viernes, 25 de diciembre de 2015

DINAMO organiza boa parte das actividades do Nadal en Culleredo

A equipa profesional de DINAMO organiza boa parte das actividades do Programa Nadal en Culleredo, que ten como obxectivo dinamizar as rúas e as zonas comerciais nas datas festivas do Nadal.

Nestas datas o Concello de Culleredo organizou un amplo e extenso programa de actividades, das que DINAMO xestionou as seguintes:

- ANIMACIÓNS DE RÚA NO NADAL: con música en directo. Luns 21, Martes 22, Mércores 23, Luns 28, Martes 29, Mércores 30. De 18:00 a 20:00.

- OBRADOIROS DE NADAL: galletas de Nadal, gominolas de Nadal, manualidades de Nadal, complementos de Nadal...  Luns 21, Martes 22, Mércores 23, Luns 28, Martes 29, Mércores 30. De 18:00 a 20:00. Villa Melania e Fonteculler.

- VISITA DE PAPA NOEL: 23 de Decembto. Villa Melania e Praza Europa.

sábado, 19 de diciembre de 2015

DINAMO organizou a Festa de Nadal no Concello de Moeche

Este sábado 19 de decembro a equipa profesional de DINAMO organizou a Festa Infantil de Moeche.

As pícaras e pícaros desfrutaron dunha manchea de actividades como hinchables, xogos populares, obradoiros de maquillaxe e globoflexia, grandes xogos, música, bailes e coreografías... e sobre todo da visita de Papa Noel.

Ademáis as nenas e nenos recibiron moitos agasallos, gorros de Papa Noel, chuches...

Está é unha das moitas actividades que dende DINAMO organizamos na época de Nadal: festas, obradoiros, contacontos, visitas do Apalpador, Papa Noel, e Reis Magos, animación de rúa...

domingo, 13 de diciembre de 2015

DINAMO levou a cabo Obradoiros de Xoguetes non Sexistas en Narón

Nestas datas onde o consumismo se dispara, e comezamos a mercar todos os agasallos de Nadal, o Concello de Narón, quixo a través da equipa de DINAMO, realizar varios Obradoiros de Xoguetes non Sexistas nos diferentes grupos das Escolas de Nais e País que xestiona a entidade municipal.

Nestes obradoiros analizouse o gran poder que teñen os medios de comunicación na determinación de necesidades das cativas e cativos, así como da efectiva transmisión de valores machistas, a través dos anuncios dos xoguetes, dos catálogos das grandes cadeas comerciais...

As nais e país participantes descubriron como dende a máis tenra infancia influenciamos ás cativas e cativos, e transmitimos esterotipos e roles sexistas.

Ofrecemos una serie de ferramentas para escoller os xoguetes máis axeitados, concluindo de igual modo que non hai xoguetes para nenas e xoguetes para nenos, senón que depende moito da nosa actitude e exemplo o uso que as pequeñas e pequenos fagan deles.

Os obradoiros de xoguetes non sexistas forman parte da Programación de Actividades de Nadal de DINAMO, que ademáis de propostas lúdicas e festivas tamén recolle actividades formativas e de compromiso social.