lunes, 30 de julio de 2012

DINAMO participará no Campo de Traballo "Mar e Discapacidade"

A través da coordinación da Fundación Educación, Deporte y Salud (Fedys) a equipa profesional de DINAMO xestionará as actividades do Campo de Traballo "Mar e Discapacidade" que se desenvolverá na cidade da Coruña do 1 ao 15 de Agosto.

Nesta actividade, que forma parte do Programa Acción de Verán de 18 a 35 anos, participarán 20 mozas e mozos chegados de toda a xeografía penínsular. 

Polas mañás desenvolveran traballos voluntarios no ámbito das actividades acuáticas para persoas con discapacidade e apoio a persoas con mobilidade reducida. Desta maneira colaborarase coa Fundación María José Jove e coa Fundación Padre Rubinos.

Tamén se prestará apoio a colectivos de persoas con diversidade funcional para visitar a Tall Ships Race.

Polas tardes e noites a equipa profesional de DINAMO organizará actividades de lecer.






jueves, 26 de julio de 2012

DINAMO xestiona os Campamentos Específicos para Persoas con Discapacidade

Xa está todo preparado para que o vindeiro mércores, 1 de agosto, comecen os Campamentos Específicos para Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, que este ano terán como temática principal a historia do "Principiño".

Todas as actividades e dinámicas dos campamentos estarán ambientadas na obra de Antonie de Saint Exupéry creando desta maneira unha atmósfera de animación, fantasía e imaxinación.

Outros anos as temáticas foron: Superheroes, A Volta ao Mundo en 10 días, Luces-Cámara-Acción, o Circo ...

Os campamentos organízanse en 5 quendas de 10 días cada un, dende o 1 de agosto ata o 20 de setembro.

En cada turno participan un máximo de 30 persoas,e contan co apoio, supervisión e monitoraxe dunha grande equipa de profesionais: monitoras/es, directoras/es, enfermeiras/os ...

Todas as quendas celebraranse no Albergue Xuvenil de Gandarío.
Este ano como novidade propoñemos que os campamentos estén "conectados", polo que estarán dispoñibles numerosas ferramentas de comunicación para que as nais e pais saiban o que se fai día a día no campamento.

O blogue será "http://noplanetadosbaobabs.blogspot.com"
O facebook será "No Planeta do Principiño"
O twitter será "@NoPlanetadoPrincipiño"
...
Os campamentos están organizados pola Dirección  Xeral de Política Social da Xunta de Galicia e xestionados por DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL


martes, 10 de julio de 2012

Contacontos e Globoflexia no Campamento Urbano da APA Valle Inclán de Perillo

Este martes, 10 de Xullo, as cativas e cativos que participan no Campamento Urbano da APA do CEIP Valle Inclán viviron unha maña diferente, cunha sesión de contacontos e un obradoiro de globoflexia.

Os contos foron narrados e enfiados polo gran contador "Caxoto Contacontos" e o obradoiro de globoflexia foi levado a cabo pola equipa profesional de DINAMO.

Nunha primeira quenda participaron as nenas e nenos de Educación Infantil e despois foi o turno das rapazas e rapaces do 1º Ciclo de Educación Primaria.

Foron dúas actividades moi atractivas para a rapazada, sobre todo porque os globos tamén foron protagonistas da sesión de contos e historias.

A actividade foi organizada pola Asociación de Nais e Pais das Alumnas e Alumnos do CEIP Valle Inclán de Perillo, e levada a cabo por DINAMO.



jueves, 5 de julio de 2012

Comeza o Programa "Saída 21 de Verán" en Cabanas

Este venres 6 de Xullo comeza no Apeadoiro de Cabanas o programa “Saída 21 de Verán” para as mozas e mozos de Cabanas.

Todos os venres de verán de 20 a 22 horas as mozas e mozos de 12 a 18 anos poden participar en actividades xuvenís como: obradoiros, cociña, música, dj`s, xogos …
De feito as primeiras actividades serán un Obradoiro de Chapas e un Obradoiro de DJ.

Este programa ven a ser unha continuación do Planet Club, servizo para a mocidade que se desenvolve durante o curso escolar en Pontedeume.

O programa “Saída 21” consiste na colaboración dos concellos de Cabanas e Pontedeume en materia de mocidade.

As actividades do Programa “Saída 21 de Verán” xurde por iniciativa do Concello de Cabanas, que tamén a financia, co apoio da Deputación da Coruña.

Esta é unha das múltiples actividades que dende DINAMO levamos a cabo coa mocidade. Traballamos para moi diferentes concellos con programas diferenciados e multidisciplinares: Oleiros, Cambre, Culleredo, Narón, Pontedeume, Cabanas, Arteixo …


miércoles, 4 de julio de 2012

Un novo proxecto formativo, A ESCOLA DAS UTOPÍAS

Hoxe queremos presentarvos un proxecto de formación que nace ao amparo de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL. 

A Escola das Utopías é unha Asociación Cultural que nace na Coruña no ano 2012 co obxectivo primordial de ofrecer un proxecto de formación de carácter sociocultural, escénico  e artístico de calidade.

Os nosos tres obxectivos primordiais son os seguintes:
*Que as persoas interesadas nas artes escénicas, plásticas,…  poidan realizar actividades de iniciación e descubrimento.
*Que as persoas con experiencia nos eidos artísticos poidan completar a súa formación con actividades e propostas de calidade
*Que as persoas que traballan no eido sociocultural dispoñan dunha formación específica que as e os capacite para o seu día a día.

E comezamos con tres cursos para este mes de Xullo. Son os seguintes:


martes, 3 de julio de 2012

DINAMO organizou un Obradoiro de Inglés en Vilarmaior

Os pasados meses de maio e xuño as nenas e nenos do Concello de Vilarmaior participaron nun Obradoiro de Inglés, desenvolvido por unha docente profesional.

Todos os sábados pola mañá,  e os luns pola tarde un grupiño bastante numeroso de cativas/os aprenderon os rudimentos básicos do idioma de Shakespeare. 

Cada nena e neno traballou dende o seu nivel, pois os de maior idade xa tiñan bastantes coñecementos.

A metodoloxía do obradoiro foi eminentemente lúdica, baseada en divertidos xogos e dinámicas. A actividade tamén serviu de apoio e reforzo escolar.

A actividade xurdiu por iniciativa do Concello de Vilarmaior e foi levada a cabo por DINAMO Xestión de Atividades Socioculturais.

Dentro de todos os servizos socioculturais e educativas que  ofrecemos dende DINAMO tamén están as actividades de apoio e reforzo escolar, ensino de idiomas, orientación pefagóxica ...


lunes, 2 de julio de 2012

DINAMO organiza un Obradoiro de Risoterapia en Moeche


Dende o pasado 29 de Xuño e ata o vindeiro 13 de Xullo todas as veciñas e veciños do Concello de Moeche poden participar nos Obradoiros de Risoterapia que se realizan na Biblioteca Municipal.

O obradoiro consta de tres sesións de 2 horas, que se celebran todos os venres.

Na actividade participan persoas de todas as idades.

Esta é unha das múltiples actividades en torno á “risoterapia” que organizamos dende DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais.