viernes, 28 de abril de 2017

Pindirico Show chega a Vimianzo da man de DINAMOteatro

O vindeiro domingo, 30 de abril, a compañía teatral DINAMOteatro recalará no Auditorio de Vimianzo co seu espectáculo "Pindirico Show", protagonizado por Felipe Díaz "Caxoto" e Pedro Brandariz.

Dous irmáns moi peculiares teñen a sorprendente ocurrencia de montar u circo no que eles mesmos serán xesfes de pista, equilibristas, trapecistas, malabaristas, domadores de leóns, leóns... ata incluso pallasos.

Un espectáculo para público familiar que leva percorrida boa parte da xeografía galega e que agora chega a Vimianzo.

A compañía teatral DINAMOteatro ofrece una ampla variedade de espectáculos didácticos e para todos os públicos.

Se queres recibir o Dossier dos nosos espectáculos podes pedilo no 619.345.100 ou en dinamo@dinamoxestion.com


miércoles, 26 de abril de 2017

DINAMO impartirá un Obradoiro de Curtas para mozas/os en Oleiros

No vindeiro mes de xullo a equipa profesional de DINAMO levará a cabo no Centro Cultural A Fábrica un Obradoiro de Curtametraxes para mozas e mozos.

Neste obradoiro as e os participantes aprenderán o básico sobre a linguaxe audiovisual para pasar á acción creando os seus propios guións literarios e técnicos como parte previa da fase de grabación dunha curta entre todas/os.

Elas e eles serán guionistas, directoras/es, produtoras/es, atrezzistas, scripts e incluso actrices e actores.

Do 28 de abril  ao 5 de maio estará aberto o prazo de preinscrición. Poderá realizarse na páxina www.oleiros.org, na carpeta cidadá -non é necesario estar rexistrado-, ou na conserxería do centro cultural A Fábrica de luns a venres de 8.00 a 15.00 horas -981 636 598-.



miércoles, 19 de abril de 2017

DINAMO levou a cabo Videoforums sobre a Igualdade de Xénero no IES Marco do Camballón

O pasado 4 de abril a equipa educativa de DINAMO levou a cabo varios videoforums sobre Igualdade de Xénero no IES Marco do Camballón.

A partir de pequenas pezas audiovisuais un debate entre as mozas e mozos para visibilizar os estereotipos e roles de xénero, así como os micromachismos actuáis.

Trátase dunha actividade divertida e lúdica, pero que permite un traballo de sensibilización na igualdade de xénero e prevención das violencias machistas.

Dende DINAMO organizamos todo tipo de actividades de sensibilización en igualdade. Se queredes recibir a nosa proposta podedes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com


lunes, 17 de abril de 2017

DINAMO organizou varias actividades do Programa Noutrora en Cambre

Nas pasadas xornadas vacacionais a equipa DINAMO organizou e desenvolveu varias actividades da Programación Noutrora, concretamente varias tardes de xogos populares e obradoiros lúdicos para cativas e cativos.

Dende DINAMO ofrecemos multitude de actividades para celebrar eventos temáticos e de época. Se queres recibir a nosa proposta podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com


lunes, 10 de abril de 2017

DINAMO organizou o Parti da Igualdade en Viana do Bolo

O pasado 8 de marzo a equipa profesional de DINAMO levou a cabo "O Parti da Igualdade" en varias aulas de dous centros educativos de Viana do Bolo.

O Party and Co é un xogo de mesa clásico que ten moi boa aceptación entre a xente moza. Por iso mismo dende DINAMO realizamos una adaptación temática orientada cara a prevención da violencia de xénero.

As e os participantes participaron no xogo, superando as diferentes probas temáticas: mímica, pictionary, tabú, tarareator...

Dende DINAMO organizamos multitude de actividades para fomentar a igualdade de xénero e previr as violencias machistas. Se queres recibir a nosa proposta podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com


lunes, 3 de abril de 2017

DINAMO organiza Obradoiros de Risoterapia nas parroquias de Arteixo

A equipa profesional está a desenvolver durante os meses de marzo e abril Obradoiros de Risoterapia en catro parroquias arteixás, concretamente en: A Baiuca, Meicende, Larín e Froxel.

Durante seis semanas as veciñas e vecinos participan en diversas dinámicas, xogos e exercicios específicos de risoterapia, para que ,a través dos beneficios da risa, poidan acadar melloras na súa sáude física, mental e social.

A risa, sexa natural ou inducida coas técnicas de traballo que se ensinan nestes obradoiros, supón grandes melloras para todas e cada unha das función e órganos vitais, contribuindo de maneira significativa á unha mellora da calidade de vida.

A actividade organizada polos Servizos Sociais de Arteixo conta con moi boa resposta e participación das veciñas e vecinos.

Os obradoiros de risoterapia son unha das actividades que máis nos demandan á equipa de DINAMO para traballar con grupos de específicos de maiores,  de mulleres e poboación en xeral.



domingo, 2 de abril de 2017

DINAMO organizou Xincanas Pola Igualdade en Muros e Carnota

O pasado 8 de Marzo, a equipa profesional de DINAMO organizou varias xincanas pola igualdade en varios centro educativos dos concellos de Muros e Carnota, con motivo da celebración do Día Internacional das Mulleres.

As xincanas están conformadas por probas e preguntas en torno á igualdade de xénero, a corresponsabilidade no fogar, a equidade de oportunidades no eido laboral e na prevención das discriminacións principalmente sociais.

Dunha maneira lúdica e divertida as nenas e nenos aprenderán que para cadar a igualdade real e efectiva de dereitos, obrigas, oportunidades e trato debémonos implicar todas e todos, nenas e nenos, mulleres e homes...

As Xincanas pola Igualdade son unha das actividades estrela de DINAMO para traballar na igualdade dunha maneira lúdica, divertida e transversal.