viernes, 8 de febrero de 2013

Todas as citas de DINAMO co Entroido 2013

Dende DINAMO cremos que unhas das festas máis importantes do ano é o Entroido, dende os preparativos dos días anteriores como o Entroido pequeno, domingo de piñata ...

Desta volta as diferentes equipas de monitoras/es de DINAMO organizarán e xestionarán as seguintes actividades entroideiras:

Sábado 9. Obradorio de Disfraces. Biblioteca de Narón- Concello de Narón.
Sábado 9. Festa Infantil de Entroido. Pavillón Municipal de Baamonde. Concello de Begonte.
Domingo 10. Festa de Entroido. Casa da Cultura de Bóveda. Concello de Bóveda.
Luns 11. Obradoiro de Títeres de Gomaespuma. Centro Cívico de Santa Margarita. Concello da Coruña.
Luns 11. Festa Infantil de Entroido. Centro Cívico do Castrillón. Concello da Coruña.
Luns 11. Festa Infantil de Entroido. Pavillón Deportivo do Temple-Graxal. Concello de Cambre.
Martes 12. Festa Infantil de Entroido. Pavillón Municipal de Moeche. Concello de Moeche.
Martes 12. Festa Infantil de Entroido. Pavillón Deportivo de Cambre. Concello de Cambre.
Sábado 16. Presentación e Dinamización da Festa e Entroido Xeral de Cambre. Concello de Cambre.

Ademáis das actividades previas, como os Obradoiros de Máscaras que se están a realizar nas Bibliotecas de Oleiros, das que xa demos conta nunha entrada anterior.


miércoles, 6 de febrero de 2013

DINAMO leva o Entroido ás Bibliotecas de Oleiros

Toda esta semana as monitoras/es de DINAMO están nas Bibliotecas do Concello de Oleiros dinamizando Obradoiros de "Máscaras e Antifaces", para cativas e cativos de 5 a 12 anos.

Durante noventa minutos en cada biblioteca as nenas/os que participen poderán descubrir as raíces do Entroido, e sobre todo realizar as súas propias caretas e antifaces. Os deseños van dende os peliqueiros e cigarróns de Laza e Verín, ata creacións propias, pasando polos clásicos modelos de animais: raposos, galiñas, vacas, porquiños ...

As actividades desenvolvense en horario de 18:30 a 20:00 e levanse a cabo dende o martes 5 ata o venres 8, coa seguinte distribución:
Martes 5: Bibliotecas de Dorneda e Montrove
Mércores 6: Bibliotecas de Lorbé e Santa Cruz
Mércores 7: Bibliotecas de Perillo (Rialeda) e Oleiros
Xoves 8: Bibliotecas de Nós e Mera



viernes, 1 de febrero de 2013

DINAMOteatro leva a Vigo o espectáculo "Pobreza 0,0"

Dende o outono do ano pasado a compañía DINAMOteatro, en colaboración coa Coordenadora Galega de ONGDs, está a representar o espectáculo "Pobreza 0,0" nas diferentes cidades galegas. De momento xa estiveron na Coruña e en Compostela, e desta volta tócalle o turno a Vigo.

Mañá sábado 2 de Febreiro, no local parroquial de Coia, ás 20:00 Felipe Díaz "Caxoto" e Pedro Brandariz subirán as táboas para representar un espectáculo que ten como principal obxectivo a sensibilización na idea da Pobreza 0, no reparto equitativo da riqueza, no comercio xusto, nunha democracia real ...

"Pobreza 0,0" analiza dende un punto de vista humorístico as relacións internacionais, a hipocresía do capitalismo, as novas máis actuais ... E tamén dunha maneira moi interactiva, pois o público participa moi activamente do espectáculo.

DINAMOteatro ten percorrido un longo camiño de estreita colaboración con diferentes organizacións non gubernamentais de axuda ó desenvolvemento: Solidaridad Internacional Galicia, Entreculturas, CGONGDS, EAPN-Galicia ...