martes, 28 de febrero de 2017

DINAMO organizou un Obradoiro de Cociña de Entroido en Rianxo

A equipa profesional de DINAMO levou a cabo un Obradoiro de Cociña Entroideira en Rianxo para cativas e cativos.

Na carpa de actividades as nenas e nenos elaboraron riquísimas orellas e filloas para elas e eles e tamén para as súas nais e país.

As actividades de cociña supoñen una magnífica oportunidade didáctica para que as pequenas e pequenos aprendan as habilidades básicas dentro da cociña, ademáis de traballar dende una perspectiva transversal de xénero, eliminando estereotipos e condutas sexistas.




DINAMO organizou a Festa Infantil de Entroido de A Rúa

O pasado sábado 25 de febrero, a equipa de DINAMO levou a cabo un festa infantil de Entroido para as cativas e cativos da Rúa.

Na festa evidentemente  houbo desfile de disfraces dinamizado polas monitoras/es, igual que os bailes e coreografías, xogos entroideiros, obradoiros de maquillaxe e globoflexia e una manchea de actividades.


lunes, 27 de febrero de 2017

DINAMO organizou a Festa de Entroido do IES Cacheiras (Teo)

O pasado venres a equipa de DINAMO organizou a Festa de Entroido do IES de Cacheiras, dinamizando a festa con DJ, e cun speaker-animador.

Cunha gran selección de temas actuáis e con moita enerxía as mozas e mozos desfrutaron dunha magnífica festa de disfraces. A parte central foi o desfile que foi dinamizado polas dúas monitoras/es.


DINAMO organizou a Festa de Entroido do Colexio Landro

A equipa de DINAMO organizou una Festa de Entroido para as máis cativas/os do Colexio Landro de Viveiro con bailes, coreografías, xogos, obradoiros de maqullaxe e globoflexia... Tamén organizaron o desfile de disfraces de todas as nenas e nenos.



sábado, 25 de febrero de 2017

Zancudos e malabaristas de DINAMO animaron o Pasarúas Entroideiro de Pontedeume

A equipa artística de DINAMO encabezou o Pasarúas de Entroido das e dos escolares de Pontedeume, que percorreu as principais rúas da vila eumesa.

Dous zancudos e un paiaso-malabarista formaron unha divertida comitiva que pasou por todos os centros educativos de concello dinamizando a maña dun venres moi entroideiro.

En DINAMO contamos con zanqueiras/os, malabaristas, pallasas/os... e todo tipo de figuras lúdicas para calquera evento ou celebración.


lunes, 20 de febrero de 2017

DINAMO comezou a impartir os Obradoiros da OMIC da Coruña nos centros educativos da cidade

Dende o 20 de febreiro a equipa profesional leva a cabo os Obradoiros de Consumo da Oficina Municipal de Informació ás Consumidoras/es (OMIC) do Concello da Coruña, nos centros educativos da cidade.

O programa de obradoiros desenvolvese co obxectivo de formar nas e nos escolares un espíritu crítico ante o consumo, as súas actitudes, pautas e patróns de consumo...

Dende agora e ata xuño un total de 125 obradoiros se levarán a cabo en centros de ensino de toda a cidade.

Este é un dos diferentes programas educativos que dende DINAMO levamos en diferentes áreas e concellos. Se queres recibir máis información podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com


domingo, 19 de febrero de 2017

DINAMO organizou unha Festa de Entroido na ANPA Bidueiro (Santa Cruz, Oleiros)

En DINAMO comezamos ben cedo o Entroido e o pasado sábado 18 de Febreiro organizamos una gran Festa Infantil de Entroido no CEIP Isidro Parga Pondal, da man da ANPA Bidueiro.

Xogos, bailes, coreografías, maquillaxe, globoflexia... foron algunhas das actividades nas que participaron unha gran cantidade de nenas e nenos.

Ademáis foi unha festa temática pois dende a ANPA quixeron facela ambientada na película Trolls, polo que as nosas monitoras/es foron caracterizados convintemente e as actividades tiveron ese fío conductor.

Esta festa é a primeira de moitas que imos realizar neste Entroido festeiro do 2017.

viernes, 17 de febrero de 2017

DINAMO leva a cabo os Obradoiros de Máscaras de Entroido nas Bibliotecas de Oleiros

Dende a vindeira semana e durante toda a tempada de Entroido a equipa de DINAMO levará a cabo un programa de obradoiros de máscaras de Entroido en todas as bibliotecas do Concello de Oleiros.

Neste obradoiro as nenas e nenos farán as súas creacións sobre o lenzo en branco que serán as máscaras. Tamén aproveitaremos para dar a colecer as figuras e máscaras de Entroido máis coñecidas en Galicia: cigarróns, peliqueiros, pantallas...