lunes, 30 de diciembre de 2013

DINAMOteatro percorreu no 2013 a xeografía galega cos seus espectáculos

Neste 2013 a compañía escénica DINAMOteatro percorreu unha manchea de vilas galegas cos seus espectáculos. 

Foron bastantes citas con moi diferentes espectáculos. Propostas moi variadas para públicos diferenciados. 

Os espectáculos que foron representados e que actualmente siguen en cartel son os seguintes:

RADIO TORREIRO: comedia para persoas adultas
CON SUMO GUSTO: teatro xuvenil
A FAMILIA DO PINDIRICO: teatro familiar
MONÓLOGOS DE PEDRO BRANDARIZ: humor para persoas adultas
CONTOS E OUTRAS ANDRÓMENAS: contacontos para nenas e nenos
MAXIA CON DIEGO VILLAR: maxia para nenas e nenos
ANIMACIÓNS TEATRAIS ITINERANTES

Todos os espectáculos de DINAMOteatro están dispoñibles na Rede Galega de Teatros e Auditorios, así como na Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Se queres contratar algún espectáculo podes chamar ó 647.488.688 ou escribir un correo electrónico a dinamo@dinamoxestion.com



domingo, 29 de diciembre de 2013

DINAMO xestiona a Escola Infantil de Teatro de Ponteceso

A equipa profesional de DINAMO xestiona, dende o pasado mes de outubro, e ata maio de 2014 a Escola Infantil de Teatro de Ponteceso, con clases semanais en dous grupos diferenciados.

As e os participantes son cativas e cativos de 4 a 12 anos.

Todos os luns de 17:30 a 18:30 a actividade é para as cativas e cativos da Ponte, e de 19:40 a 20:40 o turno é para as nenas e nenos de Corme.

Coas clases semanais preténdese achegar ao teatro ás e ós participantes, dunha maneira lúdica, divertida e moi, moi participativa.

Ademáis, dende o primeiro momento iniciamos o traballo escénico, coa improvisación de pequenas esceas, e sobre todo coa preparación e ensaios de espectáculos que logo serán representados.

De feito o pasado 21 de decembro representáonse os dous primeiros espectáculos "O mellor do Nadal" e a "A foto de Nadal" no Espazo de Servizos Múltiples do Concello de Ponteceso.

No 2014 prepararanse outros dous espectáculos para representar a final de curso.


sábado, 28 de diciembre de 2013

DINAMO organizou Actividades Lúdicas na Biblioteca de Carral

Nos pasados meses de novembro e decembro a equipa profesional de DINAMO levou a cabo diferentes actividades lúdicas na Biblioteca de Carral.

Algunhas das actividades que se levaron a cabo foron:
. Maquillaxe de Terror
- Obradoiros de Samaín
- Festa de Samaín
- Adornos de Nadal

Trátase de actividades lúdicas para cativas/os pero que sempre teñen como obxectivo primordial o fomento e promoción da lectura.


viernes, 27 de diciembre de 2013

"De vacaciones con Picasso" un campamento artístico, organizado por DINAMO

Neste mes de decembro a equipa profesional de DINAMO está a levar a cabo na Casa Picasso da Coruña varias actividades para as máis cativas e cativos para darlles a coñecer a figura do pintor.

Trátase de actividades lúdicas e de creación artística para nenas e nenos de 4 a 10 anos

As actvidades son as seguintes: 

Baixas xogar con Picasso?: 14 e 21 de decembro
De vacacións con Picasso?: 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro, e o 2 e 3 de xaneiro.

Todas as actividades se engloban no programa Club Picasso, son gratuitas e realizanse en horario de 11:00 a 13:30.

Esta é unha das actividades dentro do Programa de Visitas e Actividades ás Casas Museo da Coruña, da que resultou concesionaria a empresa DINAMO.


DINAMO organizou Obradoiros de Prevención de Violencia de Xénero nos Centros Cívicos da Coruña

No pasado mes de novembro a equipa profesional de DINAMO levou a cabo unha serie de obradoiros de "prevención da violencia de xénero", organizados polo Centro de Información ás Mulleres, dentro da Campaña do 25-N "Estamos Contigo". 

Foron 12 obradoiros biaxo tres modalidades diferentes:

Para nenas e nenos: traballando conceptos como a igualdade de xénero, a corresponabilidade... con xogos divertidos, a través dos contos infantís...

Para mozas e mozos: abordáronse as relacións de noivado, aprender a detectas os sinais de maltrato psicolóxico, as habilidades sociais ... a través de dinámicas amenas e participativas

Para as persoas adultas: abordouse o fenómeno da violencia de xénero, as súas causas e consecuencias, e sobre todo como fuxir desa relación de maltrato, ou como axudar a terceiras persoas.

Cada centro cívico da Coruña escolleu un ou varios dos obradoiros para traballar coas súas usuarias/os.

Esta foi unha actividade máis da Campaña "Estamos Contigo", do Concello da Coruña, para conmemorar o 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. 



jueves, 26 de diciembre de 2013

DINAMO organizou un Obradoiro de Ligue no Centro Cívico de Novo Mesoiro

Durante tres meses, dende outubro e ata decembro un grupiño de mozas e mozos de Novo Mesoiro participaron no Obradoiro de Ligue, organizado polo Centro Cívico do barrio e dinamizado pola equipa profesional de DINAMO.

