miércoles, 29 de febrero de 2012

DINAMO imparte o Curso de Técnicas de Improvisación para Voluntarias/os en Animación Hospitalaria


O próximo venres, 2 de marzo, Pedro Brandariz, membro de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais, imparte o Curso de “Técnicas de Improvisación para Voluntarias/os orientado á Animación Hospitalaria”.

Serán case cinco horas, onde as alumnas e alumnos aprenderán todo tipo de xogos e dinámicas para levar a cabo a Animación Hospitalaria, neste caso con menores de 0 a 3 anos. E sobre todo descubrirán as potencialidades da improvisación.

O curso está organizado pola Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña, e aínda que está aberto á participación de calquera persoa, destinase principalmente ás persoas voluntarias do Proxecto de Animación Hospitalia do Hospital Materno-Infantil Teresa Herrera.

Desenvolverase na Facultade de Socioloxía da UdC, de 10:00 a 14:30.


viernes, 24 de febrero de 2012

DINAMO desenvolve o Programa "Comida e Saúde" nos IES de Oleiros



Dende o pasado mes de xaneiro as alumnas e alumnos de 1º e 2º da ESO dos centros de ensino secundario de Oleiros participan no Programa Educativo “Comida e Saúde”.

Trátase de actividades en torno a un dos piares básicos da Educación para a Saude: a alimentación, sobre todo nun sector de poboación tan importante como a mocidade.

O obxectivo primordial é o de promover hábitos de vida saudable a nivel físico e e emocional, sentando as bases do benestar nas necesidades reais por riba de presións sociais, mediáticas e de mercado.

Dinámicas de grupo, traballo en equipo, xogos, rollplay, estudo de casos, reflexións e debates, consulta de materiais … son algunhas das actividades que se levaron a cabo nas sesións de traballo coas mozas e mozos.

Este ano o programa dividese en dous bloques temáticos:

-       Vida saudable: para as alumnas e alumnos de 1ºESO.
-       Alimentación e Deporte: para as alumnas e alumnos de 2ºESO

“Comida e Saúde” é tan só un dos múltiples programas educativos que DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL  desenvolve no Concello de Oleiros dos que periódicamente damos conta neste blogue.


sábado, 18 de febrero de 2012

Todas as citas de DINAMO co Entroido


Dende DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais organizamos unha manchea de actividades de Entroido por toda a xeografía galega, dende hoxe mesmo ata ben entrado o Entroido pequeno dentro de dúas semanas.

Todas as actividades de DINAMO, igual que en anteriores edicións, teñen carácter temático. E neste 2012 as actividades, as monitoras e monitores irán ambientados na temática de “Os Deportes”. Así que se vedes a un grupo de “deportistas” un tanto estrafalarias/os, non o dúbides : son as xentiñas de DINAMO.

A continuación detallamos boa parte das actividades das que organiza, xestiona e desenvolve DINAMO:

Xoves 16. Festa Infantil no Centro Cívico Municipal de Monelos. A Coruña
Venres 17. Actividades de Entroido (monólogo + maquillaxe + cociña) no IES Pedregal de Irimia (Meira).
Venres 17. Contacontos de Entroido no CRA. de Oroso, a cargo de Caxoto Contacontos.
Venres 17. Festa Infantil no CEIP. Isidro Parga Pondal (Santa Cruz. Oleiros).
Domingo 19. Festa Infantil na Casa da Cultura de Bóveda.
Domingo 19. Festa Infantil no Pavillón Municipal de Carballedo.
Luns 20. Festa Infantil no Centro Cívico Municipal do Castrillón. A Coruña.
Martes 21. Festa Infantil no Pavillón Municipal de Moeche
Martes 21. Festa Infantil no Pavillón Municipal de Cambre
Martes 21. Presentación do Entroido de Cabana de Bergantiños, a cargo de Pedro Brandariz

Son só algunhas das actividades que organiza DINAMO para celebrar o Entroido por toda a xeografía galega.


viernes, 10 de febrero de 2012

DINAMO participa nunha Campaña a favor do Pequeno Comercio en San Valentín

A equipa profesional de DINAMO participa nunha campaña do Concello da Coruña que promove o pequeno comercio na cidade herculina, concretamente nun Concurso de Bicos con motivo do San Valentín (14 de Febreiro).

A iniciativa xurde da Concellería de Emprego e Empresa do Concello da Coruña e dos comerciantes da rúa Real que pretenden potenciar deste xeito o pequeño comercio nestas datas.

O concurso celebrarase as tardes do sábado 11 e o martes 14 de Febreiro, nun local da Rúa Real (nº18) cedido para esta campaña.

Dende DINAMO encargámonos tanto da ambientación e decoración do espazo, como da dinamización do evento.

No concurso hai varias categorías e sobre todo numerosos premios. Así que … probade sorte … aínda que sexa para apoiar ó pequeno comercio.


lunes, 6 de febrero de 2012

DINAMO organiza os Obradoiros de Máscaras nas Bibliotecas de Oleiros

A partir do mércores 8 de Febreiro a equipa educativa de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais levará a cabo nas 8 Bibliotecas de Oleiros os “Obradoiros de Máscaras e Antefaces” nos que poderán participar cativas e cativos dos sete anos en diante.

Participando nesta actividade as pequenas e pequenos coñecerán as principais personaxes do Entroido Galego: peliqueiros, cigarróns, pantallas, boteiros, xenerais, choqueiros ,,, así como as tradicións asociadas á gran festa de Don Carnal.

Evidentemente daranse a coñecer os libros que en cada biblioteca recollen información sobre o Entroido, polo que ademáis de conservar a etnografía galega tamén se potencia a animación á lectura.

Todos os obradoiros serán as 18:30, e celebraranse en diferentes xornadas:

Mércores 8: Lorbé 
Xoves 9: Dorneda 
Luns 13: Oleiros 
Martes 14: Montrove
Mércores 15: Santa Cruz 
Xoves 16: Rialeda 
Venres 17: Mera -- Venres 17: Nós