sábado, 13 de diciembre de 2014

DINAMO leva a cabo nos institutos da Coruña o Programa Educativo "Somos 2. Eu tamén conto"

A equipa profesional de DINAMO desenvolve en boa parte dos institutos do municipio da Coruña o Programa Educativo en Igualdade de Xénero "Somos 2. Eu tamén conto",  con mozas e mozos de 3º e 4º da ESO. 

O programa consiste na realización de dúas sesións de traballo arredor das relacións de noivado xuvenil e sobre a desmitificación do "amor romántico". A partir de xogos, dinámicas e exercicios de traballo en común as mozas e mozos participantes fanse conscientes dos perigos que conlevan as desigualdades de xénero.

O programa "Somos 2. Eu tamén conto" é iniciativa do Centro de Información ás Mulleres do Concello da Coruña, e xestionado e levado a cabo por Dinamo Xestión de Actividades Socioculturais SL.

A equipa de Dinamo é especialista no desenvolvemento deste tipo de programas en igualdade de xénero, hábitos saudables, alimentación, prevención de drogodependencias...






jueves, 4 de diciembre de 2014

DINAMO realiza Obradoiros de Alimentación Saudable nos IES de Oleiros

No pasado mes de novembro as alumnas e alumnos de 1º e 2º da ESO do IES Neira Vilas participaron no Programa Educativo “Comida e Saúde”, organizado polo Concello de Oleiros e xestionado e desenvovido pola equipa profesional de Dinamo.

Trátase de actividades en torno a un dos piares básicos da Educación para a Saude: a alimentación, sobre todo nun sector de poboación tan importante como a mocidade.

O obxectivo primordial é o de promover hábitos de vida saudable a nivel físico e e emocional, sentando as bases do benestar nas necesidades reais por riba de presións sociais, mediáticas e de mercado.

Dinámicas de grupo, traballo en equipo, xogos, rollplai, estudo de casos, reflexións e debates, consulta de materiais … son algunhas das actividades que se levaron a cabo nas sesións de traballo coas mozas e mozos.

Este ano o programa dividese en dous bloques temáticos:

-       Vida saudable: para as alumnas e alumnos de 1ºESO.
-       Alimentación e Deporte: para as alumnas e alumnos de 2ºESO

“Comida e Saúde” é tan só un dos múltiples programas educativos que DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL  desenvolve no Concello de Oleiros dos que periódicamente damos conta neste blogue.


martes, 2 de diciembre de 2014

Os Médicos Comédicos de DINAMOteatro estiveron por Ponteceso

O pasado 8 de novembro a compañía DINAMOteatro levou o seu espectáculo "Os Médicos Comédicos" á feira de Ponteceso como parte do Ciclo de Teatro do Concello de Ponteceso, e co obxectivo primordial de promocionar as diferentes actuacións e montaxes que se representaron os sábados á noite no local do Couto.

A través da animación itinerante os actores e actrices provocaron as gargalladas do público e ademáis acadouse un alto grado de difusión do Ciclo de Teatro, da maneira máis efectiva e impactante, a pé de rúa. 

En DINAMO somos especialistas en animacións teatrais, levando personaxes cómicas á rúa, para que interacciones directamente coas veciñas e veciños.

Se queres recibir a nosa Proposta de Animacións Teatrais e Espectáculos chama ó 619.345.100 ou escribe a dinamo@dinamoxestion.com


domingo, 30 de noviembre de 2014

DINAMO realizou un extenso programa de actividades arredor do 25N

Nas pasadas datas a equipa profesional de DINAMO levou a cabo moi diferentes actividades con motivo do 25 de Novembro, Día Internacional da Violencia de Xénero.

Algunhas destas actividades foron as seguintes:

- "Somos 2". Programa Educativo en Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero. Nos Institutos de Ensino Secundario da Coruña. Organizado polo Concello da Coruña.

- "Contos e outras andrómenas". Contacontos sobre a Igualdade no CEIP Gándara de Sofán. Organizado polo Concello de Carballo.

- Xornada de Convivencia para Mulleres e Familias no Pazo de Mariñán, organizado polos Concellos de Arteixo e da Laracha, en colaboración coa Deputación da Coruña.

- Pasiño a pasiño cara a igualdade: roteiros pola igualdade. Organizado polo Concello da Coruña.

- Contamos X =". Contacontos sobre a Igualdade nas Asociacións de Veciñas/os de Ferrol. Organizado polo Concello de Ferrol.

- "Pintamos o mesmo". Obradoiros de Grafife para Mocidade sobre a Igualdade. Organizado polo Concello de Ferrol. 



