicas básicas da narración oral e puxeron en práctica, de maneira directa, os coñecementos adquiridos. 

Dende DINAMO ofrecemos permanentemente diferentes accións formativas en torno ás artes escénicas, das que damos boa conta neste espazo e nas propias redes sociais.



miércoles, 25 de julio de 2018

DINAMO xestionou diferentes servizos e actividades na III Romería Castrexo-Romana Galaicoi de Cambre

A pasada fin de semana, do 13, 14 e 15 de Xullo a equipa profesional de DINAMO encargouse da xestión e desenvolvemento de diferentes servizos na Romería Castrexo-Romana Galaicoi, organizada polo Concello de Cambre.

Por una banda encargámonos da ambientación e fío musical que soou durante toda a fin de semana e dos servizos de speaker, dando boa conta das diferentes actividades, animando á participación, ofrecendo información de utilidade… A persoa escollida para facer de speaker foi o cómico Pedro Brandariz, que fixo pasar una fin de semana diferente e divertida.

Ademáis o sábado e o domingo as máis cativas e cativos desfrutaron da nosa Caravana de Xogos Populares, máis de trinta xogos tradicionais, que poboaron a campa central do castro, sendo una das actividades máis demandadas e con maior participación.