lunes, 31 de agosto de 2015

DINAMO participou na Cidade Imaxinaria na Cidade da Cultura

O pasado 22 de agosto a equipa profesional de DINAMO participou na Cidade Imaxinaria que se celebra na Cidade da Cultura organizando unha macroxincana de xogos populares, da man de Culturactiva SCG.

Dende as 11 da mañá ata as 9 de noite unha equipa de 17 monitoras/es dinamizou unha xincana con 14 estacións e 24 xogos ou probas, todas elas vencelladas co Camiño de Santiago.

Máis de 10.000 persoas pasaron polas instalacións do Museo de Galicia no Monte Gaiás para disfrutar con todos os xogos, pois tanto participaron as cativas e cativos como as e os adultos.

Ademáis o carácter de xincana no Camiño de Santiago imprimiulle unha motivación extra, pois as e os participantes no inicio recibian unha credencial que debían ir cuñando nas diferentes probas ou etapas do camiño, para conseguir finalmente unha Compostela personalizada. 

Esta macroexperiencia amosa unha vez máis o potencial que teñen os xogos populares e tradicionais. Dende DINAMO levamos a nosa "caravana dos xogos" a calquera concello, centro educativo, festa, entidade... Se queres recibir máis info podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com








miércoles, 26 de agosto de 2015

DINAMO animou as rúas de Verín e comarca dentro da Programación Vive o Castelo

Durante seis semanas, todos os martes ou mércores a compañía DINAMOteatro desenvolveu unha serie de animacións teatrais itinerantes para dar a coñecer na comarca de Verín - Monterrei a programación cultural Vive o Castelo, celebrada no Castelo de Monterrei.

Os "Bufóns da Corte" percorreron as rúas de Verín e a súa comarca, Chaves... animando ás e ós viandantes a asistir ás diferentes actividades programadas.

A través de recursos cómicos e escénicos ofreceron un espectáculo itinerante para o público ocasional e ao mesmo tempo fixeron o reparto da publicidade dos eventos.

Dende DINAMOteatro realizamos todo tipo de animacións itinerantes para dinamizar as rúas, difundir eventos...




lunes, 24 de agosto de 2015

DINAMO organizou a Festa das Palabras no Couto (Ponteceso)

O pasado mércores 19 de agosto a equipa profesional de DINAMO estivemos no Couto (Ponteceso) dinamizando a Festa das Palabras, unha actividade de promoción da lingua galega, organizada polo Concello de Ponteceso e apoiada pola Secretaría Xeral de Política Lingüistica.

A "Festa das Palabras" consiste nunha actividade de animación musical, xogos, obradoiros, maquillaxe, globoflexia, contos en galego e para o galego. Con música en galego, xogos da tradición popular propia...

En definitiva, unha actividade para que as cativas e cativos, dende ben pequenas e pequenos vivencien o galego como algo normal e que sexan conscientes de que en galego, tamén se poden divertir. 

Esta actividade forma parte dunha programación máis extensa da que iremos dando conta, con xogos populares, obradoiros de curtametraxes, escrita creativa...


martes, 4 de agosto de 2015

DINAMO desenvolve o Programa de Apoio e Reforzo Educativo no Concello de Vilarmaior

Dende o pasado mes de xullo a ata a volta das vacacións a equipa profesional de DINAMO desenvolve o programa de Apoio e Reforzo Escolar no Concello de Vilarmaior. 

Todos os luns, mércores e venres un numeroso grupo de nenas/os e mozas/os participan nas actividades de reforzo co obxectivo de chegar máis preparadas/os ós exames de setembro ou ó novo curso escolar. 

DINAMO desenvolve actividades de apoio educativo en diferentes concellos e entidades, así como programas complementarios de actividades lúdicas.

Se queres recibir máis información dos nosos servizos podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com


domingo, 2 de agosto de 2015

DINAMO organizou un Obradoiro de Maxia no Centro Cívico da Cidade Vella

No pasado mes de xullo a equipa profesional de DINAMO organizou e levou a cabo un Obradoiro de Maxia para mozas e mozos no Centro Cívico da Cidade Vella, dentro do programa de Ocio Saudable para xente moza..

No obradoiro un mago profesional transmitiulle ás e ós participantes os rudimentos e técnicas básicas dos xogos de maxia con cartas e pequenos obxectos. Unha vez explicadas as técnicas practicaron e ensaiaron os seus propios xogos.

Durante toda unha semana estiveron preparando diferentes números para o último día facer unha representación para as cativas e cativos dun campamento que tamén de desenvolveu no centro cívico nesas datas. 

Dende DINAMO ofrecemos todo tipo de actividades lúdicas, formativas e atractivas para a mocidade, para que ó mesmo tempo que o pasan ben poidan aprender e descubrir novas cousas.