domingo, 24 de septiembre de 2017

DINAMO levou a Caravana dos Xogos Populares á Festa das Utopías na Coruña

O pasado venres 8 de setembro a equipa profesional de DINAMO levou a "Caravana dos Xogos Populares" á Festa das Utopías, organizada por Culturactiva.

A Festa das Utopías levou ó barrio de Monte Alto unha manchea de actividades e propostas escénicas e musicais, como Peter Punk, Gala de Circo, Leo Bassi, e todo iso acompañado dos xogos tradicionais da "Caravana dos Xogos". 

Dende DINAMO levamos a Caravana dos Xogos Populares a todo tipo de eventos, festas, espazos e entidades.


lunes, 18 de septiembre de 2017

DINAMO programou os monólogos das Festas de Riveira

Nas pasadas Festas Patronais de Santa Uxía de Riveira, ademáis das orquestas e actividades máis tradicionais tamén se programaron monólogos nas principais prazas da vila.

O ciclo de monólogos, xestionado por DINAMOproducións, constou de tres monólogos cómicos:

Venres 8, Praza de Vigo: Víctor Grande.
Sábado 9, Praza de Compostela: Padre Merino
Domingo 10, Paseo do Malecón: Luis Pousada



domingo, 10 de septiembre de 2017

DINAMO levou a Caravana de Xogos a Valdoviño

O pasado 26 de Agosto a equipa profesional de DINAMO levou a Caravana dos Xogos Populares a Valdoviño, concretamente ás Festas de Lourido. 

A Caravana de Xogos é una magnífica actividade para levar a cabo en festas e celebracións populares. 

A equipa profesional chega a calquera lugar de Galicia e instala máis de trinta xogos tradicionais en aproximadamente una hora. Despois os xogos poden estar todo o tempo que sexa necesario: dúas, tres horas, ou toda una tarde, xornada...

Se queres recibir orzamento para este tipo de actividades podes chamar ó 619.345.100 ou escribe a dinamo@dinamoxestion.com



lunes, 4 de septiembre de 2017

DINAMO organizou unha Xincana de Circo en Cambre

A equipa profesional de DINAMO organizou una Xincana de Circo para nenas/os e mozas/os en Cambre, o pasado 1 de setembro.

As e os participantes repartíronse en tres grupos rotatorios con tres actividades específicas de malabares (bolas, diábolo e mazas), acrobacias e equilibrios (slakline, circuitos de equilibrios, zancos...) 

Ademáis instalamos elementos lúdicos e circenses por todo o Parque da Igrexa: circuitos, colchonetas, photocall...

Dende DINAMO organizamos todo tipo de actividades teatrais, escénicas e circenses. Se queres recibir a nosa proposta podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com




sábado, 2 de septiembre de 2017

DINAMO levou a Caravana dos Xogos Populares ó Festival Folk de Guísamo

O pasado 26 de agosto a equipa profesional de DINAMO levou a súa Caravana de Xogos Populares ó Festival Folk de Guísamo (Bergondo) con máis de 30 xogos tradicionais que van dende a rá ata o sapo, pasando polos zancos, os aros, a ferradura, o tiralatas, o metediscos, o pescapeixes, o pescabotellas, o virapau, os crebacabezas, os tres en raia, os remedos, as torres de madeira...

Esta macroinstalación de xogos tradicionais é una magnífica oportunidade de ofrecer una actividade interxeracional que gustará a cativas/os e maiores.

Ademáis a "Caravana dos Xogos Populares" encaixa á perfección en romerías, festas e festivais. Se queres recibir a nosa proposta podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com