domingo, 28 de junio de 2015

DINAMO desenvolve o Programa de Envellecemento Activo en Cabanas

Dende o pasado mes de maio a equipa profesional de DINAMO desenvolve o Programa de Envellecemento Activo no Concello de Cabanas. 

Todos os martes de 11:00 a 12:30 un nutrido grupo de persoas maiores participan nunha serie de actividades e obradoiros co obxectivo de fomentar a autonomía persoal e retrasar a dependencia. 

Por unha banda trabállase no proxecto de "Lembrando Cabanas", no que se visitan diferentes puntos emblemáticos  do concello e as e os participantes contan as súas lembranzas e vivencias asociadas a estes lugares.

E por outra banda traballamos a cociña creativa, para que aprendan novas técnicas culinarias e que desenvolven a súa creatividade.

Dende DINAMO levamos a cabo proxectos de intervención coa terceira idade en diferentes concellos e entidades.


domingo, 7 de junio de 2015

DINAMO participa no Programa de Lecer Alternativo "Venres en Sansa"

Durante tres venres de xuño a equipa profesional de DINAMO desenvolverá tres Obradoiros de Cociña dentro do Programa de Lecer Alternativo "Venres en Sansa", organizado polo Concello de San Sadurniño para a mocidade.

"Venres en Sansa" trátase dun programa para fomentar hábitos saudables entre a xuventude e previr condutas nocivas.

A equipa de DINAMO desenvolve neste programa tres Obradoiros de Cociña. As actividades de cociña supoñen unha magnífica oportunidade didáctica para a mocidade, pois apórtalles capacidades e autonomía, trabállase a igualdade de xénero, e foméntase hábitos alimentarios positivos.

Dende DINAMO levamos a cabo moitas actividades de cociña pois gozan de moita participación, sobre todo entre a xente nova. 

Ademáis dende DINAMO levamos todo o necesario para que a entidade organizora non teña que aportar nada. Levamos forno normal, microondas, cociña, potas, cacerolas, tixolas... e evidentemente os ingrediantes.



lunes, 1 de junio de 2015

DINAMO xestiona o Centro de Lecer Xuvenil Portaberta

Un dos proxectos fundamentais e estruturais de DINAMO é a xestión, atención e programación do Centro de Lecer Xuvenil Portaberta, dependente do Concello de Oleiros. Trátaase dun centro de ocio para mozas e mozos de 12 a 18 anos e está situado na vila de Santa Cruz.

No centro as usuarias/os teñen á súa disposición unhas magníficas instalacións con salas de esparecemento, salas de traballo, salas de ordenadores, equipamentos lúdicos, recursos xuvenís... para que poidan disfrutar do se tempo de lecer dun xeito educativo. 

A equipa de DINAMO atende o centro xuvenil e ademáis programa unha manchea de actividades e iniciativas para as mozas e mozos, eleborando programacións semanais atractivas para a xuventude.

E os servizos non rematan aquí, pois o centro tamén funciona como Punto de Información Xuvenil e presta asesoramento integral á mocidade: afectivo-sexual, social, académico, laboral...

DINAMO leva xa oito anos xestionando Portaberta e recentemente acaba de resultar adxudicatario por dous anos máis. 

A intervención socioeducativa na mocidade é un dos piares fundamentais do traballo que facemos dende DINAMO, e por iso este é un proxecto fundamental.