martes, 29 de abril de 2014

DINAMO presenta a súa Proposta de Actividades para as Letras Galegas 2014

Como todos os anos, por estas datas a equipa educativa de DINAMO presenta a Proposta de Actividades para as Letras Galegas, 

Trátase dunha serie de propostas educativas, lúdicas e escénicas que teñen como obxectivo potenciar o uso do galego, fomentar a animación á lectura e dar a coñecer a figura homenaxeada neste ano, Xosé María Díaz Castro. 

En moitos concellos, centros educativos, asociacións e outros colectivos celebran arredor da data do 17 de Maio diversas actividades para potenciar a lingua galega e a súa literatura. 

Dende DINAMO ofrecemos actividades moi variadas para celebrar o 17 de Maio, dende xogos, xincanas e obradoiros temáticos, ata contacontos, monólogos, espectáculos, concertos, charlas... todo co obxectivo de facilitar a planificación deste tipo de actividades ás entidades organizadoras.

A "proposta estrela" deste ano é o espectáculo "Díaz Castro, o tradutor" un monólogo cómico a partir dos poemas de Nimbos, de Xosé María Díaz Castro.

Se queres recibir a nosa proposta de actividades ou máis información sobre os nosos servizos tan só tes que chamar ó 647.488.688 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com




lunes, 28 de abril de 2014

Xira de Radio Torreiro, de DINAMOteatro

O espectáculo Radio Torreiro, creado pola compañía DINAMOteatro presenta xira nesta primavera de 2014.

Trátase dun espectáculo cómico, protagonizado por Felipe Díaz "Caxoto" e Pedro Brandariz. Un espectáculo sobre as festas, celebracións populares, e outros eventos que marcan a cultura e a forma de ser das galegas e galegos.

As vindeiras datas de representación serán:

Sábado 3 de Maio. 22:00. En La Tuerka 27. A Coruña

Sábado 24 de Maio. Teatro da Beneficencia. Ortigueira.

Venres 22 de Agosto. Miño.

O Espectáculo

“Radio Torreiro” é unha emisora radiofónica, e en cada función teatral faise unha emisión en directo co público como protagonista, e único receptor.

Esta emisora tan particular é temática: encárgase de recoller toda a información vencellada coas festas, verbenas, romarías e demáis celebracións populares que poboan Galicia durante todo o ano.

Os actores irán debullando os diferentes programas da grella onde se irán recollendo as escenas máis cómicas das festas: os bailes da sesión vermouth, as encherolas das festas, as repichocas das verbenas, as incómodas situacións á hora de pedir para a festa… Todo dende un punto de vista humorístico e mordaz que provocará as gargalladas do público.

A compañía

Felipe Díaz “Caxoto” e Pedro Brandariz conforman a compañía escénica DINAMOteatro, dende o ano 2006. Especializados en espectáculos cómicos DINAMOteatro utiliza un humor baseado nas técnicas do clown, da narración oral e sobre todo na improvisación e interacción co público.

Cos seus espectáculos teñen percorrido boa parte da xeografía galega levando as gargalladas alí onde chegan.


domingo, 27 de abril de 2014

CampaPicasso, outra das actividades do Programa de Actividades das Casas Museo da Coruña xestionado por DINAMO

Na pasada Semana Santa a equipa profesional de DINAMO levou a cabo na Casa Picasso da Coruña un pequeno campamento para achegar ás nenas e nenos a figura de Picasso. 


Trátase de actividades lúdicas e de creación artística para nenas e nenos de 4 a 10 anos.

Todas as actividades son gratuitas e realizanse en horario de 11:00 a 13:30.


Esta é unha das actividades dentro do Programa de Visitas e Actividades ás Casas Museo da Coruña, da que resultou concesionaria a empresa DINAMO.





jueves, 24 de abril de 2014

DINAMO imparte un novo Curso de Lingua de Signos en Culleredo

A equipa educativa de DINAMO esta a impartir durante estas dúas últimas semanas de abril un novo Curso de Iniciación á Lingua de Signos Española en Villamelania, instalacións do Concello de Culleredo.

Este tipo de formación é cada vez máis demandada pola sociedade co obxectivo de establecer mellores canles de comunicación con todas as persoas, en concreto as persoas xordas. 

No cursiño de 20 horas adquírense as capacidades básicas para manter unha conversa con persoas xordas, o vocabulario máis importante, as reglas de comunicación primordiais...

Este curso xa é o segundo que se leva a cabo pois na primeira edición quedou moita xente en lista de agarda. A idea do concello é nas vindeiras datas ofrecer un novo curso, desta volta xa de especialización.

Dende DINAMO contamos con persoas cunha formación técnica especializada para impartir este tipo de formación. Se estades interesadas/os en organizar un curso destas características non dubides en chamar ó 647.488.688 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com




miércoles, 23 de abril de 2014

DINAMO desenvolveu un Programa de Educación Vial en Vilarmaior

Durante os pasados meses de febreiro a abril a equipa de DINAMO desenvolveu un Programa de Educación Vial para nenas e nenos de Educación Primaria. 

Cada semana durante dúas horas as cativas e cativos familiarizáronse coas normas de circulación como peóns, as sinais de tráfico, as medidas de precaución. Todo isto cando van andando, en bicicleta, e tamén nos coches como pasaxeiras/os. 

Estes contidos trabállanse dunha maneira moi lúdica e visual, para que supoña unha experiencia divertida e educativa para as nenas e nenos.

Un dos grandes obxectivos é formar cidadáns máis respectuosos coas normas de circulación, pero sobre todo ten unha intención directa e moi actual, protexer a vulnerabilidade das nenas e nenos, que sexan conscientes dos perigos existentes e que adquiran actitudes de prevención dende as idades máis temperás.


viernes, 18 de abril de 2014

DINAMO realizou dous Lip Dub no IES A Pobra do Caramiñal.

A equipa de DINAMO realizou dous lip dub co alumnado do IES A Pobra do Caramiñal dentro do proxecto "21 días co galego" do centro e como parte da iniciativa do Concello da Pobra de Caramiñal de ofrecer actividades de alfabetización tecnolóxica ás mozas e mozos do concello.

Este proxecto terá continuidade coa grabación de curtas por parte do alumnado.

A grabación de curtas, lip dubs e outros proxectos audiovisuais é unha actividade moi exitosa entre a mocidade, por iso dende DINAMO ofrecemos todo tipo de actividades vencelladas co eido audiovisual.








domingo, 6 de abril de 2014

Teatro e Contos pola Igualdade en Abegondo da man de DINAMO

O Concello de Abegondo organiza ao longo de todo o ano multitude de actividades en torno á igualdade de xénero. Moitas delas, como os obradoiros de sensibilización en colexios e institutos son levadas a cabo pola equipa educativa de DINAMO.

Pero no ánimo de innovar e ofrecer ás veciñas/os novas actividades para fomentar a igualdade de xénero, o departamento de Servizos Sociais organizou sesións de contacontos igualitarios para as máis cativas e cativos e a Xornada entre Mulleres para  poboación adulta.

Os contacontos no CEIP San Marcos foron dinamizados pola compañía DINAMOteatro, de igual maneira que a representación do espectáculo "A Familia do Pindirico" na Xornada Entre Mulleres do pasado 3 de Abril.

DINAMOteatro está especializado en espectáculos de carácter educativo, que traballen contidos como a igualdade de xénero e outros valores.