domingo, 6 de abril de 2014

Teatro e Contos pola Igualdade en Abegondo da man de DINAMO

O Concello de Abegondo organiza ao longo de todo o ano multitude de actividades en torno á igualdade de xénero. Moitas delas, como os obradoiros de sensibilización en colexios e institutos son levadas a cabo pola equipa educativa de DINAMO.

Pero no ánimo de innovar e ofrecer ás veciñas/os novas actividades para fomentar a igualdade de xénero, o departamento de Servizos Sociais organizou sesións de contacontos igualitarios para as máis cativas e cativos e a Xornada entre Mulleres para  poboación adulta.

Os contacontos no CEIP San Marcos foron dinamizados pola compañía DINAMOteatro, de igual maneira que a representación do espectáculo "A Familia do Pindirico" na Xornada Entre Mulleres do pasado 3 de Abril.

DINAMOteatro está especializado en espectáculos de carácter educativo, que traballen contidos como a igualdade de xénero e outros valores.



No hay comentarios:

Publicar un comentario