jueves, 21 de mayo de 2015

DINAMO celebra o Día dos Museos nas Casas Museo do Concello da Coruña

O pasado 16 de maio a equipa de DINAMO desenvolveu un amplísimo programa de actividades para celebrar o Día dos Museos nas diferentes Casas Museo da cidade da Coruña. 

A xornada comezou cunha "animación zanqueira" entre a Praza de Pontevedra e a Praza de España, que tiña como obxectivo dar a coñecer o programa de actividades. 

Xa pola tarde ás 17:30 tivo lugar a actuación do Mago Charlangas na Casa Museo Picasso, ás 18:00 a "Caravana dos Xogos Populares" chegou ó entorno da Casa Museo de María Pita, e ás 19:30 foi o turno da actuación musical a cargo do Cé Orquesta Pantasma na Casa Museo Casares Quiroga.

Con estas actividades preténdese visibilizar ás Casas Museo da cidade e dinamizar estes espazos, así como achegalos ás cativas e cativos. 

DINAMO xestiona dende hai dous anos as visitas e actividades das diferentes Casas Museos do Concello da Coruña. 


miércoles, 20 de mayo de 2015

DINAMOteatro animou a Feira Mariñeira de Fisterra

A equipa escénica de DINAMOteatro realizou o pasado sábado 9 de maio varios pases da súa animación teatral na Feira Mariñeira de Fisterra. Nestas animacións teatrais prima a interacción directa co público viandante, utilizando recursos cómicos, que fan que a visita ó mercado mariñeiro sexa máis agradable e divertido.

En DINAMOteatro estamos especializados no desenvolvemento de animacións teatrais itinerantes para dinamizar todo de eventos sociais. Temos tanto a "animación medieval" como foi neste caso, como outras moitas temáticas específicas.

A actividade foi realizada a través da mediación de Culturactiva S.Coop.




martes, 19 de mayo de 2015

DINAMO desenvolve o Club de Ocio para Persoas con Discapacidade

Dende o pasado mes de abril e ata finais de xuño a equipa de DINAMO desenvolve a actividade "Club de Ocio" dirixido a persoas con discapacidade intelectual maiores de 16 anos.
Todos os sábados de 16:30 a 20:30 o grupo de mozas e mozos participa en diferentes actividades creativas, físico-deportivas e no no eido das novas tecnoloxías. 
Trátase de realizar actividades que potencien a normalización das persoas con discapacidade, favorecendo a súa autonomía e independencia persoal.
As actividades realízanse no novo Centro Cívico da Cidade Vella e están promovidas polo Departamento de Servizos Sociais do Concello da Coruña. 


viernes, 8 de mayo de 2015

DINAMO desenvolve diversas actividades no Centro Cívico da Cidade Vella (A Coruña)

Dende o pasado mes de abril a equipa de traballo de DINAMO desenvolve diversas actividades no Centro Cívico da Cidade Vella, no Concello da Coruña, máis concretamente para nenas/os e mozas/os.

Algunhas das actividades son as seguintes:

- Apoio Escolar
- Baile Moderno
- Aerobic Latino
- Debuxo Artístico
- Rincón do Xogo
- Club de Ocio

Trátase dun programa de actividades que ten como obxectivo dar a coñecer o centro cívico e promocionar a participación no mesmo, xa que é un centro de recente creación.