viernes, 19 de julio de 2019

DINAMO levou a cabo un Scape Room nas Casas Museo da Coruña para celebrar o Día dos Museos

O pasado 18 de maio a equipa profesional de DINAMO levou a cabo un extenso programa de actividades nas Casas Museo para celebrar o Día Internacional dos Museos.

Unha das actividades máis novidosas desta edición foi o Scape Room que organizamos nas Casas Museo de Picasso, de María Pita e de Casares Quiroga. As e os participantes tiveron que superar diferentes probas, atopar obxectos agochados, descifrar enigmas e acertixos para poder ir pasando dunha estancia a outra e desta maneira descubrir os fogares onde viviron tan insignes veciñas/os.

Pero esta non foi a única actividade do Día Internacional dos Museos, senón que tamén se relaizaron contacontos, espectáculos na rúas e concertos, ademáis da entrega de material divulgativos como as tan demandadas chapas


Dende DINAMO levamos a cabo as visitas guiadas e actividades a estas tres Casas Museo, xestionadas polo Concello da Coruña. A nosa equipa profesional está especializada en actividades didácticas para museos e outras entidades sociais.




jueves, 18 de julio de 2019

DINAMO leva a cabo diferentes actividades do Programa de Lecer Saudable do Concello da Coruña

Nos meses de Xullo e Agosto a equipa profesional de DINAMO está levando a cabo diferentes actividades coa mocidade nos centros cívicos da Coruña.

Trátase de pequenos obradoiros enmarcados dentro das acción dos Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade.

As actividades que xestionamos e executamos dende DINAMO son as seguintes:

Cociña de Supervivencia para Principiantes: Centro Cívico de San Diego.
Cociñas do Mundo: Centro Cívico de Mariñeiros e Centro Cívico de Monelos.
Cociña da Avoa: Centro Cívico de Palavea, Centro Cívico de Mesoiro, Centro Cívico de Novoandanza
Iniciación a YouTube: Centro Cívico de Labañou, Centro Cívico de Monelos, Centro Cívico de Monte Alto. 

domingo, 14 de julio de 2019

DINAMO leva a cabo a Escola de Verán en Consumo da OMIC

Durante este mes de xullo a equipa profesional de DINAMO está desenvolvendo o Programa Educativo "Escola de Verán en Consumo", organizado pola Oficina de Información ás Persoas Consumidoras. 

Oitenta nenas e nenos de idades comprendidas entre 4 e 10 anos participan nun amplo programa de actividades, organizadas en dúas quendas, correspondentes á primeira e á segunda quincena de xullo.

As nenas e nenos realizan obradoiros lúdicos, sesións de xogos, visitas e saídas temáticas, xincanas… básicamente unha extensa programación entorno ás ideas do consumo responsable, do uso racional das novas tecnoloxías...


martes, 2 de julio de 2019

DINAMO levou a cabo unha Xincana pola Igualdade en Moeche

O pasado 29 de Xuño a equipa profesional de DINAMO organizou unha Xincana pola Igualdade no Mercado de Moeche, na que as nenas e nenos participantes aprenderon a detectar estereotipos de xénero, micromachismos e conductas non igualitarias, co obxectivo de una vez identificadas poder axudar a previr que se produzan na vida real. 

A xincana temática está conformada por probas lúdico-didácticas que resultan moi atractivas para as cativas e cativos. Dende DINAMO organizamos numerosas xincanas en igualdade de xénero en moitos concellos, centros educativos, entidades sociais…