En sesións de 90 minutos e cunha sesión semanal as mozas e mozos aprenderon diferentes técnicas e habilidades sociais, co obxectivo de acadar a autorresponsabilidade persoal e social na área das relacións persoais, relacións de parella, afectividade, sexualidade... facilitando deste xeito o desenvolvemento integral da persoa.

A través de xogos dinámicas moi entretidas foron abordando temas e profundizando en aspectos que para elas e eles, moitas veces, son tabú, temas prohibidos, vergoñentos... pero que son esenciais para un correcto desenvolvemento das mozas e mozos.

O nome de "obradoiro de ligue" evidentemente é un gancho para a poboación xove, pois o que realmente se traballa son as habilidades sociais, a afectividade, a sexualidade...

Esta é unha das moitas actividades que DINAMO ofrece para a xente moza. Se queres recibir a nosa Proposta de Actividades para a Xuventude podes solicitala no 647.488.688 ou escribindo a dinamo@dinamoxestion.com






DINAMO organizou e impartiu un Curso de Especialización en Globoflexia en Padrón

Nos pasados meses de outubro e novembro a equipa profesional de DINAMO impartiu a un grupo de 25 voluntarias e voluntarios do Concello de Padrón un Curso de Especialización en Globoflexia, que tivo unha duración de 16 horas. 

No citado curso ás alumnas e alumnos aprenderon as técnicas básicas da globoflexia para logo crear as figuras máis complexas e espectáculares que se poden crear con globos. Non só asimilaron as técnicas e as figuras, senón que adquiriron destrezas para o traballo en público realizando figuras con globos a gran velocidade e vistosidade.

No último día de clase saíron ás rúas de Padrón para amosar as súas aprendizaxes e facer así as delicias de cativas/os e non tan cativos.

O curso foi promovido polo Concello de Padrón, e impartido pola equipa de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais.


miércoles, 25 de diciembre de 2013

DINAMO xestiona boa parte do Programa Vive o Nadal do Culleredo

Dende o pasado 13 de decembro e ata o vindeiro 3 de xaneiro DINAMO xestiona e dinamiza as actividades do Programa "Vive o Nadal" do Concello de Culleredo. 
O citado programa ofrece unha manchea de posibilidades para as máis cativas e cativos, mentras as súas nais e pais dispoñen de tempo para facer as mercas de Nadal, e deste maneira colaborar na promoción do pequeno comercio. 
O programa de actividades pretende crear espazos agradables que permitan a conciliación da vida familiar e laboral, e ao mesmo tempo dinamicen os espazos comerciais de Culleredo.
As actividades que xestiona e dinamiza a equipa de DINAMO son as seguintes:
Animación nas rúas.
Durante os días 13 o 23  de decembro en horario de 18:00 a 20:00 horas un Papa Noel e dous axudantes percorrerán as rúas do Concello animando e recibindo a todos os nenos/as que queiran entregarlle a súa carta. E dende o  27 de decembro ao 3 de xaneiro 2014 en horario de 18:00 a 20:00 horas, uns paxes reais percorrerán as rúas do Concello.

Obradoiros de Nadal. 
Venres 20
Obradoiros do Nadal 18.00 a 20.00 horas.
Adornos do nadal con goma eva e material de refugallo
No Burgo, Fonteculler (centro social) e no Pazo de Villa Melania.

Luns 23

Obradoiros do Nadal 18.00 a 20.00 horas
  • O Burgo: torneos de baile, coches futbol…wii, play station e xbox360
  • Fonteculler: obradoiro de galletas navideñas
  • Pazo de Villa Melania:  xogos do nadal
Trono de Papa Noel: recollida de cartas no Pazo de Villa Melania de 17.00 a 20.00 horas.

Venres 27

Obradoiros do Nadal 18.00 a 20.00 horas
  • O Burgo: obradoiro de galletas navideñas
  • Fonteculler: xogos do nadal
  • Pazo de Villa Melania: torneos de baile, coches futbol, wii, play station e xbox360
Luns 30

Obradoiros do Nadal 18.00 a 20.00 horas
  • O Burgo: xogos do nadal
  • Fonteculler: torneos de baile, coches futbol…wii, play station e xbox360
  • Pazo de Villa Melania:  obradoiro de galletas navideñas

jueves, 12 de diciembre de 2013

O Bus do 25-N do Concello da Coruña, dinamizado e atendido por DINAMO

 A equipa educativa de DINAMO prestou os servizos de atención e dinamización do Bus á pé de rúa da Campaña "Estamos Contigo" de Prevención da Violencia de Xénero, do Concello da Coruña. 

Con motivo da conmemoración do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero o Concello da Coruña prantexou unha extensa campaña de sensibilización, na que unha das principais accións foi ofrecer ás coruñesas e coruñeses un punto de información e sensibilización móbil, a modo de autobús.

O "autobús violeta" percorreu durante a semana do 25 ao 29 de novembro boa parte das rúas e prazas da cidade, sempre atendido e dinamizado por persoal especializado, neste caso da empresa DINAMO.

Cada mañá e cada tarde o autobús ubicouse nun punto senlleiro da cidade herculina e a dinamizadora/or ofrecía información a todas as e os viandantes, resolvía dúbidas a todas as persoas que así o solicitaban e incluso se asesorou a mulleres que sufren a violencia machista, ofrecendo a información necesaria nese primeiro momento e derivandoa a servizos máis especializados.

A campaña foi promovida e xestionada polo Centro de Información ás Mulleres de A Coruña, e consta de outras moitas accións, das que algunhas tamén foron levadas a cabo por DINAMO, e das que daremos boa conta en seguintes entradas.