-

miércoles, 26 de noviembre de 2014

DINAMO presenta una ampla Proposta de Actividades para o Nadal

Como todos os anos dende DINAMO facemos unha forte aposta pola dinamización do Nadal dunha maneira creativa e participativa, a través de moi diferentes e novidosas actividades, propostas e iniciativas.

Ofrecemos unha manchea de actividades lúdicas arredor das festas do Nadal e para todos os públicos, dende as máis cativas e cativos ata a nosa xente maior, pasando pola xuventude, as persoas adultas...

As propostas van dende contacontos temáticos ata obradoiros de Nadal, pasando por animacións teatrais de rúa, cociña de Nadal, festas infantís, visitas de Papa Noel, do Apalpador, dos Reis Magos, dos carteiros reais...

Asemade en Dinamo sempre traballamos con criterios didácticos, polo que tamén sensibilizamos nos valores solidarios e de consumo responsable.

Se queres recibir a nosa Proposta de Actividades só tes que solicitala no 619.345.100 ou en dinamo@dinamoxestion.com


domingo, 16 de noviembre de 2014

DINAMO organizou un extenso Programa de Festas de Samaín en diferentes entidades

Nas pasadas semanas a equipa educativa de DINAMO realizou unha manchea de actividades de Samaín, para recuperar a ancestral tradición.

As actividades foron as seguintes:

- Festa Infantil de Samaín no Centro Cívico de Novo Mesoiro.(A Coruña). Día 31 de Outubro.

- Túnel do Terror. Centro de Lecer Xuvenil Portaberta. Oleiros, Día 31 de Outubro.

- Festa Infantil de Samaín no Centro Cívico de Feáns (A Coruña). Día 8 de Outubro.

- Obradoiros Infantís de Samaín. Centro Social de Almeiras. Culleredo. Día 8 de Outubro.

- Obradoiros Infantís de Samaín. Pavillón Deportivo de Novo Mesoiro (A Coruña). Día 9 de Outubro.


sábado, 15 de noviembre de 2014

DINAMO realiza actividades de Coeducación en Ferrol

En colaboración coa empresa Atalalia Social a equipa de DINAMO está a desenvolver actividades coeducativas, en promoción da igualdade de xénero con moi diferentes colectivos, dende a infancia ata a vellez, pasando pola mocidade.

O programa consta de varias actividades: 

- Contos Vellos, Novos Finais: sesións de contacontos para nenas e nenos nas diferentes Asociacións Veciñais.

- Pintamos o mesmo: obradoiros de grafitepola igualdade para a mocidade

- Roteiros en Femenino, dando a coñecer grandes mulleres ferrolás


DINAMO encargouse da Dinamización dos XIV Encontros de Voluntariado de Cambre

No pasado mes de outubro a equipa de DINAMO encargouse de dinamización das e dos participantes dos Cursos de Voluntariado de Cambre.

Os encontros desenvolvéronse na Residencia Siglo XXI da Zapateira (A Coruña) e dende DINAMO ocupámonos da dinamización das actividades lúdicas e recreativas.

Ademáis Pedro Brandariz tamén realizou unha sesión de "Clownclusións", analizando dunha maneira cómico o aprendido e vivido durante toda a fin de semana.

Dende DINAMO levamos varios anos realizando este tipo de tarefas coa Oficina de Voluntariado de Cambre,


jueves, 13 de noviembre de 2014

DINAMO xestiona o "Contando en Familia" do Novembro LGTBI da Coruña

A partir de mañá mesmo, 14 de novembro a equipa de DINAMO organizará as actividades de "Contando en Familia" que promove a Concellería de Servizos Sociais do Concello da Coruña.

Trátase de contacontos, xogos e outras actividades sobre a importancia da existencia de familias diversas, centrándose específicamente nos dereitos das Familias de Gais, Lesbianas, Transexuais e Bisexuais.

Realizaranse case dez obradoiros nos diferentes civicos da cidade da Coruña.

DINAMO está especializada na xestión de actividades de carácter social e educativo. Se queres solicitar a nosa proposta de actividades podes pedila no 647.488.688 ou en dinamo@dinamoxestion.com









domingo, 26 de octubre de 2014

DINAMO organizou unha Xornada de Pesca para o Clube de Ocio de Persoas con Discapacidade de Cambre

O pasado 19 de outubro, o grupo de persoas con discapacidade do Clube de Ocio do Concello de Cambre gozaron dunha mañá de pesca, organizada pola equipa profesional de Dinamo.

