miércoles, 21 de junio de 2017

Rematan as Escolas de Teatro DINAMO en Cambre, Ponteceso e na Coruña

Coa chegada de xuño o tempo do verán e das vacacións chama á porta e pouquiño a pouco  van rematando as actividades escénicas que se foron desenvolvendo  durante todo o curso.

A equipa profesional de DINAMO clausurou tres destas actividades con cadansúa estrea da "peza de fin de curso".

En Ponteceso foi "A Galiña Azul", unha versión teatral da obriña de Carlos Casares. En Cambre "Así é o Amor", unha peza escrita por Pedro Brandariz e Xabi López e agora readaptada ós tempos actuáis. E no grupo de Clown para Adultos inventamos, a partir de improvisacións das propias/os participantes "Western Clown ", unha desternillante comedia en clave de clown.

Somentes queda agradecer a confianza de moitas entidades depositan en nós cada ano: o concello de Ponteceso, a empresa CambreOcio e a ANPA do CEIP Portofaro e o Centro Ágora da Coruña,

Xa para o vindeiro curso daremos a coñecer o noso proxecto de "Escolas de Teatro na túa entidade", sexa concello, colexio, ANPA... ou calquera outra.





No hay comentarios:

Publicar un comentario