miércoles, 2 de noviembre de 2011

DINAMO animou o Magosto da ANPA Andares do CRA de Ponteceso


O pasado domingo 30 de outubro a equipa de DINAMO organizou varias actividades lúdicas no Magosto da ANPA Andares do CRA de Ponteceso, na propia vila.

Dende as cinco da tarde as cativas e cativos, as nais e país, e as mestras e mestres participaron nunha sesión de "xogos magosteiros” onde as castañas foron as auténticas protagonistas.

A continuación pequenas/os e maiores pasaron un bó anaco descubrindo e lembrando xogos tradicionais como a rá, os sacos, os aros, a sogatira ...

E para rematar a festa animación musical e globlofexia.

Ademáis todas as e os participantes poideron merendar na propia carpa habilitada para a actividade. Unha merenda ofrecida pola propia Asociación de Nais e Pais.

DINAMO organiza unha manchea de actividades no tempo dos magostos e do Samaín, algunha das cales iredes coñecendo neste blogue.


No hay comentarios:

Publicar un comentario