martes, 10 de julio de 2012

Contacontos e Globoflexia no Campamento Urbano da APA Valle Inclán de Perillo

Este martes, 10 de Xullo, as cativas e cativos que participan no Campamento Urbano da APA do CEIP Valle Inclán viviron unha maña diferente, cunha sesión de contacontos e un obradoiro de globoflexia.

Os contos foron narrados e enfiados polo gran contador "Caxoto Contacontos" e o obradoiro de globoflexia foi levado a cabo pola equipa profesional de DINAMO.

Nunha primeira quenda participaron as nenas e nenos de Educación Infantil e despois foi o turno das rapazas e rapaces do 1º Ciclo de Educación Primaria.

Foron dúas actividades moi atractivas para a rapazada, sobre todo porque os globos tamén foron protagonistas da sesión de contos e historias.

A actividade foi organizada pola Asociación de Nais e Pais das Alumnas e Alumnos do CEIP Valle Inclán de Perillo, e levada a cabo por DINAMO.



No hay comentarios:

Publicar un comentario