miércoles, 2 de septiembre de 2015

DINAMO organizou o Obradoiro de Cociña Creativa na Feira Rural de San Sadurniño

O pasado 29 de Agosto  a equipa profesional de DINAMO participou na Feira Rural de San Sadurniño con dous Obradoiros de Cociña Creativa para cativas e cativos.

As nenas e nenos participantes elaboraron ríquisimas receitas a base de produtos locais como a froita de tempada, requeixo, mel... 

O obxectivo deste obradoiro é que as picariñas e picariños perdan o medo a cociñar, aprendar a comer dun xeito saudable e sobre todo que se divirtan cunha actividade lúdica e didáctica e con produtos ecolóxicos.

Dende DINAMO levamos a cabo Obradoiros de Cociña de todo tipo, para calquera grupo de idade e o o máis importante, en calquera lugar, pois contamos con cociñas e equipamentos portátiles. 

Se queres recibir máis información das nosas propostas podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com




No hay comentarios:

Publicar un comentario