martes, 30 de julio de 2013

DINAMO realiza un Estudo de Hábitos de Consumo entre a mocidade coruñesa

A equipa profesional de DINAMO está a realizar estes días un estudo sobre os hábitos de consumo entre as mozas e mozos coruñeses. 

De momento estamos na fase de recollida de datos a través de enquisas individuais e anónimas entre as e os participantes nas actividades xuvenís dos centros cívicos da cidade.

Paralelamente estanse verquindo os datos en programas informáticos de análise. E finalmente unha equipa específica de análise procederá a examinar os datos e a elaborar o estudo, que ofrecerá datos fiables sobre os patróns de ocio e lecer das mozas e mozos, sobre os hábitos de consumo, substancias, uso ou abuso ... e sobre todo unha serie de recomendacións para que os organismos públicos poidan levar a cabo plans e medidas eficaces neste eido.

O estudo foi encargado polo departamento de Servizos Sociais do Concello da Coruña. 

DINAMO ofrece todo tipo de servizos e actividades para a xuventude. Se queres recibir o noso catálogo podes solicitalo no 647.488.688 ou en dinamo@dinamoxestion.com


lunes, 29 de julio de 2013

DINAMO organiza un Obradoiro de Grafite en Perillo (Oleiros)

Dende hoxe, 29 de xullo e ata o venres 2 de agosto, 21 mozas e mozos participarán no Obradoiro de Grafite que organiza o Concello de Oleiros e xestionamos dende DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais.

A actividade de grafite é unha das máis demandadas pola xuventude, e son moitos os concellos e outras entidades que aproveitan para decorar e acondicionar espazos públicos organizando obradoiros e cursos de grafite e muralismo.

Durante os cinco días de curso as e os participantes aprenderán as técnicas básicas do pintado co esprai, nocións de debuxo muralístico, como pasar dun bosquexo á realidade dos muros...

Desta volta repintarán unha serie de muros onde xa se levara a cabo outra actividade de grafite (hai varios anos), pero que sufriu actos vandalicos e está irrecoñecible.

DINAMO organiza actividades deste tipo por toda Galicia, para multitude de concellos e outras entidades. Ademáis tamén ofrecemos outros obradoiros tanto de cultura urbana en particular, como xuvenís en xeral.



miércoles, 24 de julio de 2013

DINAMO dinamizou a Xornada de Convivencia do Voluntariado na Horta "Labrega Social" de Cambre

O pasado 6 de xullo, a equipa profesional de DINAMO dinamizou unha xornada de convivencia entre as e os participantes do Servizo de Voluntariado de Cambre.

A xornada de convivencia levouse a cabo na horta "Labrega Social" de Cambre e as voluntarias e voluntarios gozaron dunha manchea de actividades organizadas polas monitoras de DINAMO.

O obxectivo destas xornadas é a convivencia lúdica nun ambiente de confianza, pasando un tempo agradable. Ademáis a cohesión grupal afianzase e facilítanse as relacións interpersoais.

DINAMO ven colaborando estreitamente co Concello de Cambre, máis concretamente co departamento de Voluntariado, sobre todo na formación das persoas voluntarias.

Este é un dos moitos servizos que ofrecemos ós concellos e outras entidades que traballan no eido do voluntariado