jueves, 22 de junio de 2017

DINAMO levará a cabo parte dos Obradoiros de Lecer Saudable dos Centro Cívicos da Coruña

A equipa profesional de DINAMO levará a cabo diferentes actividades do Programa de Promoción lo Lecer Saudable para a Xuventude nos Centro Cívicos da Coruña.

As actividades que DINAMO desenvoverá son as de "Street Food", "Cociña Mediterránea", "Estampación de Papel" e "Iniciación á Maxia".

Este programa, ten como obxectivo principal o fomento de hábitos saudables e a prevención de conductas adictivas entre a xuventude, a través das actividades alternativas de lecer construtivo.

A inscrición para estas actividades realizarase do 26 ó 28 de xuño, salvo nos centros de Mesoiro e Elviña, que serán de do 21 ó 23 do mesmo mes.


miércoles, 21 de junio de 2017

Rematan as Escolas de Teatro DINAMO en Cambre, Ponteceso e na Coruña

Coa chegada de xuño o tempo do verán e das vacacións chama á porta e pouquiño a pouco  van rematando as actividades escénicas que se foron desenvolvendo  durante todo o curso.

A equipa profesional de DINAMO clausurou tres destas actividades con cadansúa estrea da "peza de fin de curso".

En Ponteceso foi "A Galiña Azul", unha versión teatral da obriña de Carlos Casares. En Cambre "Así é o Amor", unha peza escrita por Pedro Brandariz e Xabi López e agora readaptada ós tempos actuáis. E no grupo de Clown para Adultos inventamos, a partir de improvisacións das propias/os participantes "Western Clown ", unha desternillante comedia en clave de clown.

Somentes queda agradecer a confianza de moitas entidades depositan en nós cada ano: o concello de Ponteceso, a empresa CambreOcio e a ANPA do CEIP Portofaro e o Centro Ágora da Coruña,

Xa para o vindeiro curso daremos a coñecer o noso proxecto de "Escolas de Teatro na túa entidade", sexa concello, colexio, ANPA... ou calquera outra.





domingo, 18 de junio de 2017

DINAMO organizou o Programa de Actividades Sabadabadú en Cambre

Durante o mes de maio a equipa profesional de DINAMO levoua acabo varios obradoiros de ciencia divertida e creatividade no Concello de Cambre.

En tres sábado diferentes desenvolvéronse os seguintes obradoiros con gran éxito de participación.

- Obradoiro de Creatividade
- Xogos de Estimulación Cognitiva
- Obradoiro de Ciencia Divertida

Estas son algunas das novas propostas do Catálogo de Obradoiros que dende DINAMO ofrecemos para traballar con cativas e cativos, actividades innovadoras, didácticas e moi divertidas.


jueves, 8 de junio de 2017

DINAMO organizou a Festa da Lingua en Cambre

O pasado 17 de Maio a equipa profesional de DINAMO dinamizou a "Festa da Lingua para Cativas/os" que se desenvolveu en dúas localizacións: Cambre e O Graxal.

Realizáronse actividades lúdicas e de promoción do galego como o "Parti das Letras Galegas", "Carlos Casares Pop", "Obradoiro de Chapas en Galego".

Estas son algunas das actividades que dende DINAMO levamos a cabo para a promoción da lingua galega, durante todo o ano. Se queres recibir a nosa Proposta de Actividades para a Normalización Lingüística e Promoción e Fomento do Galego podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com




domingo, 4 de junio de 2017

DINAMO xestiona o Centro de Atención a Persoas sen Teito da Coruña

Dende o pasado mes de maio a equipa profesional xestiona e atende o Centro de Atención a Persoas sen Teito, promovido pola área de Servizos Sociais do Concello da Coruña.

Neste centro as persoas sen fogar poden pasar a noite, así como acceder a alimentos e outros  recursos.

Trátase dun centro de baixa esixencia e onde se traballa con integradoras/es sociais para que as condicións de vida das persoas usuarias poidan mellorar.

Sen dúbida un proxecto de carácter social e de compromiso coa cidadanía.