sábado, 26 de mayo de 2012

DINAMOteatro chega a Valdoviño co seu espectáculo "Ás Andadas 2.0"


DINAMOteatro chega a Valdoviño co seu espectáculo “Ás Andadas 2.0”
O vindeiro domingo  27 de maio a compañía teatral DINAMOteatro presenta na Casa da Cultura de Valdoviño a montaxe teatral  “Ás Andadas. 2.0”.
Trátase dun espectáculo moi dinámico, no que dou actores” presentan diferentes historias, vencelladas todas elas, ás festas populares, ás verbenas, ás romarias … e todo o que teña que ver co carácter festivo das galegas e galegos.
E todos os scketchs están organizados baixo un fío condutor moi especial:  unha emisora de radio.
Felipe Díaz “Caxoto” e Pedro Brandariz son os protagonistas desta montaxe humorística, que  neste verán percorrerá varias vilas galegas.
Para máis información podedes chamar ó 647.488.688 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com


miércoles, 16 de mayo de 2012

Todas as citas de DINAMO coas Letras Galegas

Como todos os anos, o 17 de Maio, a equipa profesional de DINAMO leva a cabo unha serie de actividades en concellos e outras entidades para celebrar o Día das Letras Galegas.

Trátase de actividades destinadas a dar a coñecer a figura homenaxeada (este ano é Valentín Paz Andrade), fomentar o uso da lingua galega e promocionar a lectura en galego.

Desta volta as actividades organizadas son as seguintes:

Xoves 17 de Maio "Xincana de Xogos Populares + Obradoiro de Chapas" no Concello de Cee, a partir das 16:30.

Xoves 17 de Maio. "Recital Poético (A Porta Verde do Sétimo Andar + Monólogo de Pedro Brandariz)" no Concello de Fisterra, a partir das 17:00.

Sábado 19 de Maio. "Xincana de Xogos Populares + Contacontos de Caxoto" no Concello de Cambre", a partir das 17:00.



lunes, 14 de mayo de 2012

DINAMO participou na difusión do evento de "Os Bolechas" na Coruña

O pasado venres, a equipa profesional de DINAMO levou a cabo tarefas de comunicación activa difundindo o evento dos "Bolechas na Coruña" por todos os centros educativos de Educación Primaria do Concello da Coruña. 

Ademáis a compañía DINAMOteatro estivo o venres pola tarde no Obelisco dando a coñecer o evento a todas as cativas e cativos que por alí pasaron.

Grazas a estas e outras accións o evento tivo un gran poder de convocatoria. O espectáculo de "Os Bolechas" foi promovido pola Deputación da Coruña, pola Secretaría Xeral de Política Lingüistica da Xunta de Galicia e polo propio Concello da Coruña.

Dende DINAMO levamos a cabo multitude de proxectos de "comunicación ou difusión activa" dando a coñecer calquera tipo de evento, acción ou produto dunha maneira teatral, diferente e sobre todo impactante.


viernes, 11 de mayo de 2012

DINAMO leva á FNAC "Arte e Party"

No mes de maio a equipa educativa de DINAMO desenvolve unha serie de obradoiros artísticos na tenda FNAC da Coruña, baixo o nome de "Arte e Party".


Nestas actividades que se realizan os venres pola tarde as cativas e cativos achéganse ás grandes obras artísticas de todos os tempos (pintura, escultura ...) a través de divertidas dinámicas, xogos e actividades manuais.


Traballarán coa obra de artistas como: Van Gohg, Andy Warhol, Gaudí, Dalí, Laxeiro, Leonardo Da Vinci, ...


Estas actividades forman parte do Club Fnac Junior que ofrece actividades para as máis cativas e cativos nas fin de semana.






miércoles, 9 de mayo de 2012

DINAMOteatro levou "Unha de vaqueiros" á Romería de Bréamo en Pontedeume

O pasado martes 8 de maio a compañía DINAMOteatro levou o seu espectáculo itinerante "Unha de Vaqueiros" ás rúas de Pontedeume, co gallo da celebración da Romería Popular de Bréamo. 

Consistiu nun "pasarúas teatral" no que tres actores da compañía interactuaron con todas as persoas que subirón ó Monte Bréamo, sobre todo coa poboación xuvenil. De feito esta acción estivo promovida polo Concello de Pontedeume para concienciar á xente moza en actitudes saudables e respectuosas coa propia contorna natural.

Este proxecto que se leva realizando dende hai varios anos recibe o nome de "Bréamo Limpo" e ten como obxectivo primordial minimizar o impacto ambiental da festa no monte, sobre todo por parte da xuventude.

Esta acción non é algo illado, senón que forma parte da intervención do Concello de Pontedeume e de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais coa mocidade, a través do Programa Planet Club.



lunes, 7 de mayo de 2012

DINAMO desenvolve Obradoiros de Habilidades Sociais e Intelixencia Emocional en Santa Comba

Durante os meses de maio e xuño a equipa educativa de DINAMO desenvolverá no IES Terra do Xallas unha serie de obradoiros de Habilidades Sociais e Intelixencia Emocional con mozas e mozos da ESO (Educación Secundaria Obrigatoria).

Durante catro sesións de traballo con cada grupo as e os participantes aprenderán as capacidades básicas para socializar, para integrarse nos seus grupos, para resolver os conflitos dunha maneira pacífica, e sobre todo descubrirán a necesidade de respectar os dereitos das demáis persoas así como facer valer os propios con actitudes asertivas e de escoita activa.

O proxecto está impulsado polo Concello de Santa Comba e coa colaboración co IES Terra do Xallas. E as actividades estarán dinamizadas por unha psicóloga especialista no eido da Intelixencia Emocional.

DINAMO leva a cabo múltiples programas educativos para o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria. Algúns deles versan sobre: igualdade de xénero, prevención de drogodependencias, educación sexual e afectiva ...



miércoles, 2 de mayo de 2012

DINAMO presenta as súas propostas para o 17 de Maio,Día das Letras Galegas

Como cada ano Maio é o mes das letras, o mes das Letras Galegas, e o panorama cultural e literario actívase dunha maneira totalmente marabillosa.

Concellos, centros educativos, asociacións, colectivos e outras entidades organizan unha manchea de iniciativas para celebrar o 17 de Maio, o día das Letras Galegas, para lembrarnos da gran riqueza que supón ter unha lingua e unha literatura galegas.

Dende DINAMO presentamos un amplo catálogo de propostas para levar a cabo na conmemoración do 17 de Maio. Propostas literarias, lúdicas, de animación á lectura, didácticas, festivas ... para todos os públicos: tanto para as máis cativas e cativos, como para as nosas avoas e avós ... para toda a sociedade.

Teatro, xogos, contacontos, repichocas poéticas, concertos ... son actividades que se levarán a cabo para lembrar que a figura homenaxeada nese 2012 é Valentín Paz Andrade. E tamén daremos a coñecer que todo o ano 2012 foi declarado Ano Celso Emilio Ferreiro.

Se queredes recibir o noso catálogo de propostas para o 17 de Maio só tedes que solicitalo no 647.488.688 ou escribindo un correo electrónico a dinamo@dinamoxestion.com

En poucos días daremos a coñecer o programa de actividades que DINAMO levará a cabo en diferentes concellos de Galicia (Cambre, Fisterra, Cee ...).