sábado, 22 de febrero de 2014

DINAMO organiza Obradoiros de Títeres en Entroido nas Bibliotecas de Oleiros

As nenas e nenos de Oleiros poderán participar neste tempo de Entroido en Obradoiros de Creación de Títeres e Monicreques, promovidos polo Sistema de Bibliotecas do Concello de Oleiros e xestionados pola equipa profesional de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais.

Os obradoiros realizaranse nas diferentes bibliotecas do concello, todos os días ás 18:30 e cunha duración de 90 minutos.

As nenas e nenos participantes poderán realizar sinxelos monicreques confeccionados con variñas, pelotas de porexpan, gomaeva, feltro, etc. nun lúdico e divertido obradoiro de manualidades.

As datas de celebración dos obradoiros son as seguintes:

- 18 de febreiro: Biblioteca "Manuel María" de Oleiros (tfno. 981 610 700)
- 24 de febreiro: Biblioteca Central Rialeda de Perillo (tfno. 981 639 511)
- 25 de febreiro: Biblioteca "Federico García Lorca" de Montrove (tfno. 981 639 515)
- 25 de febreiro: Biblioteca "Mª José Trincado" de Mera (tfno. 981 628 507)
- 26 de febreiro: Biblioteca "Xograr Mendiño" de Lorbé (tfno. 981 618 201)
- 27 de febreiro: Biblioteca "Mª José Ruso" de Dorneda (tfno. 981 626 638)
- 28 de febreiro: Biblioteca "Ánxel Fole" de Nós (tfno. 981 664 257)
- 6 de marzo: Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz (tfno. 981 626 338)

Adxuntamos os teléfonos das bibliotecas pois é necesaria a inscrición para participar.



jueves, 20 de febrero de 2014

DINAMO imparte un Curso de Globoflexia na Universidade da Coruña

Mañá venres 21 de Febreiro a equipa profesional de DINAMO impartirá un Curso de Globoflexia na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña.

O curso está destinado principalmente para voluntarias e voluntarios da UdC, de feito está organizado pola Oficina de Cooperación e Voluntariado da universidade.

Nas catro horas e media que dura o curso as e os participantes aprenderán as técnicas básicas de modelado con globos, as figuras máis demandadas polas cativas e cativos e os trucos para realizar moitas figuras en pouco tempo.

A globoflexia é unha das técnicas máis clásicas da animación e unha das materias máis demandadas dentro do plan de formación de Cursos Monográficos de DINAMO. 


martes, 18 de febrero de 2014

Unha manchea de propostas de DINAMO para festexar o Entroido

En poucos días chegará a gran festa do Entroido a todas as vilas galegas e son moitas as entidades, concellos, asociacións … as que organizan actividades lúdicas para celebrar a cita anual con Don Carnal.

DINAMO ofrece a estas entidades (municipais, asociativas, veciñais …) un amplo catálogo de propostas festivas e lúdicas, dende as festas infantís de Entroido, ata a organización de desfiles e concursos de disfraces, pasando por espectáculos teatrais, obradoiros, actividades gastronómicas …

Para recoller todas estas propostas DINAMO pon a disposición de todas as persoas e entidades interesadas un Catálogo de Actividades para o Entroido 2042”. 

Se queres recibir o catálogo no teu correo electrónico podes solicitalo no correo dinamo@dinamoxestion.com