Aprenderon a pescar con cana dende superficie: as diferentes técnicas, os diferentes elementos da cana, os cebos, os anzois...

Esta actividade cumpliu de maneira directa cos obxectivos que pretende o Concello de Cambre con este Clube de Ocio, que as mozas e mozos con discapacidade poidan vivir experiencias de lecer comunitarias, saudables e sobre todo normalizadoras. 

A equipa de DINAMO está especializada en traballar con persoas con discapacidade, polo cal a xornada resultou do máis interesante, e tamén fructífera pois pescaron varios exemplares. 

Se queres recibir a nosa proposta de actividades para Persoas con Discapacidade podes chamar ó 647.488.688 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com


lunes, 20 de octubre de 2014

DINAMO presenta unha ampla proposta de Actividades para os Magostos e o Samaín

Cada ano, por estas datas de Outono chega o tempo dos Magostos, e tamén as celebracións do Samaín (ou noite de Santos), que cada vez gozan de maior participación.


Dende DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais presentamos unha ampla proposta de actividades para dinamizar este tipo de celebracións.

As propostas que van dende o lúdico e festivo, ata o formativo pasando polas escénicas, teñen como obxectivo primordial contribuir ó mantemento e recuperación de tradicións tan ancestrais como o Magosto e o Samaín .

Ademais das intencións acerca de conservar as tradicións as actividades sirven para dinamizar socioculturalmente á comunidade.

Dento da proposta hai actividades para todas as idades (xerais e específicas), as cales pódense levar a cabo en concellos, centros de ensino, asociacións ….

Se queredes a nosa Proposta de Actividades para o Magosto e o Samainpodedes solicitalo no correo dinamo@dinamoxestion.comou chamando ó 647.488.688.


lunes, 6 de octubre de 2014

DINAMO participa nas Actividades da Semana Picasso

Na semana do 29 de setembro ó 5 de outubro a Asociación de Comerciantes DISTRITO PICASSO levou a cabo outra edición da “Semana Homenaje a Pablo Picasso” na que as rúas do Ensanche ce encheron das pombas da paz creadas polo xenial pintor.
Como empresa que xestiona as visitas guiadas das Casas Museo do Concello da Coruña nas que se inclúe a Casa Museo Picasso, DINAMO SL tomou parte desta programación levando a cabo diversas actividades durante os venres 3 e sábado 4.
Visitas guiadas teatralizadas: A través da ollada dun dos mendigos coruñeses pintados polo neno Pablo Picasso (O home da gorra) levouse a cabo unha visita guiada polas rúas do Ensanche onde soubemos de primeira man como era A Coruña de finais do século XIX ademais de coñecer como foron os 4 anos nos que a familia Picasso residiu na cidade herculina.
Obradoiros para nenos: Na mañá e tarde do sábado as nenas e nenos participantes visitaron a Casa Museo Picasso e levaron a cabo un obradoiro onde converteron as famosas Pombas da Paz de Picasso en divertidos xoguetes decorados por eles mesmos.
Dinamización Circense:  Durante a tardes do venres 2 persoaxes circenses (un zancudo e un paiaso) recordaron a especial querencia que o  pintor malagueño tiña polo mundo do circo percorreron as rúas situadas entre Juan Flórez e Juana de Vega. No seu percorrido foron  repartindo agasallos, caramelos e risas por onde pasaban.
A pesares de que este fin de semana se puido constatar a chegada do Outono a metereoloxía comportouse e todas as actividades puideron ser levadas a cabo.


viernes, 12 de septiembre de 2014

DINAMO participou nas Actividades para Cativas/os da Feira Franca

O pasado 6 de setembro a compañía DINAMOteatro participou na Feira Franca de Pontevedra con varias actividades.

Por unha banda cunha animación teatral titulada "O Kamal Misterioso" e pola poutra co contacontos "Copérnico e o sol". 

A animación teatral desenvolveuse en tres pases e obtivo moi boa resposta por parte do público pontevedrés.

Estas actividades están enmarcadas na programación infantil do evento e realizámolas pola iniciativa da empresa Nova Xestión Cultural. 

DINAMOteatro é unha compañía especializada en animacións teatrais itinerantes onde o principal valor é a interacción directa co público. 

Se queres recibir o noso Catálogo de Espectáculos Teatrais podes chamar ó 647.488.688 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com

Entrevista no Faro de Vigo



sábado, 30 de agosto de 2014

Todas as fotos do Campa DivertiBirloque

Nestas dúas ligazóns podes atopar todas as fotos das dúas quendas de DivertiBirloque, campamento organizado pola área de Participación Cidadá do Concello da Coruña, e xestionado por DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL.

