martes, 16 de agosto de 2011

DINAMO organizou unha xornada de Xogos Populares en Ourol


O pasado domingo 14 de agosto as veciñas e veciños de Ourol e as e os visitantes participaron nunha xornada de Xogos Populares e Tradicionais organizada pola equipa profesional de DINAMO.

Enmarcados nas festas patronais do pobo, os xogos populares amenizaron a tarde das máis cativas/os e a das e dos maiores.

Nunha primeira parte da tarde as monitoras guiaron diferentes xogos repartidos por estacións, como por exemplo os seguintes: rá, ferraduras, clavar a punta, levar o aro, pescar botellas, zancos, …

E a continuación levaronse a cabo xogos grupais comos: carreiras de aros, carreiras de sacos, sogatira, lanzamento de alpaca …

En definitiva catro horas nas que as e os participantes lembraron ou descubriron que para xogar e divertirse non fan falla grandes elementos tecnolóxicos.


lunes, 8 de agosto de 2011

DINAMO organizou un Obradoiro de Barro para as cativas/os en Alfaroleiros


O pasado sábado 6 de agosto decenas de cativas e cativos (e tamén maiores) participaron nun obradoiro de modelado de barro que foi dinamizado pola equipa profesional de DINAMO. Este obradoiro enmarcouse no encontro–feira de artesáns da olería “Alfaroleiros” que ven celebrándose dende hai 17 anos na localidade oleirense de Santa Cruz.

Dentro do amplo programa de actos e actividades as e os organizadores non se esqueceron de deixar un espazo para a creatividade das máis pequenas e pequenos. Ademais desta maneira achéganse a un oficio que ten moita raigame en Galicia e que se transmite de xeración en xeración. Quizais unha das picariñas/os que participaron no obradoiro sexa unha alfareira/o no futuro. Ogallá. 


viernes, 5 de agosto de 2011

DINAMO organiza unha Xeira de Turismo Activo

No día de hoxe, 5 de agosto, unhas 30 mozas e mozos, de 14 a 30 anos, participan nunha xornada de turismo activo na Ría do Barqueiro, actividade organizada polo Centro de Información Xuvenil da Coruña e xestionada e coordinada pola equipa profesional de DINAMO.

En primeiro lugar realizarán un roteiro en kayak pola ría do Barqueiro, logo desfrutarán doutras actividades naúticas de lecer  como o ski-bus. E para rematar a xornada participarán nunha visita interpretativa ó Cabo Ortegal e outros puntos de interese cercanos.

Esta actividade forma parte do programa Móvete do Concello da Coruña que fomenta que mozas e mozos disfruten dun turismo alternativo, saudable e enriquecedor.


martes, 2 de agosto de 2011

Planeta Natura, un novo campamento de DINAMO

Dende hoxe, 2 de Agosto ata o día 13 deste mesmo mes a equipa educativa de DINAMO desenvolverá no Albergue Xuvenil de Gandarío un novo campamento de integración.

A actividade denomínase Planeta Natura pois este campamento terá como fío conductor o respecto e o coidado do medio ambiente da natureza. Quere dicir isto que moitas das actividades terán un carácter ambiental. As e os participantes descubrirán un incomparable marco natural como é o Albergue de Gandarío e a súa contorna: praias, espazos naturais, recursos patrimoniais … Pero todo cunha metodoloxía lúdica, participativa e divertida.

Ademais este é un novo campamento de integración, de integración real, pois das 30 mozas e mozos de 12 a 14 anos, 10 teñen algún tipo de discapacidade. Desta maneira as e os participantes descubren que as persoas somos diferentes pero temos dereito á igualdade de oportunidades. As experiencias precedentes dinnos que a convivencia é moi positiva e sobre todo moi didáctica.

Por último queremos comentar que Planeta Natura forma parte da Campaña de Verán da Xunta de Galicia.

Para máis información podedes chamar ó 647.488.688 ou escribir un correo electrónico a dinamo@dinamoxestion.com.


lunes, 1 de agosto de 2011

Todas as datas de DINAMOteatro para o mes de Agosto

O mes de Agosto ven cheiño de actuacións para a compañía DINAMOteatro que percorrerá boa parte da xeografía galega cos seus diferentes espectáculos.
Ademáis das producións propias tamén se poderan ver os Contacontos de Caxoto e os Monólogos de Pedro Brandariz. En fin unha manchea de posibilidades para desfrutar do teatro.
Aquí tedes todas as datas de Agosto.
Venres 5, 23:00. “Profundizando na Galicia Profunda” de Pedro Brandariz. Café Charango. Salceda de Caselas.
Venres 19, 23:00. “Familia? non grazas” de Pedro Brandariz. Concello de Cea.
Martes 23, 18:00. “Contos e outras andrómenas” de Pedro Brandariz. Pontecaldelas
Martes 23, 20:30. “Contos vellos, novos finais” de Caxoto Contacontos. Maside.
Martes 30, 12:00. “A Familia do Pindirico” de DINAMOteatro. A Pobra do Caramiñal.
Martes 30, 20:00. “A Familia do Pindirico” de DINAMOteatro. Bueu
Para máis información podedes chamar ó 647.488.688 ou ben escribir un correo electrónico a dinamo@dinamoxestion.com