jueves, 26 de julio de 2012

DINAMO xestiona os Campamentos Específicos para Persoas con Discapacidade

Xa está todo preparado para que o vindeiro mércores, 1 de agosto, comecen os Campamentos Específicos para Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, que este ano terán como temática principal a historia do "Principiño".

Todas as actividades e dinámicas dos campamentos estarán ambientadas na obra de Antonie de Saint Exupéry creando desta maneira unha atmósfera de animación, fantasía e imaxinación.

Outros anos as temáticas foron: Superheroes, A Volta ao Mundo en 10 días, Luces-Cámara-Acción, o Circo ...

Os campamentos organízanse en 5 quendas de 10 días cada un, dende o 1 de agosto ata o 20 de setembro.

En cada turno participan un máximo de 30 persoas,e contan co apoio, supervisión e monitoraxe dunha grande equipa de profesionais: monitoras/es, directoras/es, enfermeiras/os ...

Todas as quendas celebraranse no Albergue Xuvenil de Gandarío.
Este ano como novidade propoñemos que os campamentos estén "conectados", polo que estarán dispoñibles numerosas ferramentas de comunicación para que as nais e pais saiban o que se fai día a día no campamento.

O blogue será "http://noplanetadosbaobabs.blogspot.com"
O facebook será "No Planeta do Principiño"
O twitter será "@NoPlanetadoPrincipiño"
...
Os campamentos están organizados pola Dirección  Xeral de Política Social da Xunta de Galicia e xestionados por DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL


No hay comentarios:

Publicar un comentario