viernes, 28 de octubre de 2011

DINAMO participa nos Cursos de Voluntariado do Concello de Cambre


O próximo sábado 29 e domingo 30 de outubro celebraranse dous cursos de formación sobre a “Acción Voluntaria” organizados polo Concello de Cambre para as súas e seus voluntarios. Un será de formación básica e outro máis avanzado de formación específica.

Os cursos realizaranse no Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo) pois as xornadas do curso son completas e inclúen a pernocta.

A equipa educativa de DINAMO encargarase das actividades máis lúdicas e de esparcemento, que son tan importantes como as propiamente formativas.

A convivencia nun albergue durante dúas xornadas precisa se momentos de descanso, de desconexión coas actividades formativas, de actividades informais, … e ahí estará a equipa educativa de DINAMO para que a actividade resulte levadeira, pracenteira e sobre todo enriquecedora.


viernes, 21 de octubre de 2011

DINAMO leva a a cabo Obradoiros de Envellecemento Activo en Santa Comba e Pontedeume

A equipa educativa de DINAMO está a organizar actividades de envellecemento activo no Concello de Santa Comba, todos os martes e venres ata final de ano.

Trátase de actividades lúdicas, formativas, saudables, ocupacionais … dende obradoiros manuais ata propostas físicas, pasando por actividades psicomotrices …

E no Concello de Pontedeume tamén DINAMO está levando a cabo actividades para as persoas maiores. Nas poucas semanas deste programa xa se fixeron obradoiros de risoterapia, globoflexia, maquillaxe de efectos …

O envellecemento é un fenómeno que afecta a todas as persoas dunha sociedade, polo que dende as entidades municipais débese abordar como unha necesidade primordial das súas veciñas e veciños.


jueves, 20 de octubre de 2011

DINAMO participa na Hora do Conto de Oleiros


Serán Caxoto Contacontos e Pedro Brandariz os que representen a DINAMO no Programa de Animación á Lectura “A Hora do Conto” no sistema de Bibliotecas do Concello de Oleiros.

Este programa leva a cabo sesións de contacontos en todas as bibliotecas do concello para nenas e nenos menores de 10 anos.

Nestas sesións participan grandes narradoras/es orais de Galicia e entre elas/os Caxoto Contacontos e Pedro Brandariz.

Algunhas das vindeiras datas son as seguintes:

Venres 21 de Outubro, 18:30 Biblioteca de Nós (Caxoto Contacontos)
Mércores 26 de Outubro, 18:30 Biblioteca de Santa Cruz (Caxoto Contacontos)
Xoves 27 de Outubro, 18:30 Biblioteca Central de Rialeda (Pedro Brandariz)
Mércores 2 de Novembro, 18:30 Biblioteca de Santa Cruz (Pedro Brandariz)
Venres 10 de Novembro, 18:30 Biblioteca de Mera (Caxoto Contacontos)
Martes 15 de Novembro, 18:30 Biblioteca de Oleiros (Caxoto Contacontos)
Martes 22 de Novembro, 18:30 Biblioteca de Montrove (Caxoto Contacontos)
Xoves 24 de Novembro, 18:30 Biblioteca Central de Rialeda (Caxoto Contacontos)


martes, 18 de octubre de 2011

DINAMO presenta unha Proposta de Actividades para o Magosto e o Samain



Cada ano, por estas datas de Outono chega o tempo dos Magostos, e tamén as celebracións do Samaín (ou noite de Santos), que cada vez gozan de maior participación.

Dende DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais presentamos unha ampla proposta de actividades para dinamizar este tipo de celebracións.

As propostas que van dende o lúdico e festivo, ata o formativo pasando polas escénicas, teñen como obxectivo primordial contribuir ó mantemento e recuperación de tradicións tan ancestrais como o Magosto e o Samaín .

Ademais das intencións acerca de conservar as tradicións as actividades sirven para dinamizar socioculturalmente á comunidade.

Dento da proposta hai actividades para todas as idades (xerais e específicas), as cales pódense levar a cabo en concellos, centros de ensino, asociacións ….

Se queredes o Catálogo de Actividades para o Magosto e o Samain podedes solicitalo no correo dinamo@dinamoxestion.com ou chamando ó 647.488.688




lunes, 17 de octubre de 2011

DINAMO leva a cabo os Obradoiros de BÓ TRATO nos IES de Cambre


DINAMO leva a cabo os Obradoiros de Bó Trato nos IES de Cambre

Dende hoxe 17 de outubro desenvolvense nos centros de ensino secundario de Cambre  os Obradoiros de Bó Trato, por iniciativa do Concello de Cambre e coa xestión de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais.

