lunes, 31 de agosto de 2015

DINAMO participou na Cidade Imaxinaria na Cidade da Cultura

O pasado 22 de agosto a equipa profesional de DINAMO participou na Cidade Imaxinaria que se celebra na Cidade da Cultura organizando unha macroxincana de xogos populares, da man de Culturactiva SCG.

Dende as 11 da mañá ata as 9 de noite unha equipa de 17 monitoras/es dinamizou unha xincana con 14 estacións e 24 xogos ou probas, todas elas vencelladas co Camiño de Santiago.

Máis de 10.000 persoas pasaron polas instalacións do Museo de Galicia no Monte Gaiás para disfrutar con todos os xogos, pois tanto participaron as cativas e cativos como as e os adultos.

Ademáis o carácter de xincana no Camiño de Santiago imprimiulle unha motivación extra, pois as e os participantes no inicio recibian unha credencial que debían ir cuñando nas diferentes probas ou etapas do camiño, para conseguir finalmente unha Compostela personalizada. 

Esta macroexperiencia amosa unha vez máis o potencial que teñen os xogos populares e tradicionais. Dende DINAMO levamos a nosa "caravana dos xogos" a calquera concello, centro educativo, festa, entidade... Se queres recibir máis info podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com








No hay comentarios:

Publicar un comentario