miércoles, 25 de noviembre de 2015

DINAMO conmemorou o 25N en varios concellos galegos con obradoiros, charlas, contacontos...

Nesta semana, na que se conmmora o 25N, Día Internacional contra as Violencias Machistas a equipa profesional de DINAMO estivemos en diferentes municipios da provincia da Coruña para realizar actividades de sensibilización neste eido. Algunhas das actividades foron:




- 24 de Novembro: Espectáculo "Contos sen... machismo" no Auditorio Municipal de Negreira. 

- 25 de Novembro: "Xornada de Obradoiros de Prevención da Violencia de Xénero" en Mañón.

- 25 de Novembro: "Xornada de Obradoiros de Prevención da Violencia de Xénero" en Moeche.

- 25 de Novembro: Participación na "Xornada de Boas Prácticas na Prevención da Violencia de Xénero", organizada polo Concello da Coruña.

Ademáis nestes días de novembro concéntranse as sesións de traballo do Programa Educativo Somos 2, organizado polo Concello da Corula e que traballa na prevención da violencia de xénero nas aulas de 3º e 4º da ESO.

Dende DINAMO traballemos a reo no eido da igualdade desenvolvendo programas educativos, lúdicos e artísticos en moi diferentes entidades.










lunes, 16 de noviembre de 2015

DINAMO participará nunha Xornada no "Novembro Libre de Violencias Machistas" da Coruña

O vindeiro 25 de Novembro dende DINAMO participaremos na Xornada "As boas prácticas na prevención das violencias machistas", dentro da "Mesa de Experiencias Prácticas na Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero no Ensino Reglado e no Tempo de Lecer".

Nesa mesa contaremos as actividades que realizamos no eido da igualdade de xénero e na prevención da violencia machista, dende os programas educativos, ata as actividades lúdicas, pasando polas propostas escénicas...

Esta xornada enmárcase dentro da programación do Concello de Coruña para conmemorar o 25 de Novembro, Día Internacional en Contra da Violencia de Xénero. 

Esta é tan só unha das moitas actividades que celebraremos en diferentes concellos en torno ao 25 de Novembro. 



domingo, 15 de noviembre de 2015

DINAMOteatro anima as rúas de Ponteceso no seu 22º Ciclo de Teatro

Todos os sábados do mes de Novembro celébrase no Concello de Ponteceso o seu Ciclo de Teatro, concretamente a súa edición número 22. 

Polas noites actuan grandes compañías escénicas galegas, pero polas mañás o teatro trasládase ás rúas da man da compañía DINAMOteatro, que realizar cada sábado unha animación teatral. Este ano a proposta é "Master Chof", onde as actrices e actores interactúan de maneira directa coas e cos viandantes, animando a toda as veciñas e veciños a que asistan ó Ciclo de Teatro.

Dende DINAMOteatro somos especialistas en animación de rúa. Se queres recibir a nosa proposta podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com

Todas as fotos das Animación Teatrais nesta ligazón: 
MASTER CHOF. Animacións Teatrais en Ponteceso




viernes, 13 de noviembre de 2015

DINAMO organizou o Túnel do Terror en Novo Mesoiro

O pasado domingo 8 de novembro a equipa de DINAMO montou e dinamizou un Tunel do Terror na Festa do Samaín de Novo Mesoiro. 

Realizamos toda a montaxe, dende cero, no pavillón municipal de Novo Mesoiro. A partir dunha estrutura con andamios e divisións textiles, ademáis dunha escenografía considerable e elementos técnicos como equipos de son, máquina de fume... creamos un percorrido terrorifico, pero moi divertido para todas as e os participantes. 
cribir a d
O túnel estivos dinamizado por catro personaxes de "medo" que foron adaptando as súas accións ás diferentes idades das e dos participantes.

Dende DINAMO somos especialistas en todo tipo de montaxes de escenografías para eventos lúdicos ou teatrais. Se queres recibir máis información podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com

Nesta ligazón podes ver todas as fotos da montaxe
 FOTOS DA MONTAXE DO TUNEL DO TERROR



jueves, 5 de noviembre de 2015

DINAMO celebrou o Samaín na Rúa (do Petín)

O pasado 31 de Outubro a equipa educativa de DINAMO realizou unha Gran Festa de Samaín no Concello da Rúa.

Un bó número de cativas e cativos festexaron o Samaín con xogos, animación musical, maquillaxe infantil, globoflexia... Aprenderon cantigas do Samaín, xogaron coas costumes dos magostos e sobre todo divertíronse con todas as actividades e comendo castañas.

En DINAMO organizamos unha manchea de actividades de Samaín, para todas as idades. Se queres recibir a nosa proposta só tes que chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com