jueves, 29 de julio de 2021

DINAMO organiza un Curso de Comedia na Coruña

Durante tres venres a equipa profesional de DINAMO organiza un Curso de Comedia para mozas e mozos dentro do Programa de Lecer "Nocturnia" promovido polo Concello da Coruña. 

Cada sesión, de dúas horas de duración terá caráctar temático e serán impartidas por cómicas cunha dilatada traxectoria, como Ángela Triana, Diana Sieira e Marita Martínez Arcay.

Dende DINAMO organizamos todo tipo de actividades xuvenís, de lecer, formativas e en moi diferentes eidos, como pode ser o das artes escénicas e a comedia en particular.

As datas do curso serán o 23 e 30 de Xullo e o 6 de Agosto. Para participar nas sesións formativas é necesaria a inscrición previa en www.coruna.gal/nocturnia



viernes, 16 de julio de 2021

DINAMO levou a Caravana de Xogos Populares ó CEIP Santiago Apóstolo (Mugardos)

O pasado 22 de xuño a equipa profesional de DINAMO organizou unha Xornada de Xogos Populares e Tradicionais no CEIP Santiago Apóstolo, en Franza, Mugardos. 

As pequenas e pequenos xogaron á chave, á rá. ó metediscos, ó tiralatas, ós zancos, ás carreiras de chapas, ós bolos e a unha manchea de xogos de onte, hoxe e sempre.

Dende DINAMO organizamos todo tipo de eventos  vencellados co xogo popular e tradicional e para todo tipo de entidades: concellos, centros educativos, asociacións, festivais...



sábado, 10 de julio de 2021

DINAMO levou a Caravana de Xogos ó CEIP Bormoio-Agualada (Coristanco)

 O pasado 22 de xuño a equipa profesional de DINAMO levou a súa Caravana de Xogos Populares ó CEIP Bormoio-Agualada do concello de Coristanco.

As nenas e nenos descubriron unha manchea de xogos populares e tradicionais como por exemplo a rá, a chave, os zancos, o metediscos, o tiralatas, os bolos, o plinko, a serpe, o sapo, as carreiras de chapas...

Dende DINAMO organizamos todo tipo de eventos vencellados cos xogos populares e tradicionais por toda Galicia.

viernes, 2 de julio de 2021

DINAMO levou a Caravana de Xogos Populares ó CEIP A Mahía (Bertamiráns, Ames)

O pasado 21 de xuño a equipa profesional de DINAMO levou a súa Caravana de Xogos Populares ó CEIP A Mahía de Bertamiráns (AMES).

Durante toda a xornada matinal instaláronse máis de 30 xogos populares e tradicionais para que todas as nenas e nenos do centro fosen xogando, organizados en diferentes quendas.

Os xogos estiveron dinamizados e supervisados pola equipa profesional de DINAMO.

Dende DINAMO organizamos todo tipo de eventos vencellados co mundo dos xogos populares e tradicionais.