Mostrando entradas con la etiqueta xestión. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xestión. Mostrar todas las entradas

viernes, 18 de noviembre de 2011

DINAMO organiza un Obradoiro de Velas en Begonte


Hoxe venres 18 de Novembro a equipa profesional de DINAMO desenvolverá un Obradoiro de Confección de Velas na Escola Vella de Begonte, por iniciativa da Asociación de Mulleres Rurais do mesmo municipio.

A actividade desenvolverase dende as 16:30 ata as 18:30 e está aberta a toda aquela persoa que estea interesada.

Esta non é a primeira das actividades que DINAMO desenvolve para este colectivo, senón que durante todo ano realizáronse diferentes accións socioculturais.


viernes, 16 de septiembre de 2011

Voltan á FNAC da Coruña os Obradoiros para Nenas e Nenos


Despois do descanso vacacional regresan á FNAC os obradoiros para cativas e cativos. Mañá sábado 17 de setembro ás 18:00 a actividade que se levara a cabo é o “Obradoiro de Goma-Eva”, no que cun material novidoso as e os participantes  poderán crear minixoguetes, figuras, bonecos, adornos …

As actividades de dinamización para nenas e nenos da FNAC, como esta mesma, son de carácter totalmente gratuito.  Ademais nesta nova tempada as actividades cambian de horario para facilitar a participación das máis pequenas e pequenos  da familia.

Parte das actividades de dinamización infantil da FNAC da Coruña son dinamizados pola equipa de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL.


jueves, 15 de septiembre de 2011

DINAMO organiza un Programa para Deixar de Fumar no Concello de Vilarmaior


Este venres 16 de setembro  comeza a fase principal do Programa para Deixar de Fumar en Vilarmaior, organizado por DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL,  e levado a cabo por Dª María del Carmen Míguez, profesora da Facultade de Psicoloxía na Universidade de Santiago.

Despois de realizar as charlas introductorias e as avaliacións individuais este venres comezan as sesións de traballo.

O tratamento para deixar de fumar baséase no principio de que é posible abandonar o tabaca sen sufrir.

Nas seis sesións de traballo que se levarán a cabo os venres ás 19:00 traballarán sobre a súa adicción, a intelixencia emocional  e co escalonamento da rebaixa de nicotina. En palabras da responsable do tratamento os tres eixos principais serán:  físico, psíquico e social.
Despois das seis sesións principais as e os participantes terán que pasar por unha fase de seguemento para deixar de fumar definitivamente.

Este tratamento xa se aplicou en moitas ocasións con moi bós resultados, polo que é un novo produto que DINAMO ofrece dentro do seu catálogo de actividades e servizos.