Quenda do 1 ao 14 de Agosto
Fotos de DivertiBirloque 1-14 de Agosto

Quenda do 18 ao 29 de Agosto
Fotos de DivertiBirloque 18-29 de Agosto


jueves, 21 de agosto de 2014

DINAMO xestiona un Obradoiro de Maxia para Mozas/os no Centro Cívico de Labañou

Durante os catro xoves do mes de agosto, de 12:00 a 13:30, o mago Zonte, a través de DINAMO está impartindo un Obradoiro de Maxia para mozas e mozos no Centro Cívico de Labañou. 

Nesas 7,5 horas as e os participantes aprenderán xogos de maxia básicos, con cartas, moedas, dados e outro elementos cotiás. 

Esta actividade forma parte do Programa de Ocio Saudable que o Concello da Coruña ofrece a todas as mozas e mozos coruñeses.

A maxia é unha actividade moi interesante para as mozas e mozos, por iso dende DINAMO levamos a cabo numerosas actividades vencelladas coa maxia para a mocidade, cursos, obradoiros, actuacións...

Se che interesa organizar algunha destas actividades podes chamar ó 647.488.688 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com



sábado, 16 de agosto de 2014

DINAMO xestiona os Campamentos de Participación DivertiBirloque

Durante este mes de agosto DINAMO está levando a cabo os Campamentos de Participación no Centro de Participación Cidadá da Coruña, situado no Birloque.

Un total de 60 nenas e nenos participan nestes obradoiros matinais, repartidos en dúas quendas, do 1 ao 14 de agosto e do 18 ao 29 de agosto.

Os campamentos realizanse de luns a venres, de 9:30 a 14:00 e están monitorizados por unha equipa de catro educadoras/es especializadas/os.

Realízanse actividades como obradoiros, xogos, xincanas, contacontos, excursións e minisaídas, todas elas orientadas ó fomento da participación activa, do espíritu crítico, do carácter cooperativo, do consenso...

Os campamentos son unha iniciativa da Área de Participación Cidadá do Concello da Coruña e xestionados por Dinamo Xestión de Actividades Socioculturais.




viernes, 15 de agosto de 2014

DINAMO levou a cabo os Campamentos de Verán na Casa Museo de Picasso

A equipa de DINAMO xestionou, programou e excutou os campamentos de verán da Casa Picasso, da Coruña.

Os campamentos desenvolvéronse en horario de mañá, de luns a venres de 10:30 a 13:30, dende o inicio de Xullo ata o pasado mércores 13 de Agosto.

Nos campamentos participaron nenas e nenos de 4 a 12 anos, en diferentes quendas.

Algunhas das actividades que se realizaron foron visitas guiadas, contacontos, obradoiros artísticos, obradoiros lúdicos, sesións de xogos, xincanas, proxeccións... todas co obxectivo primordial de dar a coñecer e poñer en valor a figura de Pablo Picasso, sobre todo a súa fase coruñesa, pero tamén como era a Coruña naquel tempo. Ademáis preténdese unha formación artística, pero sempre dende un punto de vista lúdico que fai que as actividades sexan moi demandadas.

Ademáis estes campamentos, como todos os campamentos urbanos permiten a conciliación da vida familiar e laboral, ademáis que axudan a estimular o comercio da zona.

DINAMO está especializado en este tipo de servicios campamentais e de actividades lúdicas, educativas, artísticas...

Neste caso as actividades forman parte de Programa de Divulgación das Casas Museo do Concello da Coruña, que xestiona DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais.








Todas as fotos do Campamento Master Chof. Do 11 ao 20 de Agosto.

Nesta ligazón atoparás un albúm con todas as fotos do Campamento Master Chof (Campamento para Persoas con Discapacidade), na segunda quenda, do 11 ao 20 de Agosto.

Todas as fotos do Campamento Master Chof. Do 11 ao 20 de Agosto


lunes, 4 de agosto de 2014

domingo, 27 de julio de 2014

DINAMO xestionará os Campamentos para Persoas con Discapacidade no A. X. Gandarío

A equipa de DINAMO levará a cabo os Campamentos Específicos para Persoas con Discapacidade, nas quendas do Albergue Xuvenil de Gandarío. 

Serán as quendas do 1 ao 10 e do 11 ao 20 de Agosto, nas que participarán 30 mozas e mozos por cada decena.

