sábado, 1 de enero de 2022

DINAMO organizou Xincanas de Igualdade nos centros educativos de Fisterra

Os pasados 22 e 23 de Novembro a eauipa profesional de DINAMO organizou unha serie de Xincanas pola Igualdade nos centro de ensino primario do Concello de Fisterra.

Durante as dúas xornadas as educadoras/es percorreron as diferentes aulas do CEIP Mar de Fora, CEIP Areouta e do Colexio Nosa Señora do Carme, realizando divertidas xincanas para sensibilizar na igualdade de xénero e previr a violencia machista.

Estas actividades enmárcanse dentro da programación municipal para conmemorar o 25 de Novembro, Día Internacional contra as Violencias Machistas, e conta coa axuda do Pacto do Estado para tal obxectivo.

As xincanas consisten en diferentes probas, xogos e entrementos temáticos e que consiguen poñer a perspectiva de xénero no foco da sesión.

Dende DINAMO organizamos todo tipo de actividades de sensibilización en igualdade de xénero e prevención das violencias machistas, dende xincanas ata espectáculos teatrais, pasando por obradoiros, charlas...

No hay comentarios:

Publicar un comentario