miércoles, 31 de octubre de 2012

DINAMO estivo de Samaín no IES Espiñeira de Boiro

Este mércores 31 de novembro celébranse en moitos lugares da xeografía galega a festa do Samaín. Por eses motivo en moitos centros educativos e de ensino a mañá do 31 adicárona a actividades temáticas, pero de carácter lúdico.

Ese foi o caso do IES Espiñeira de Boiro, no que as alumnas e alumnos poideron participar en dúas actividades organizadas pola equipa profesional de DINAMO:

- Obradoiro de Cabazas do Samaín.
- Obradoiro de Maquillaxe de Efectos.

Estas son dúas das actividades máis demandadas polas mozas e mozos nestas datas de Samaín.

Pero esta non é a única cita de DINAMO co Samaín, tamén se celebran actividades semellantes no Centro de Lecer Xuvenil Portaberta, animacións e pasadizos de terror en casas rurais ... das que iremos dando conta neste blogue.


martes, 30 de octubre de 2012

DINAMO organiza varias das actividades de NOCTURNIA

Dende a semana pasada botou a andar unha nova edición de Nocturnia, o programa de lecer alternativo para a mocidade. Durante os meses de outubro, novembro e decembro a mocidade coruñesa pode participar nunha manchea de actividades, propostas e iniciativas.

Dende DINAMO organizamos varias das actividades que forman parte do programa:
- Obradoiro de Maquillaxe de Efectos (26 de Outubro): dinamizado por Lorena Cambón
- Obradoiro de Meiguiñas (2 de Novembro): dinamizado por Felipe Díaz Caxoto
- Obradoiro de Clown (2 e 16 de Novembro): dinamizado por Pedro Brandariz
- Obradoiro de Contacontos (1 e 15 de Decembro): dinamizado por Felipe Díaz Caxoto

Para participar nas actividades é necesario inscribirse na páxina www.coruna.es/nex. Para as actividades de novembro xa está aberto o prazo de inscrición.

A equipa profesional de DINAMO está especializada en actividades para a xuventude, programas xuvenis ...




lunes, 29 de octubre de 2012

Moitas risas en Arzúa con DINAMOteatro

O pasado domingo a compañía DINAMOteatro representou o espectáculo "Radio Torreiro" no Local Social de Burres en Arzúa. 

Felipe Díaz "Caxoto" e Pedro Brandariz protagonizan un espectáculo que ofrece unha análise humorística das festas galegas, das celebracións populares, das costumes ...

Durante 90 minutos os actores van enfiando un conxunto de esceas, a cada cal máis hilarante, nas que o público se ve identificado.

O que ven as espectadoras e espectadores é a gravación dun programa de radio, con bloques de titulares, programas de investigación, testemuñas, seccións musicais, deportivas ... todas elas moi, moi cómicas.

A actuación foi promovida pola Concellería de Cultura do Concello de Arzúa e a resposta por parte do público foi moi positiva.



viernes, 26 de octubre de 2012

DINAMO organiza un Magosto en Cambre para persoas con Diversidade Funcional

A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Cambre organiza, a través de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais, un magosto para persoas con diversidade funcional.

Hoxe venres 26 de Outubro, a partir das cinco da tarde, unha veintena de mozas e mozos participarán nunha manchea de actividades en torno ó Magosto: asado de castañas, obradoiros, xogos populares, ...

Esta actividade está dentro dun plan de colaboración do Concello de Cambre cos colectivos de persoas con diversidade funcional.


jueves, 25 de octubre de 2012

DINAMO leva a cabo os Obradoiros de Bó Trato nos institutos de Cambre

Durante os meses de outubro e novembro a equipa profesional de DINAMO está a levar a cabo os Obradoiros de Bó Trato dentro da Campaña de Prevención, Sensibilización e Concienciación contra a Violencia de Xénero do Concello de Cambre.

Os obradoiros educativos desénvolvense con todos os grupos do segundo curso da ESO (Educación Secundaria Obligatoria) dos centros de ensino secundario do concello cambrés, tanto o Alfonso X O Sabio (A Barcala) como o David Buján (Sigrás). 

Cada grupo / aula participa en seis sesións de traballo de 50 minutos no que se traballan os estereotipos de xénero, roles, funcións, tipoloxía das discriminacións, causas e consecuencias da violencia de xénero, prevención, corresponsabilidade ...

As seis sesións concluirán cun concurso de "guións de curtametraxes" das que os dous mellores gravaranse de maneira profesional, e que serán presentadas arredor do día 25 de Novembro (Día Internacional contra a Violencia de Xénero)


martes, 9 de octubre de 2012

Aqui tedes a Proposta de Actividades para o Magosto e o Samaín de DINAMO

Coa chegada do Outono dende DINAMO damos a coñecer a nosa Proposta de Actividades para o Tempo dos Magostos e o Samaín.

Trátase dun amplo catálogo de posibilidades para que concellos, asociacións, centros educativos, grupos ... celebren dúas das tradicións máis senlleiras da cultura galega como son os magostos e a noite de Samaín.

Dende obradoiros de cabazas ou actividades de animación para as máis cativas e cativos ata grandes eventos para a xente adulta: magosto con actuacións musicais, espectáculos teatrais, concertos ... conforman a nosa proposta de iniciativas para todos os públicos.

E evidentemente ofrécese o magosto en sí mesmo: o asado de castañas para todas as e os participantes.

Se queredes recibir a nosa proposta, así como un orzamento personalizado podedes solicitalos no 647.488.688 ou escribir un correo electrónico a dinamo@dinamoxestion.com




lunes, 1 de octubre de 2012

DINAMO impartiu un Obradoiro de Risoterapia na Asociación Fraga das Saímas

O pasado sábado 29 de setembro DINAMO organizou un Obradoiro de Risoterapia en Boimente, Viveiro. O obradoiro xurdiu da iniciativa da Asociación de Mulleres Rurais Fraga das Saímas.

30 persoas de todas as idades participaron nun obradoiro dinamizado por Pedro Brandariz de 17 a 20 horas, no cal se traballaron as principais dinámicas e exercicios da Risoterapia.

A actividade encádrase dentro do programa "Veladas" que tenta xuntar e dinamizar a toda a veciñanza de Boimente e de Viveiro.