jueves, 13 de octubre de 2011

DINAMO participou nas Xornadas Castrexas de Cambre


O pasado venres 7 de outubro a equipa educativa de DINAMO levou a cabo unha das actividades das “Xornadas Castrexas” organizadas polo Concello de Cambre. Concretamente foi a Visita ó Castro de Elviña (A Coruña) para nenas e nenos.

Durante dúas horas ás cativas e cativos cambreses descubriron un xacemento arqueolóxico de gran importancia como é o Castro de Elviña. A actividade desplazouse ata este lugar para que as pequenas e pequenos comprenderán dunha maneira visual o que era un castro.

A visita foi desenvolvida a partir de xogos, probas e xincanas, sempre guiados pola equipa educativa, o persoal do propio xacemento e incluso o persoal técnico municipal do Concello de Cambre.

Despois desta actividade, o sábado e o domingo continuaron as xornadas, pero xa para público adulto.


No hay comentarios:

Publicar un comentario