Durante os dez días de cada campamento as e os participantes realizarán unha man chea de divertidas e didácticas actividades, como grandes xogos, xincanas, obradoiros, saídas e excursións, festas, veladas, deportes acuáticos, xogos na praia... 

E todas esas actividades cun fío conductor, cunha temática central. Se outros anos as temáticas foron: "os superheroes", "o oeste", "o circo", "a volta ao mundo", "a máquina do tempo", "eureka, a ciencia" ... desta volta tócalle o turno a "Master Chof, escola de chefs". Todas as propostas estarán enmarcadas dentro dese paraugas temático, e evidentemente faremos moitas actividades de cociña.

As intencións principais deste tipo de programas é ofrecer unha alternativa de lecer ás mozas e mozos con discapacidade, así como traballar cara a súa capacitación para acadar unha maior autonomía nas súas vidas, e camiñar cara unha normaliación.

Asi mesmo tamén sirve de "respiro" para as familias e persoas coidadoras, que durante dez días descansan de tales labores.

DINAMO está especialiazada en todo tipo de propostas de lecer para o colectivo de persoas con discapacidade.



viernes, 25 de julio de 2014

DINAMO dálle a benvida a unha nova etapa

A enerxía nin se crea, nin se destrúe: transfórmase... E Dinamo, que sempre respectou as leis da física, tamén se transforma.

Dende este verán DINAMO entra nunha nova e ilusionante etapa na que Pedro Brandariz queda ós mandos do proxecto, mentres que Felipe Díaz “Caxoto”  se mantén como estreito colaborador dende a súa Trastenda dos Contos.

Entramos nesta etapa con moita ilusión, sendo conscientes de que seguimos contando co empuxe de toda a xente que nos apoiou dende o principio.

8 anos despois queremos darvos as grazas pola vosa confianza e agardamos que os vindeiros anos sexan igual de estimulantes. 

domingo, 25 de mayo de 2014

DINAMO ofrece unha manchea de actividades para o Fin de Curso

Chega o final do curso e son moitos os centros educativos, asociacións de nais e pais... os que celebran actividades lúdicas para pechar o período lectivo. 

Festas, obradoiros, espectáculos, excursións, sesións de xogos, animacións musicais... son algunhas das iniciativas máis demandadas, e que dende DINAMO incluimos na nosa Proposta de Actividades para o Fin de Curso.

Dende as propostas máis sinxelas como un contacontos ata unha gran festa con inchables e animación musical. Ofrecemos todo tipo de solucións ás demandas e circunstancias de cada colexio, de cada Anpa, de cada centro...

Se queres recibir o noso Catálogo de Actividades podes pedilo no 647.488.688 ou dinamo@dinamoxestion.com


jueves, 22 de mayo de 2014

"E ti cantas nais tés?" Contacontos contra a Homofobia e a Transfobia, nos Centros Cívicos da Coruña, a cargo de DINAMOteatro

O pasado 17 de Maio celebrouse o Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia e dende a Concellería de Servizos Sociais do Concello da Coruña organízase un amplo Programa de Actividades.

Dentro dese programa unha parte importante son os Contacontos "E ti cantas nais tés?", contacontos de prevención da homofobia e a transfobia. 

As sesións de contacontos son interpretadas pola equipa de DINAMOteatro, concretamente por Felipe Díaz "Caxoto" e Pedro Brandariz. 

Os contacontos desenvolvense nos diferentes centros cívicos da Coruña. E as datas son as seguintes:

Centro

Maio
Hora
Castrillón
15, xoves
18:00-19:00
Rosales
19, luns
18:00-19:00
Monte Alto
20, martes
17:00-18:00
Os Mallos
21, mércoes
18:00-19:00
Elviña
22, xoves
18:00:19:00
Santa Margarita
23, vernes
17:30-18:30
Monelos
24, sábado
11.30-12:30
Eirís
26, luns
18.00-19:00
Labañou
27, martes
18.00-19:00
San Diego
28, mércores
18:00-19:00
Palavea
29, xoves
19:00-20:00
Mesoiro
30, venres
18:00-19:00
Novoboandanza
31, sábado
17:30-18:30




jueves, 15 de mayo de 2014

DINAMO xestiona o Planet Club, un programa de lecer xuvenil dos Concellos de Pontedeume e Cabanas

Dende o ano 2008 a equipa educativa de DINAMO xestiona o espazo de lecer xuvenil Planet Club, situado no concello de Pontedeume, aínda que o programa beneficia a mozas e mozos dos concellos de Pontedeume e Cabanas, por iso os dous concellos están implicados na financiación.

