jueves, 14 de enero de 2016

DINAMO organizou Obradoiros de Consumo Responsable no IES As Telleiras (Narón)

O pasado 18 de Decembro a equipa profesional de DINAMO realizou varios Obradoiros de Consumo Responsable no IES As Telleiras, por iniciativa do Concello de Narón.

Nos obradoiros participaron as alumnas e alumnos de 4º da  ESO. Nas sesións de traballo as mozas e mozos descubriron a necesidade e os beneficios dun consumo consciente e responsable, tanto a nivel social como a nivel económico e sobre todo ambiental.

A partir de exercicios prácticos, dinámicas e xogos de simulación as e os participantes traballan os contidos dunha maneira lúdica, activa e participativa. Ademáis estas accións teñen un gran potencial sensibilizador, moi necesario, sobre todo en datas de consumo tan desorbitado como a época de Nadal.


martes, 12 de enero de 2016

DINAMO organizou dúas sesións de Contacontos de Nadal en Pontedeume

Nas pasadas datas de Nadal a equipa escénica de DINAMO levou a cabo dous Contacontos de Nadal no Poboado de Nadal do Concello de Pontedeume.

O día 20 de decembro foi o turno para os "Contos do Apalpador" e o 27 adicámolo a contos e historias para preparar a "Noite de Reis".

O obxectivo destas accións, igual que a do poboado nadaleño é a de dinamizar as rúas nestas datastan festivas.

Ambos contacontos gozaron dunha alta participación e foron todo un éxito.

Dende DINAMO ofrecemos una amplo abano de actividades e espectáculos para a dinamización das rúas, e para todos os públicos.







sábado, 9 de enero de 2016

DINAMO organizou dúas Xornadas de Obradoiros Culturais en Moeche

Neste pasado Nadal a equipa de DINAMO organizou dúas xornadas de obradoiros culturais en Moeche.

Nos dous días as cativas e cativos en primeiro lugar difrutaron dun espectáculo teatral e despois participaron nun obradoiro relacionado cos contidos do espectáculo.

Un dos obradoiros foi de "Construcción de Xoguetes con elementos naturais e outro  de "Adornos de Nadal" en consonancia coa temática navideña polas datas nas que se celebrou.

As xornadas desenvolvéronse na sala multiusos do Castelo de Moeche e foron iniciativa do Concello, co apoio da Deputación da Coruña.

miércoles, 6 de enero de 2016

DINAMO organizou un Obradoiro de Larpeiradas en Viana do Bolo

O pasado 22 de decembro a equipa profesional de DINAMO organizou un Obradoiro de Larpeiradas de Nadal para máis de 40 nenas e nenos en Viana do Bolo.

O obradoiro foi organizado polo CIM de Viana. As actividades de cociña, moi en boga nos últimos tempos, teñen un alto potencial educativo, sobre todo no eido da igualdade de xénero, da coeducación, da corresponsabilidade e da coeducación.

Dende DINAMO organizamos multitude de actividades e obradoiros de cociña paea nenas/os e mozas/os para moitos concellos, centros educativos, entidades sociais...

O Apalpador visitou as 12 parroquias de Cambre

Neste Nadal o Apalpador visitou, da man de DINAMO, as doce parroquias de Cambre, en catro xornadas de intenso traballo.

o 23, 28, 29 e 30 de Decembro a equipa de DINAMO fixo as xestions oportunas para que o Apalpador visitara 12 centros sociais, casas de veciños, locais municipais... En cada visita realizouse un contacontos de media hora e una actividade manual de outra media hora, Ademáis o Apalpador agasallou a todas as nenas e nenos con boas presas de caramelos.

No obradoiro as cativas e cativos confeccionaron un divertido "apalpadorno".

Cambre foi un dos concellos que confiou nos servizos de DINAMO para as visitas do Apalpador, igual que outros moitos concellos, entidades sociais, comercios...


DINAMO organizou unha Festa Xuvenil de Nadal en Mugardos

O pasado 18 de decembro a equipa de DINAMO organizou unha Festa Xuvenil de Nadal no Concello de Mugardos. 

Foi unha festa específica para mozas e mozos de 12 a 18 anos con música, dj, cocteles sen alcol, obradoiros, actividades de Nadal...

A actividade realizouse nunha carpa municipal instalada no porto de Mugardos e contou cunha gran participación.

Esta foi unha das moitas actividades que dende DINAMO organizamos nas datas de Nadal.