jueves, 28 de junio de 2018

DINAMO levou a cabo numerosas actividades lúdicas de Fin de Curso

Na semana pasada a equipa de DINAMO levou a cabo numerosas actividades para celebrar o Fin de Curso en diferentes centros escolares e educativos. 

A actividade estrela segue sendo a "Caravana de Xogos Populares", que pasou polo CEIP de Cervo, pola Escoliña Infantil de Pravio… 

Tamén levamos actuacións teatrais e de maxia ós colexios. Víctor Noir estivo no CEIP Isaac Díaz Pardo (Culleredo), Pedro Brandariz no CEIP Heroínas de Sálvora (Aguiño, Riveira), no CPI Armando Cotarelo (Boimorto), no CEE Santa María de Lugo, na Escola Infantil Serra de Outes de Lugo,  e pechando as Escolas Culturais do Concello de Culleredo.

Dende DINAMO ofrece,mos todo tipo de actividades lúdicas e escénicas para nenas/os e mozas/os de todas as idades.




jueves, 21 de junio de 2018

DINAMO levou a cabo un Obradoiro Formativo en Resolución Pacífica de Conflitos no IES Concepción Arenal de Ferrol

Durante os meses de maio e xuño, a equipa profesional de DINAMO levou a cabo un Obradoiro Formativo en Resolución Pacífica de Conflitos e Mediación Escolar. 

Traballouse durante tres sesións cun grupo de alumnas/os interesadas/os no tema nas técnicas para afrontar os conflitos dunha maneira positiva e respectuosa. 

Incidiuse de maneira directa na mediación como estratexia de resolución de conflitos de intereses e nas súas técnicas específicas.

Dende DINAMO ofrecemos gran cantidade de cursos, obradoiros e outras accións formativas para centros escolares ou de calquera outro tipo, axudando de maneira directa a promover unha convivencia o máis respectousa posible.


miércoles, 13 de junio de 2018

DINAMO organizou unha Xincana Cultural no IES Mestre Landín

O pasado 25 de Maio a equipa profesional de DINAMO desprazouse ata Marín, concretamente ó IES Mestre Landín, para organizar unha MacroXincana sobre a Cultura Galega.

As mozas e mozos tiveron que superar todo tipo de probas lúdicas e moi divertidas sobre literatura galega, cultura popular, xeografía do país, historia de Galicia, antropoloxía...

En DINAMO contamos cun amplo catálogo de Xincanas Temáticas e Didácticas para facer con grupos máis grandes ou máis cativos. É dicir adaptámonos ás necesidades e circunstancias dos grupos, das entidades...


martes, 12 de junio de 2018

DINAMO organizou unha Animación Teatral na Feira Feminista da Pobra do Caramiñal

O pasado 26 de maio, Lucía Veiga, Marita Martínez Arcay e Leticia Miranda de DINAMOproducións levaron á Pobra do Caramiñal o seu espectáculo itinerante "Receitas pola Igualdade", onde foron interactuando co público facendo un diagnóstico en Igualdade de xénero e detectando e previndo casos de machismo ou micromachismo.

O espectáculo, en total clave humorística, ten como obxectivo sensibilizar dunha maneira lúdica sobre a Igualdade entre os homes e as mulleres, fomentar a corresponsabilidade no fogar, rachar con roles e esterotipos de xénero...

Esta animación teatral estivo enmarcada na "Feira Feminista" da Pobra do Caramiñal, iniciativa municipal que durante toda a fin de semana programou unha manchea de actividades.



martes, 5 de junio de 2018

DINAMO organizou unha Xincana pola Igualdade na Pobra do Caramiñal

O pasado 18 de maio, a equipa profesional de DINAMO organizou e dinamizou no CEP Salustiano Rey Eiras da Pobra do Caramiñal tres Xincanas pola Igualdade para todo o alumnado.

Trátase dunha actividade promovida polo CIM do Concello da Pobra e obtén moi bós resultados a nivel de sensibilización en Igualdade de xénero entre as máis cativas/os.

As nenas e nenos tiveron que ir superando unha serie de probas temáticas, vencelladas á corresponsabilidade no fogar, á Igualdade de oportunidades no eido laboral, á eliminación de estereotipos e roles sexistas...

As "xincanas pola Igualdade" suponen unha magnífica oportunidade para facer reflexionar a toda a comunidade educativa sobre a situación da Igualdade entre mulleres e homes.


DINAMO organizou unha Xincana polo Galego en Boiro

O pasado 17 de Maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, a equipa profesional de DINAMO levou a cabo un gran "Xincana polo Galego" nas rúas de Boiro. 

Dentro da programación específica do concello para celebrar o 17 de Maio desenvolveuse una xincana na que participaron case 100 nenas e nenos que para conseguir premios vencellados co idioma galego e as Letras Galegas, tiveron que superar diferentes probas temáticas espalladas polo terreo de xogo e dinamizadas por un amplo equipo de monitoras/es. Trátase de probas de carácter lúdico, moi divertidas e todas elas enfocadas cara o fomento do uso da lingua galega.

Dende DINAMO organizamos moi diferentes actividades en prol e fomento do galego, para diferentes idade, entidades...




DINAMO xestiona o Programa Formativo da OMIC da Coruña

Dende o pasado mes de marzo de 2018 a equipa educativa de DINAMO xestiona e imparte as sesión educativas, obradoiros informativos, charlas e demáis actividades da Oficina de Información ó Consumidor/a do Concello da Coruña.

Nestes tres meses desenvolvéronse as sesións didácticas do Programa Coruña Educa, con centos de charlas e actividades nos centros educativos do Concello da Coruña, así como os Obradoiros Formativos en Centros Cívicos... Todas elas enfocadas na sensibilización cara hábitos de consumo máis responsables, ecolóxicos, xustos, solidarios...

A equipa profesional de DINAMO encárgase dende o deseño didáctico das actividades, o contacto coas entidades receptoras, a avaliación dos programas...