lunes, 28 de noviembre de 2011

DINAMO participa nos Actos de Conmemoración do 25 de Novembro en Pontedeume


Como cada ano o Concello de Pontedeume conmemorou o 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Foi un dos socios de DINAMO, Felipe Díaz “Caxoto” quen presentou o acto de entrega de premios do IV Certame de Relatos Breves pola Igualdade, que se organiza co obxectivo de sensibilizar na igualdade entre homes e mulleres e previr a violencia de xénero.

O acto celebrouse o propio día 25 de Novembro ás 12:30, sendo precedido polo Acto Central, onde se leu o manifesto de repulsa á violencia machista.


viernes, 25 de noviembre de 2011

DINAMO organizou unha Xincana pola Igualdade en Moeche

Este xoves, 24 de Novembro, a equipa educativa de DINAMO levou a cabo unha “xincana pola igualdade de xénero” no CEIP San Ramón de Moeche, por iniciativa do propio concello.
As alumnas e alumnos tiveron unha mañá atípica, pero por unha boa causa, para amosar a súa repulsa a calquera tipo de violencia e discrimación contra as mulleres.
A xincana contiña unha gran cantidade de probas, dinámicas, xogos, preguntas … todas vencelladas co eido da corresponsabilidade no fogar, coa eliminación de estereotipos e roles sexistas, e sobre todo coa detección e prevención da violencia de xénero.
As “xincanas pola igualdade” é unha actividade que DINAMO realiza en moitos centros educativos ó longo de todo o ano, pois permite concienciar e sensibilizar ás cativas e cativos dunha maneira lúdica e sobre todo didáctica.

jueves, 24 de noviembre de 2011

DINAMO organiza o Acto Central da Campaña de Prevención da Violencia de Xénero do Concello de Cambre

Este xoves, ás 20:00 no Centro Sociocultural do Graxal, o Concello de Cambre leva a cabo o Acto Central da Campaña de Prevención da Violencia de Xénero cun programa de accións multidisplinares.
Neste acto, co que o concello cambrés adiantase ó 25 de Novembro (Día Internacional contra a Violencia de Xénero), as persoas que asistan poderán visionar as curtametraxes guionizadas polas alumnas e alumnos dos IES de Cambre, unha pequena peza teatral sobre o tema da violencia machista, un concerto do músico local Hugo Torreiro e moitas cousas máis.
Desta maneira pechase a campaña municipal de sensibilización que ten por lema “Canto me quere! Canto me quere? Na Violencia de Xénero, un signo basta.  Esta campaña levouse a cabo con diferentes accións:
-          Obradoiros de Bó Trato nos IES de Cambre: actividades educativas e de sensibilización
-          Edición de carteis, folletos, chapas, bolsas co lema e imaxe da campaña.
-          Actuacións teatrais temáticas
-          E o propio acto que se celebra o día 24 de Novembro.

viernes, 18 de noviembre de 2011

DINAMO organiza un Obradoiro de Velas en Begonte


Hoxe venres 18 de Novembro a equipa profesional de DINAMO desenvolverá un Obradoiro de Confección de Velas na Escola Vella de Begonte, por iniciativa da Asociación de Mulleres Rurais do mesmo municipio.

A actividade desenvolverase dende as 16:30 ata as 18:30 e está aberta a toda aquela persoa que estea interesada.

Esta non é a primeira das actividades que DINAMO desenvolve para este colectivo, senón que durante todo ano realizáronse diferentes accións socioculturais.


miércoles, 16 de noviembre de 2011

DINAMO leva a cabo o Programa Educativo "Somos 2. Eu tamén conto" do CIM da Coruña


Nos vindeiros días a equipa educativa comezará a impartir as accións educativas do Programa Educativo en Igualdade e Prevención de Violencia de Xénero “Somos 2. Eu tamén conto”, iniciativa do Centro de Información ás Mulleres do Concello da Coruña.

Serán alumnas e alumnos de numerosos centros de ensino secundario da cidade herculina as e os que participen nos obradoiros educativos.

Nas tres sesións de traballo que se desenvolven con cada grupo-aula, as educadoras/es traballan coas mozas e mozos, sobre os estereotipos de xénero, os roles, o sistema sexo-xénero, o noviazgo saudable, as relacións de parella, o bo trato e o maltrato, a violencia machista, tipos de violencia …

Boa parte das sesións centranse en torno ao 25 de novembro (Día Internacional contra a Violencia Machista), pero como son moitos os centros educativos que solicitan tales actividades, dentro do programa Aprender en Coruña, as sesións exténderanse ó 2º e 3º trimestre do curso.


viernes, 11 de noviembre de 2011

Os Contos de Caxoto recalan na Coruña e en Viveiro

Xa pasou o Samaín, pero aínda queda o mes de San Martiño e moitos Magostos por celebrar e Caxoto Contacontos amenizará coas súas historias e narracións dúas destas xuntanzas festivas.
O venres 11, a cita será ás 13:00 no IES Puga Ramón da Coruña, onde as afortunadas e afortunados serán as alumnas e alumnos de 1º e 2º cursos da ESO.

