jueves, 7 de abril de 2011

Remata o Programa de Alimentación Saudable “Comida e Saúde” nos IES de Oleiros impartido por DINAMO

O pasado 5 de abril rematou o “Comida e Saúde”, programa de alimentación saudable que organiza o Concello de Oleiros nos centros de ensino secundario oleirenses.

Durante varios meses a equipa educativa de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL percorreu  as aulas de 1º e 2º de ESO para dinamizar actividades en torno a un dos piares básicos da Educación para a Saude: a alimentación, sobre todo nun sector de pobiación tan importante como a mocidade.

O obxectivo primordial foi o de promover hábitos de vida saudable a nivel físico e e emocional, sentando as bases do benestar nas necesidades reais por riba de presións sociais, mediáticas e de mercado.

Dinámicas de grupo, traballo en equipo, xogos, rollplay, estudo de casos, reflexións e debates, consulta de materiais … son algunhas das actividades que se levaron a cabo nas sesións de traballo coas mozas e mozos.

“Comida e Saúde” é tan só un dos múltiples programas educativos que DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL  desenvolve no Concello de Oleiros dos que daremos conta en vindeiras publicacións deste blogue.


No hay comentarios:

Publicar un comentario