Neste Programa de Prevención da Violencia de Xénera participarán todas as aulas de 1º e 2º Curso da ESO (Educación Secundaria Obligatoria) dos dous institutos do concello de Cambre: IES David Buján (Sigrás) e IES Alfonfo X O Sabio (A Barcala).

Cada aula-grupo participante traballará na perspectiva de xénero e prevención da violencia de xénero durante 6 sesións de 50 minutos.  Ademais recibirán formación na técnica aufiovisual, pois crearán pequenos guións para un concurso de curtas sobre o tema. Os guións gañadores terán a oportunidade de ser gravados.

De feito a gravación e proxección das curtas será unha das accións máis importante do programa.
Ademais o Programa de Prevención da Violencia de Xénero estará complementado con outras actividades das que daremos conta, edición de materiais promocionais, …


viernes, 14 de octubre de 2011

Comeza de novo o servizo do Planet Club de Pontedeume, xestionado por DINAMO


Este sábado 15 de outubro retómase a actividade dentro do programa de lecer alternativo “Planet Club” no Concello de Pontedeume, no que poden participar mozas e mozos de 12 a 18 anos.

O programa “Planet Club” desenvolverase todos os sábados ata o remate do ano, en horario de 18 a 22 horas.  As usuarias e usuarios poderán participar nas diferentes actividades semanais que se irán programando (obradoiros, xogos, festas, concertos, actuacións…) 
ademais de utilizar os recursos do propio espazo.

Para a apertura do servizo, o sábado 15 están programadas diferentes actividades festivas: magosto popular, música na Alameda de Pontedeume, obradoiros, videoxogos …

DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL leva dende hai varios anos xestionando este espazo xuvenil para a mocidade, promovido polo Concello de Pontedeume.

DINAMO SL está especializado no desenvolvemento de propostas para a mocidade, e concretamente na xestión de espazos xuvenís, como o Planet Club, Centro de Lecer Portaberta, …

Para máis información podedes chamar ó 647.488.688 ou escribir un correo electrónico a dinamo@dinamoxestion.com


jueves, 13 de octubre de 2011

DINAMO participou nas Xornadas Castrexas de Cambre


O pasado venres 7 de outubro a equipa educativa de DINAMO levou a cabo unha das actividades das “Xornadas Castrexas” organizadas polo Concello de Cambre. Concretamente foi a Visita ó Castro de Elviña (A Coruña) para nenas e nenos.

Durante dúas horas ás cativas e cativos cambreses descubriron un xacemento arqueolóxico de gran importancia como é o Castro de Elviña. A actividade desplazouse ata este lugar para que as pequenas e pequenos comprenderán dunha maneira visual o que era un castro.

A visita foi desenvolvida a partir de xogos, probas e xincanas, sempre guiados pola equipa educativa, o persoal do propio xacemento e incluso o persoal técnico municipal do Concello de Cambre.

Despois desta actividade, o sábado e o domingo continuaron as xornadas, pero xa para público adulto.


miércoles, 5 de octubre de 2011

DINAMO participa na Semana da Lactancia Materna do CIM de Arteixo


Este xoves , 6 de Outubro, no Centro de Maiores de A Baiuca, en Arteixo organízase o acto central da Semana da Lactancia Materna do grupo de aleitamento arteixán Tetola.

A partir das catro da tarde sucederanse diferentes actos, sendo o principal de eles a conferencia impartida por Dº Eva Gonzalez Souto (presidente de ALMA, grupo de apoio á lactancia materna).

Paralelamente as nenas e nenos que asistan participarán en diferentes actividades lúdicas organizadas pola equipa educativa de DINAMO.

E finalmente haberá unha gran merendola para cativas/os e non tan cativas/os.


lunes, 3 de octubre de 2011

DINAMOteatro animou as actividades do Voluntariado de Culleredo


O pasado sábado 1 de outubro a compañía DINAMOteatro dinamizou a Xornada de Actividades do Voluntariado do Concello de Culleredo.

Dende ás 17:00 ata as 20:00 uns superhéroes moi particulares, o “Comando D” interactuou con todas as e os participantes nas actividades así como as e os viandantes e paseantes que había na Praza da Igrexa de Vilaboa.

E despois da animación teatral os nosos superhéroes e superheroínas organizaron e levaron a cabo unha “xincana solidaria” na que pequenas/os e maiores participaron para descubrir as enormes posibilidades do voluntariado.

Esta foi unha das moitas actividades nas que participa o “Comando D” de DINAMOteatro. Se queres máis información podes chamar ó 647.488.688 ou escribir un correo electrónico a dinamo@dinamoxestion.com