martes, 12 de marzo de 2013

DINAMO leva o espectáculo "O Xénero con Humor" a Pontedeume, Abegondo e Cambre

Con motivo da celebración do 8 de Marzo, o Día Internacional das Mulleres, son moitos os concellos e entidades sociais que levan a cabo actividades de sensibilización da poboación en igualdade de xénero.

Dende DINAMO sempre ofrecemos un amplo catálogo de actividades e iniciativas para dinamizar tal efeméride. Este ano, unha das actividades máis demandada foi o monólogo cómico "O Xénero con Humor", interpretado polo recoñecido actor Pedro Brandariz.

No espectáculo analízanse, dende un punto de vista cómico e humorístico, as conductas machistas que aínda perviven na sociedade actual, os estereotipos sexistas, os roles de xénero diferenciados ... todo co claro obxectivo de que as persoas que participen desta peza teatral reflexionen sobre a súa implicación nas desigualdades de xénero, e sobre todo acadar unha sensibilización cada vez maior na igualdade de xénero real e efectiva entre homes e mulleres.

O espèctáculo vaise representar nas seguintes vilas e datas:

Venres 8 de Marzo. 20:00. Casa da Cultura. Pontedeume.
Xoves 14 de Marzo. 20:00. Restaurante El Pantano. Abegondo,
Venres 15 de Marzo. 18:30. Casa da Xuventude. Casa das Palmeiras. O Temple. Cambre.

Esta é unha das múltiples actividades que DINAMO leva a cabo no eido da igualdade de xénero, actividades das que seguiremos informando neste blogue.




lunes, 11 de marzo de 2013

DINAMO organizou unha Xincana pola Igualdade en Moraña

O pasado venres, 8 de Marzo, foi o Día Internacional das Mulleres e DINAMO levou a cabo múltiples actividades conmemorativas. Unha delas foi unha Xincana pola Igualdade no concello pontevedrés de Moraña.

Durante dúas horas as cativas e cativos divertíronse cunha serie de probas temáticas no eido da igualdade. Desta maneira ademáis de ofrecerlles unha actividade lúdica tamén se traballa na sensibilización en igualdade de xénero, rompendo os estereotipos sexistas, os roles de xénero ...

As probas van encamiñadas cara a consecución de actitudes e aptitudes de corresponsabilidade, sobre todo nas tarefas do fogar. "Non consiste en axudar, senón en repartir" é unha das principales mensaxes que lembraron as cativas e cativos ó finalizar a actividade.