O Planet Club é un programa de servizos e actividades para a mocidade que se desenvolve todos os sábados de 18:00 a 22:00. Xogos, obradoiros, actividades formativas, festas... son algunhas das actividades que se propoñen semanalmente.

DINAMO está especializado na xestión de espazos de lecer para a mocidade, como o Planet Club de Pontedeume, o Centro de Lecer Xuvenil Portaberta en Oleiros...



martes, 29 de abril de 2014

DINAMO presenta a súa Proposta de Actividades para as Letras Galegas 2014

Como todos os anos, por estas datas a equipa educativa de DINAMO presenta a Proposta de Actividades para as Letras Galegas, 

Trátase dunha serie de propostas educativas, lúdicas e escénicas que teñen como obxectivo potenciar o uso do galego, fomentar a animación á lectura e dar a coñecer a figura homenaxeada neste ano, Xosé María Díaz Castro. 

En moitos concellos, centros educativos, asociacións e outros colectivos celebran arredor da data do 17 de Maio diversas actividades para potenciar a lingua galega e a súa literatura. 

Dende DINAMO ofrecemos actividades moi variadas para celebrar o 17 de Maio, dende xogos, xincanas e obradoiros temáticos, ata contacontos, monólogos, espectáculos, concertos, charlas... todo co obxectivo de facilitar a planificación deste tipo de actividades ás entidades organizadoras.

A "proposta estrela" deste ano é o espectáculo "Díaz Castro, o tradutor" un monólogo cómico a partir dos poemas de Nimbos, de Xosé María Díaz Castro.

Se queres recibir a nosa proposta de actividades ou máis información sobre os nosos servizos tan só tes que chamar ó 647.488.688 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com




lunes, 28 de abril de 2014

Xira de Radio Torreiro, de DINAMOteatro

O espectáculo Radio Torreiro, creado pola compañía DINAMOteatro presenta xira nesta primavera de 2014.

Trátase dun espectáculo cómico, protagonizado por Felipe Díaz "Caxoto" e Pedro Brandariz. Un espectáculo sobre as festas, celebracións populares, e outros eventos que marcan a cultura e a forma de ser das galegas e galegos.

As vindeiras datas de representación serán:

Sábado 3 de Maio. 22:00. En La Tuerka 27. A Coruña

Sábado 24 de Maio. Teatro da Beneficencia. Ortigueira.

Venres 22 de Agosto. Miño.

O Espectáculo

“Radio Torreiro” é unha emisora radiofónica, e en cada función teatral faise unha emisión en directo co público como protagonista, e único receptor.

Esta emisora tan particular é temática: encárgase de recoller toda a información vencellada coas festas, verbenas, romarías e demáis celebracións populares que poboan Galicia durante todo o ano.

Os actores irán debullando os diferentes programas da grella onde se irán recollendo as escenas máis cómicas das festas: os bailes da sesión vermouth, as encherolas das festas, as repichocas das verbenas, as incómodas situacións á hora de pedir para a festa… Todo dende un punto de vista humorístico e mordaz que provocará as gargalladas do público.

A compañía

Felipe Díaz “Caxoto” e Pedro Brandariz conforman a compañía escénica DINAMOteatro, dende o ano 2006. Especializados en espectáculos cómicos DINAMOteatro utiliza un humor baseado nas técnicas do clown, da narración oral e sobre todo na improvisación e interacción co público.

Cos seus espectáculos teñen percorrido boa parte da xeografía galega levando as gargalladas alí onde chegan.


domingo, 27 de abril de 2014

CampaPicasso, outra das actividades do Programa de Actividades das Casas Museo da Coruña xestionado por DINAMO

Na pasada Semana Santa a equipa profesional de DINAMO levou a cabo na Casa Picasso da Coruña un pequeno campamento para achegar ás nenas e nenos a figura de Picasso. 


Trátase de actividades lúdicas e de creación artística para nenas e nenos de 4 a 10 anos.

Todas as actividades son gratuitas e realizanse en horario de 11:00 a 13:30.


Esta é unha das actividades dentro do Programa de Visitas e Actividades ás Casas Museo da Coruña, da que resultou concesionaria a empresa DINAMO.





jueves, 24 de abril de 2014

DINAMO imparte un novo Curso de Lingua de Signos en Culleredo

A equipa educativa de DINAMO esta a impartir durante estas dúas últimas semanas de abril un novo Curso de Iniciación á Lingua de Signos Española en Villamelania, instalacións do Concello de Culleredo.

Este tipo de formación é cada vez máis demandada pola sociedade co obxectivo de establecer mellores canles de comunicación con todas as persoas, en concreto as persoas xordas. 

