sábado, 13 de diciembre de 2014

DINAMO leva a cabo nos institutos da Coruña o Programa Educativo "Somos 2. Eu tamén conto"

A equipa profesional de DINAMO desenvolve en boa parte dos institutos do municipio da Coruña o Programa Educativo en Igualdade de Xénero "Somos 2. Eu tamén conto",  con mozas e mozos de 3º e 4º da ESO. 

O programa consiste na realización de dúas sesións de traballo arredor das relacións de noivado xuvenil e sobre a desmitificación do "amor romántico". A partir de xogos, dinámicas e exercicios de traballo en común as mozas e mozos participantes fanse conscientes dos perigos que conlevan as desigualdades de xénero.

O programa "Somos 2. Eu tamén conto" é iniciativa do Centro de Información ás Mulleres do Concello da Coruña, e xestionado e levado a cabo por Dinamo Xestión de Actividades Socioculturais SL.

A equipa de Dinamo é especialista no desenvolvemento deste tipo de programas en igualdade de xénero, hábitos saudables, alimentación, prevención de drogodependencias...






jueves, 4 de diciembre de 2014

DINAMO realiza Obradoiros de Alimentación Saudable nos IES de Oleiros

No pasado mes de novembro as alumnas e alumnos de 1º e 2º da ESO do IES Neira Vilas participaron no Programa Educativo “Comida e Saúde”, organizado polo Concello de Oleiros e xestionado e desenvovido pola equipa profesional de Dinamo.

Trátase de actividades en torno a un dos piares básicos da Educación para a Saude: a alimentación, sobre todo nun sector de poboación tan importante como a mocidade.

O obxectivo primordial é o de promover hábitos de vida saudable a nivel físico e e emocional, sentando as bases do benestar nas necesidades reais por riba de presións sociais, mediáticas e de mercado.

Dinámicas de grupo, traballo en equipo, xogos, rollplai, estudo de casos, reflexións e debates, consulta de materiais … son algunhas das actividades que se levaron a cabo nas sesións de traballo coas mozas e mozos.

Este ano o programa dividese en dous bloques temáticos:

-       Vida saudable: para as alumnas e alumnos de 1ºESO.
-       Alimentación e Deporte: para as alumnas e alumnos de 2ºESO

“Comida e Saúde” é tan só un dos múltiples programas educativos que DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL  desenvolve no Concello de Oleiros dos que periódicamente damos conta neste blogue.


martes, 2 de diciembre de 2014

Os Médicos Comédicos de DINAMOteatro estiveron por Ponteceso

O pasado 8 de novembro a compañía DINAMOteatro levou o seu espectáculo "Os Médicos Comédicos" á feira de Ponteceso como parte do Ciclo de Teatro do Concello de Ponteceso, e co obxectivo primordial de promocionar as diferentes actuacións e montaxes que se representaron os sábados á noite no local do Couto.

A través da animación itinerante os actores e actrices provocaron as gargalladas do público e ademáis acadouse un alto grado de difusión do Ciclo de Teatro, da maneira máis efectiva e impactante, a pé de rúa. 

En DINAMO somos especialistas en animacións teatrais, levando personaxes cómicas á rúa, para que interacciones directamente coas veciñas e veciños.

Se queres recibir a nosa Proposta de Animacións Teatrais e Espectáculos chama ó 619.345.100 ou escribe a dinamo@dinamoxestion.com