Mostrando entradas con la etiqueta primaria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta primaria. Mostrar todas las entradas

viernes, 25 de noviembre de 2011

DINAMO organizou unha Xincana pola Igualdade en Moeche

Este xoves, 24 de Novembro, a equipa educativa de DINAMO levou a cabo unha “xincana pola igualdade de xénero” no CEIP San Ramón de Moeche, por iniciativa do propio concello.
As alumnas e alumnos tiveron unha mañá atípica, pero por unha boa causa, para amosar a súa repulsa a calquera tipo de violencia e discrimación contra as mulleres.
A xincana contiña unha gran cantidade de probas, dinámicas, xogos, preguntas … todas vencelladas co eido da corresponsabilidade no fogar, coa eliminación de estereotipos e roles sexistas, e sobre todo coa detección e prevención da violencia de xénero.
As “xincanas pola igualdade” é unha actividade que DINAMO realiza en moitos centros educativos ó longo de todo o ano, pois permite concienciar e sensibilizar ás cativas e cativos dunha maneira lúdica e sobre todo didáctica.

lunes, 26 de septiembre de 2011

DINAMO presenta a súa nova Proposta de Actividades de Igualdade


Todos os anos por estas datas a equipa de DINAMO saca á luz a súa nova proposta de Actividades de Igualdade, sobre todo en relación coa celebración do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Son propostas concretas para realizar en concellos, centros educativos, entidades sociais … Todas elas coa pretensión de sensibilizar á poboación na igualdade efectiva entre homes e mulleres: igualdade de oportunidades, igualdade de trato … E particularmente, vencellado coa celebración do 25 de Novembro, o obxectivo de acadar a eliminación de calquera mostra de violencia contra as mulleres.

A proposta recolle actividades para todas as idades, dende actividades para as máis cativas e cativos ata accións para a poboación adulta ou a terceira idade, pasando por programas para a mocidade. O carácter das actividades tamén é moi variado: campañas de sensibilización, accións educativas, obradoiros, xogos, propostas lúdicas, actuacións teatrais e musicais, …

Este tipo de propostas preséntanse con bastante tempo de antelación para que as e os responsables de entidades municipais, centros escolares, asociacións e outras entidades poidan planificar as súas actividades e programas con tempo suficiente.

Se queredes recibir a proposta completa podedes solicitala no correo electrónico dinamo@dinamoxestion.com ou chamando ó 647.488.688