No cursiño de 20 horas adquírense as capacidades básicas para manter unha conversa con persoas xordas, o vocabulario máis importante, as reglas de comunicación primordiais...

Este curso xa é o segundo que se leva a cabo pois na primeira edición quedou moita xente en lista de agarda. A idea do concello é nas vindeiras datas ofrecer un novo curso, desta volta xa de especialización.

Dende DINAMO contamos con persoas cunha formación técnica especializada para impartir este tipo de formación. Se estades interesadas/os en organizar un curso destas características non dubides en chamar ó 647.488.688 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com




miércoles, 23 de abril de 2014

DINAMO desenvolveu un Programa de Educación Vial en Vilarmaior

Durante os pasados meses de febreiro a abril a equipa de DINAMO desenvolveu un Programa de Educación Vial para nenas e nenos de Educación Primaria. 

Cada semana durante dúas horas as cativas e cativos familiarizáronse coas normas de circulación como peóns, as sinais de tráfico, as medidas de precaución. Todo isto cando van andando, en bicicleta, e tamén nos coches como pasaxeiras/os. 

Estes contidos trabállanse dunha maneira moi lúdica e visual, para que supoña unha experiencia divertida e educativa para as nenas e nenos.

Un dos grandes obxectivos é formar cidadáns máis respectuosos coas normas de circulación, pero sobre todo ten unha intención directa e moi actual, protexer a vulnerabilidade das nenas e nenos, que sexan conscientes dos perigos existentes e que adquiran actitudes de prevención dende as idades máis temperás.


viernes, 18 de abril de 2014

DINAMO realizou dous Lip Dub no IES A Pobra do Caramiñal.

A equipa de DINAMO realizou dous lip dub co alumnado do IES A Pobra do Caramiñal dentro do proxecto "21 días co galego" do centro e como parte da iniciativa do Concello da Pobra de Caramiñal de ofrecer actividades de alfabetización tecnolóxica ás mozas e mozos do concello.

Este proxecto terá continuidade coa grabación de curtas por parte do alumnado.

A grabación de curtas, lip dubs e outros proxectos audiovisuais é unha actividade moi exitosa entre a mocidade, por iso dende DINAMO ofrecemos todo tipo de actividades vencelladas co eido audiovisual.








domingo, 6 de abril de 2014

Teatro e Contos pola Igualdade en Abegondo da man de DINAMO

O Concello de Abegondo organiza ao longo de todo o ano multitude de actividades en torno á igualdade de xénero. Moitas delas, como os obradoiros de sensibilización en colexios e institutos son levadas a cabo pola equipa educativa de DINAMO.

Pero no ánimo de innovar e ofrecer ás veciñas/os novas actividades para fomentar a igualdade de xénero, o departamento de Servizos Sociais organizou sesións de contacontos igualitarios para as máis cativas e cativos e a Xornada entre Mulleres para  poboación adulta.

Os contacontos no CEIP San Marcos foron dinamizados pola compañía DINAMOteatro, de igual maneira que a representación do espectáculo "A Familia do Pindirico" na Xornada Entre Mulleres do pasado 3 de Abril.

DINAMOteatro está especializado en espectáculos de carácter educativo, que traballen contidos como a igualdade de xénero e outros valores.



sábado, 22 de marzo de 2014

DINAMO realiza diferentes actividades para conmemorar o 8 de Marzo (Día Internacional das Mulleres)

Nas pasadas xornadas a equipa profesional de DINAMO levou a cabo varias actividades con motivo da conmemoración do 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres. 

O venres 7 de Marzo a cita foi en Arteixo, no Centro Cívico, nun acto do Centro de Información ás Mulleres, cun monólogo de Pedro Brandariz: "O Xénero con Humor", no que o cómico aborda os estereotipos sexistas e o machismo.

O sábado 8 de Marzo, DINAMOteatro chegou ó Concello de Moraña para realizar unha animación teatral co obxectivo de sensibilización da veciñanza. O espectáculo foi "Aníma-T pola Igualdade".

E ademáis de maneira continua durante todo o curso escolar levamos a cabo o Programa Educativo en Igualdade e Prevención de Violencia de Xénero "Somos 2. Eu tamén conto" con todos os centros educativos de ensino secundario da cidade da Coruña. Obradoiros promovidos polo CIM de A Coruña.







jueves, 20 de marzo de 2014

DINAMO impartiu un Curso de Maquillaxe Infantil en Mesía

DINAMO organizou o pasado 3 de marzo un Curso de Maquillaxe Infantil no Concello de Mesía, no que as e os participantes aprenderon as técnicas básicas da maquillaxe, as figuras de "fantasía" máis demandadas polas cativas e cativos, así como diferentes trucos para ganar en rápidez e eficacia.