E o sábado 12, a sesión de contos será na Asociación de Mulleres Rurais Fraga das Saímas, en Boimente (Viveiro). Nesta caso os contos e historias serán para persoas adultas, que tamén teñen dereito a desfrutar dos contos.

En ambos casos as historias que narrará Caxoto serán ambientadas no tempo dos Magostos, do Samaín e do San Martiño, nada mellor para sobrelevar o frío deste tempo.



jueves, 10 de noviembre de 2011

DINAMO imparte os obradoiros do Programa Educativo RSO de Oleiros

Dende o o comezo do mes de novembro a equipa educativa de DINAMO está a desenvolver os obradoiros educativos do Programa “Resposta Sexual Oleiros” organizado pola Concellería de Xuventude e Ensino do Concello de Oleiros. 

As sesións de traballo están destinadas a alumnas e alumnos do 3º Curso da ESO (Educación Secundaria Obligatoria). Son un total de cinco obradoiros por grupo-aula no que traballan sobre a idea dunhas relacións sexuais saudables e enriquecedoras, afondado na educación afectivo-emocional e sexual das mozas e mozos.

As actividades desenvolvense non tres institutos públicos do Concello de Oleiros: IES Miraflores (Oleiros), IES Xosé Neira Vilas (Perillo) e IES María Casares (Bastiagueiro).


lunes, 7 de noviembre de 2011

DINAMO animou a Feira do Mel de Oleiros para as máis cativas e cativos


O pasado domingo, 6 de novembro, celebrouse no Mercado Municipal de Perillo a Feira do Mel de Oleiros, que xa vai pola súa XXII edición.

Na feira ademáis de degustar, mercar unha gran variedade de meles e produtos da terra as e os visitantes poideron participar en numerosas actividades. Pero as máis pequenas e pequenos tiveron actividades específicas para elas e eles.

Durante boa parte da tarde desenvolveronse sesións de xogos, animación musical, pequenos obradoiros, globoflexia … estando todas estas pequenas actividades organizadas pola equipa profesional de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais.

Todas as actividades estiveron ambientadas na temática da producción de mel: as abellas, os panais, as colmeas, os tipos de mel, os beneficios do seu consumo… Desta maneira ademáis de divertirse as nenas e nenos aprenderon cousas moi importantes sobre o mundo das abellas e do mel.


viernes, 4 de noviembre de 2011

DINAMO organiza o Magosto de Corme

Na tarde do 4 de novembro a equipa profesional de DINAMO organiza o magosto popular de Corme. Como en edicións anteriores a partir das 19:00 as veciñas e veciños poderán participar nas diferentes actividades organizadas dentro do magosto.

Ademáis de comer as castañas asadas haberá música tradicional en directo, así como xogos populares para as máis cativas e cativos.

O magosto celebrarase no porto de Corme, concretamente na lonxa (debido ás inclemencias do tempo).

O magosto de Corme goza dunha gran tradición, e todos os anos por estas datas as veciñas e veciños teñen unha cita ineludible coas castañas.

As actividades están organizadas polo Concello de Ponteceso e xestionadas por DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL.


jueves, 3 de noviembre de 2011

Caxoto Contacontos encheu de contos e historias o Teatro Arte Livre de Vigo


A pasada fin de semana as nenas e nenos vigueses poideron participar no espectáculo de narración oral “Contos de medo que deixan durmir” protagonizado por Caxoto Contacontos, membro da compañía DINAMOteatro.

O sábado 29 e o domingo 30 de outubro, ás 18:00 decenas de cativas e cativos ocuparon as butacas do Teatro Arte Livre da cidade olívica para escoitar contos, historias e outras andrómenas.

As actuacións formaron parte da Rede Galega de Salas, na que están disponibles todos os espectáculos de DINAMOteatro.


miércoles, 2 de noviembre de 2011

DINAMO animou o Magosto da ANPA Andares do CRA de Ponteceso


O pasado domingo 30 de outubro a equipa de DINAMO organizou varias actividades lúdicas no Magosto da ANPA Andares do CRA de Ponteceso, na propia vila.

Dende as cinco da tarde as cativas e cativos, as nais e país, e as mestras e mestres participaron nunha sesión de "xogos magosteiros” onde as castañas foron as auténticas protagonistas.

A continuación pequenas/os e maiores pasaron un bó anaco descubrindo e lembrando xogos tradicionais como a rá, os sacos, os aros, a sogatira ...

E para rematar a festa animación musical e globlofexia.

Ademáis todas as e os participantes poideron merendar na propia carpa habilitada para a actividade. Unha merenda ofrecida pola propia Asociación de Nais e Pais.

DINAMO organiza unha manchea de actividades no tempo dos magostos e do Samaín, algunha das cales iredes coñecendo neste blogue.