miércoles, 27 de abril de 2011

DINAMO organiza actividades de fomento da participación infantil en Mesoiro

“O clan de Mc Mesoiro” é un programa de fomento da participación infantil no barrio de coruñés de Mesoiro. Ven sendo una xinkana de probas temáticas para que as nenas e nenos reflexionen sobre as habilidades básicas para a participación cidadá, o sentimento de pertenza a un grupo, o respecto das normas e regras e o carácter enriquecedor da pluralidade no nosa contorna.

O programa de actividades desenvolverase no Centro Cívico e Social de Mesoiro o vindeiro día 30 de Abril, de 17:30 a 20:30.

Poderán participar todas aquelas nenas e nenos maiores de cinco anos que estén interesadas/os en pasar unha tarde divertida e aprender que é iso da participación, para que sirve? ...

Todas as propostas están ambientadas na  cultura escocesa. Algunhas das actividades coas que desfrutará a rapazada serán:

-          Confección de disfraces e maquillaxe.
-          Rocódromo
-          Xogos cooperativos con paracaídas
-         Inchables
-          Enredos
-          Animación musical
-          Probas temáticas

Aquelas pequenas e pequenos que estean interesadas/os deben inscribirse no Centro Cívico e Social de Novo Mesoiro ou no Centro de Participación Cidadá do Birloque (981.189.869).

As actividades están organizadas pola Concellería de Igualdade e Participación Cidadá e xestionadas por DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL


martes, 26 de abril de 2011

DINAMO celebrou o Día Internacional do Libro en Ourense

O pasado 23 de Abril Dinamo Xestión de Actividades Socioculturais organizou as actividades de celebración do Día Internacional do Libro do Centro Comercial Pontevella de Ourense.

Entre as 17 e as 20 horas leváronse a cabo diferentes actividades de animación á lectura coas máis cativas e cativos.

A primeira das actividades foi un Contacontos do gran narrador de historias Felipe Díaz Valle “Caxoto” que encandilou a pequenas/os e maiores cos seus contos.

Posteriormente as nenas e nenos da cidade das Burgas participaron nun Obradoiro de Títeres de Papel dinamizado pola equipa de educadoras/es de DINAMO. Nesta actividader as cativas/os poideron crear os seus propios monicreques.

A rapazada quedou encantada pois desfrutaron dunha tarde de contos e por riba levaron para casa tantos monicreques como quixeron.


martes, 19 de abril de 2011

DINAMO presenta LinguAcción, propostas para celebrar o Día das Letras Galegas

Cada ano cando se achega a data do 17 de Maio as actividades e iniciativas de fomento do uso da lingua galega e de coñecemento da literatura do país proliferan en concellos, asociacións, organismos públicos e privados, entidades …  Pois o 17 de Maio celébrase o Día das Letras Galegas, e este ano o escritor homenaxeado é Lois Pereiro.

A equipa de DINAMO preparou un amplo abano de propostas e iniciativas para celebrar a citada efeméride e para dinamizar e fomentar o emprego da lingua galega. Todas elas recóllense baixo o título de “LinguAcción”.

Presentamos propostas para todas as idades, dende as máis cativas e cativos ata os nosos maiores que facilitaron que o galego se fose transmitindo de xeración en xeración.

As actividades que presentamos estrutúranse nos seguintes bloques:
-          Actividades de animación á lectura: contacontos, obradoiros, bibliotecas na rúa, …
-          Actividades lúdicas para nenas e nenos:  xogos, xincanas, obradoiros, festas, …
-          Actividades escénicas para o fomento do galego:  monólogos, concertos,  recitais poéticos, animacións de rúa, foliadas urbanas …
-          Outras actividades: mesas redondas, grabación de curtametraxes, …

Se queredes recibir a proposta completa de LinguAcción chamade ó 647.488.688 ou escribide un correo electrónico a dinamo@dinamoxestion.com

Según nos acheguemos á data do 17 de Maio iremos informando das diferentes propostas que DIINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL  leve a cabo.



jueves, 7 de abril de 2011

Remata o Programa de Alimentación Saudable “Comida e Saúde” nos IES de Oleiros impartido por DINAMO

O pasado 5 de abril rematou o “Comida e Saúde”, programa de alimentación saudable que organiza o Concello de Oleiros nos centros de ensino secundario oleirenses.

Durante varios meses a equipa educativa de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL percorreu  as aulas de 1º e 2º de ESO para dinamizar actividades en torno a un dos piares básicos da Educación para a Saude: a alimentación, sobre todo nun sector de pobiación tan importante como a mocidade.

O obxectivo primordial foi o de promover hábitos de vida saudable a nivel físico e e emocional, sentando as bases do benestar nas necesidades reais por riba de presións sociais, mediáticas e de mercado.

Dinámicas de grupo, traballo en equipo, xogos, rollplay, estudo de casos, reflexións e debates, consulta de materiais … son algunhas das actividades que se levaron a cabo nas sesións de traballo coas mozas e mozos.