Traballaron con diferentes materiais e técnicas co obxectivo de, no futuro, poder dinamizar actividades deste tipo con cativas e cativos.

O curso foi promovido pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Mesía e impartido pola equipa profesional de DINAMO. 

Este é un dos cursos monográficos que ofrecemos dende DINAMO. Se queres recibir a nosa Proposta de Cursos Monográficos tan só tes que pedila no 647.488.688 ou en dinamo@dinamoxestion.com










sábado, 15 de marzo de 2014

DINAMO organizou Actividades de Entroido en diferentes concellos

O Entroido sempre é un tempo de festa e tamén de actividades que dende DINAMO organizamos en boa parte da xeografía galega. Estas son algunhas das actividades que levamos a cabo.

Febreiro - Marzo: Obradoiros de Títeres de Entroido nas Bibliotecas de Oleiros.

26 de Febreiro. Obradoiro de Títeres na Biblioteca de Carral.
28 de Febreiro. Monólogo de Entroido de Pedro Brandariz en Moeche.
4 de Marzo. Curso de Maquillaxe en Mesía.
4 de Marzo. Festa Infantil de Entroido do Temple.
5 de Marzo. Festa Infantil de Entroido de Cambre.
5 de Marzo. Festa Infantil de Entroido de Moeche.
8 de Marzo. Presentación e Dinamización do Entroido Pequeno de Cambre.
8 de Marzo: Dinamización do Enterro da Sardiña en Camariñas.
8 de Marzo: Festa Infantil de Entroido en Begonte.


jueves, 13 de marzo de 2014

DINAMO organizou as Festas Infantís de Entroido de Cambre

Nos pasados días de Entroido a equipa profesional de DINAMO organizou e dinamizou sendas festas infantís de Entroido no Concello de Cambre, concretamente nos núcleos poboacionais do Temple e Cambre.

Foron festas multitudinarias onde a participación das cativas/os e dos seus pais e nais foi masiva.

O luns 3 de marzo, a festa foi no Temple e a equipa de DINAMO preparou unha festa repartida en diferentes estacións con probas e divertimentos. E o martes 4, en Cambre, como a afluencia aínda foi maior organizouse unha festa dirixida dende o propio escenario con animación musical, xogos, probas, coreografias, miniespectáculos teatrais...

Ademáis DINAMO tamén participou dunha maneira moi directa no sábado de Entroido, ou Entroido Pequeno pois Pedro Brandariz foi o presentador e dinamizador do concurso de disfraces, comparsas e carrozas da vila de Cambre.

En definitiva un Entroido como o de Cambre, da man de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais.


sábado, 22 de febrero de 2014

DINAMO organiza Obradoiros de Títeres en Entroido nas Bibliotecas de Oleiros

As nenas e nenos de Oleiros poderán participar neste tempo de Entroido en Obradoiros de Creación de Títeres e Monicreques, promovidos polo Sistema de Bibliotecas do Concello de Oleiros e xestionados pola equipa profesional de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais.

Os obradoiros realizaranse nas diferentes bibliotecas do concello, todos os días ás 18:30 e cunha duración de 90 minutos.

As nenas e nenos participantes poderán realizar sinxelos monicreques confeccionados con variñas, pelotas de porexpan, gomaeva, feltro, etc. nun lúdico e divertido obradoiro de manualidades.

As datas de celebración dos obradoiros son as seguintes:

- 18 de febreiro: Biblioteca "Manuel María" de Oleiros (tfno. 981 610 700)
- 24 de febreiro: Biblioteca Central Rialeda de Perillo (tfno. 981 639 511)
- 25 de febreiro: Biblioteca "Federico García Lorca" de Montrove (tfno. 981 639 515)
- 25 de febreiro: Biblioteca "Mª José Trincado" de Mera (tfno. 981 628 507)
- 26 de febreiro: Biblioteca "Xograr Mendiño" de Lorbé (tfno. 981 618 201)
- 27 de febreiro: Biblioteca "Mª José Ruso" de Dorneda (tfno. 981 626 638)
- 28 de febreiro: Biblioteca "Ánxel Fole" de Nós (tfno. 981 664 257)
- 6 de marzo: Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz (tfno. 981 626 338)

Adxuntamos os teléfonos das bibliotecas pois é necesaria a inscrición para participar.