martes, 25 de septiembre de 2012

DINAMO xestionou os Campamentos Específicos para Persoas con Discapacidade

O pasado 20 de Setembro remataron os Campamentos Específicos para Persoas con Discapacidade que organizou a Dirección Xeral de Política Social da Xunta de Galicia e que levou a cabo DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais.

Os campamentos desenvolvéronse en quendas de 10 días, dende o pasado 1 de Agosto ata o 20 de Setembro, no Albergue Xuvenil de Gandarío. En cada quenda participaron un máximo de 30 persoas, contando co apoio e dinamización de 13 monitoras/es, unha directora/or e persoal sanitario.

As monitoras/es encargáronse, ademais do traballo de dinamización das actividades do campamento, dos coidados necesarios para cada participante.

Todos os anos os campamentos teñen unha temática, seguen un fío conductor. Desta volta todas as actividades foron ambientadas na obra de Antoine de Saint Exupéry, O Principiño. Cada xornada de traballo todo o que pasaba estaba vencellado directamente cunha pasaxe da obra literaria.

As actividades que se realizaron en cada unha das quendas foron moi variadas: Xogos, Obradoiros, Xincanas, Saídas, Excursións, Actividades Deportivas, Actividades Naúticas, Tardes de Praia, Veladas, ...


martes, 18 de septiembre de 2012

Xa está dispoñible a Proposta de Actividades Extraescolares 2012-2013

Dende DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais presentamos unha Proposta de Actividades Extraescolares e Complementarias moi ampla e variada, para que todos os centros de ensino de Galicia poidan ofertar ás súas alumnas e alumnos novas iniciativas educativas e de lecer.

Dentro das actividades extraescolares somos especialistas e n diferentes áreas: artísticas, escénicas, musicais, deportivas ... Pero non só se ofrecen actividades extraescolares nesta proposta senón un gran abano de programas e servizos: mañanceiros, dinamotardes, escola de nais e pais, actividades de lecer ...

Poden ser actividades continuadas ou de carácter puntual. É dicir deseñamos actividades á medida das circunstancias específicas e intereses de cada centro educativo ou asociación de nais e pais.

Se queres recibir a nosa proposta só tes que pedila no 647.488.688 ou escribir un correo electrónico a dinamo@dinamoxestion.com