“Comida e Saúde” é tan só un dos múltiples programas educativos que DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL  desenvolve no Concello de Oleiros dos que daremos conta en vindeiras publicacións deste blogue.


martes, 5 de abril de 2011

DINAMOteatro ofrece unha manchea de espectáculos na Rede Cultural da Deputación da Coruña

Ata o vindeiro sábado 9 de Abril pódense solicitar os espectáculos de DINAMOteatro pola Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Para este ano 2011 DINAMOteatro presenta propostas escénicas do máis variado, dende comedia teatral, ata contacontos, pasando polos monólogos,  danza contemporánea …

Ademáis hai espectáculos para todo tipo de públicos: infantil, familiar, xuvenil, adulto …

O único fio común entre todas as producións é o humor e a profesionalidade das e dos artistas

Podedes consultar o catálogo no seguinte enderezo. Catálogo DINAMOteatro Rede Cultural Deputación 2011

E non vos esquenzades de aproveitar esta oportunidade única de contar con DINAMOteatro no voso concello, asociación, entidade, … Antes do día 9 de Abril en http://www.dicoruna.es/cultura/rede-cultural/

Para máis información podedes chamar ó 647.488.688 /619.345.100 ou escribir un correo electrónico a dinamo@dinamoxestion.com


lunes, 4 de abril de 2011

DINAMO imparte o Programa de Prevención da Violencia contra as Mulleres nos Centros de Ensino de Arteixo.

Dende o pasado mes de Novembro do 2010 a equipa de igualdade de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais  está impartindo os obradoiros do Programa de Prevención da Violencia contra as Mulleres nos diferentes centros de ensino do Concello de Arteixo.

Os obradoiros que xurden por iniciativa do Centro de Información ás Mulleres van dirixidos ás nenas e nenos do 6º Curso de Educación Primaria e ás mozas e mozos de 1º e2º Curso da ESO do concello arteixán.

O programa nace coa finalidade de educar e formar críticamente ó alumnado para medrar, desenvolverse e relacionarse plenamente sen prexuizos e estereotipos sexistas.

En 6º de Ed. Primaria traballamos contidos relacionados coa igualdade entre homes e mulleres
En 1º da ESO os contidos versan sobre a corresponsabilidade doméstica e familiar
E en 2º da ESO abordamos dun xeito máis profundo a prevención da violencia de xénero

Os centros participantes son;
-          CEIP.  San Xosé Obreiro (Meicende)
-          CEIP. Galán (Oseiro)
-          CEIP. Ponte dos Brozos (Arteixo)
-          CEIP. Novo de Arteixo (Arteixo)
-          IES Manuel Murguía (Arteixo)
-          IES Pastoriza (Pastoriza)
-          Centro Agarimo (A Baiuca)


sábado, 2 de abril de 2011

DINAMO vai de pateada coa ANDARELA

Este sábado 2 de Abril a equipa de Educación Ambiental de DINAMO levou a unhas 30 persoas a facer o Roteiro Mariñan “A Costa Doce” que discorre polo litoral dos concellos de Sada e Oleiros.

A actividade xurde da iniciativa da Concellería de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa “Andarela. Pateando o país” que leva varios anos organizando rutas de interpretación ambiental por toda Galicia.

Mozas e mozos de 18 a 30 anos descubriron a beleza das paisaxes da costa ártabra, así como a súa biodiversidade, riqueza patrimonial … e sobre todo participaron nunha actividade grupal amena, divertida, e didáctica.

Na primeira fase comezamos a ruta no barrio mariñeiro de Fontán (Sada) e rematamos no porto pesqueiro de Lorbé (Oleiros). Posteriormente visitamos a contorna dos Faros de Mera, así como o Centro de Interpretación “Casa do Fareiro”.

Os itinerarios ambientais e culturais que organizamos dende DINAMO susténtanse nos principios da Educación Ambiental, Interpretación do Patrimonio, Dinámica de Grupos, … co obxectivo primordial de que mediante unha experiencia satisfactoria e enriquecedora as mozas e mozos coñezan os principais espazos naturais de Galicia, e sobre todo concienciar para a súa conservación.

A vindeira edición de ANDARELA será o 7 de maio de 2011, na que visitaremos o Monte Pindo e a súa contorna.




viernes, 1 de abril de 2011

DINAMO achégase ó ACHEGARTE da Coruña

Os vindeiros sábado 2 e domingo 3 de Abril celébrase no PALEXCO da Coruña o gran escaparate da creación cultural galega, o Achegarte, onde unha manchea de creadoras/es amosarán o seu traballo.

Artes escénicas, música, libros, audiovisual, artes plásticas, novas tecnoloxías, animación …. son algúns dos sectores representados no amplo catálogo de propostas  do que o público xeral poderá participar: concertos, representacións teatrais, obradoiros, presentación de libros, proxeccións, mesas redondas, recitais, …

E DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais contará un espazo propio dentro de Achegarte. Un stand onde amosaremos o noso traballo no eido da cultura, pero tamén en outros tan importantes como o social, o educativo, o ambiental, o solidario, o do ocio e o lecer ….

Ademais faremos especial fincapé en dar a coñecer a compañía escénica DINAMOteatro que nace ao abeiro do equipo multidisciplinar que conformamos DINAMO. As e os visitantes poderán coñecer todos os espectáculos que ofrecemos para todo tipo de públicos. Infantil, xuvenil, persoas adultas, …

Pero o espazo de DINAMO no Achegarte será un espazo vivo e moi dinámico no que durante as dúas xornadas (sábado e domingo) haberá actividades de forma continuada: obradoiros, contacontos, animacións, …

Os minicontacontos que serán unha das “propostas estrela” correrán a cargo de Caxoto Contacontos (sábado) e Pedro Brandariz (domingo)

En definitiva con este espazo no ACHEGARTE tentaremos achegar ás e ós visitantes o amplo abano de propostas, iniciativas e servizos que ofrecemos dende DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais.